O desenvolvemento industrial en España no século XIX: causas, rexións e ferrocarril
O desenvolvemento económico en España no século XIX
A seguinte composición ten como tema central un aspecto clave na historia do século XIX: o desenvolvemento económico. O proceso de industrialización española caracterizouse por unha serie de trazos que dificultaron o seu avance.
Principais obstáculos á industrialización
En primeiro lugar, destaca o acentuado proteccionismo, xa que a industria española non contou con abundantes materias primas nin fontes de enerxía. Debido á escaseza do algodón levaronse a cabo as importacións, proceso que se repetiu co carbón.
Tamén cómpre destacar a escaseza de capitais e a falta de espírito empresarial. Deste xeito, prestouse pouca atención á educación e á investigación.
Por último, outro dos motivos do caso español foi a reducida dimensión do mercado interior. Esta circunstancia estivo agravada pola insatisfactoria situación das vías de comunicación e dos medios de transporte, que dificultaban as transaccións comerciais entre as distintas rexións.
A escasa integración do mercado interior contribúe a explicar as grandes desequilibrios económicos. En xeral, podemos diferenciar unha periferia máis desenvolvida e un interior máis deprimido e atrasado.
Desequilibrio rexional
O proceso de industrialización caracterizouse tamén por un gran desequilibrio rexional. Mentres rexións como Cataluña e o País Vasco acadaron un desenvolvemento notable, Andalucía e Galicia quedaron atrasadas.
Cataluña
Cataluña era unha rexión que contaba cunha longa tradición manufactureira e artesanal no ámbito téxtil. A finais do século XVIII prodúcese unha primeira modernización do sector, consistente nunha certa mecanización e na substitución da lá polo algodón.
Referíndose ao documento 1, que mediante unha gráfica representa o número de máquinas en activo na industria do algodón catalán entre 1835 e 1861, obsérvase que os fusos manuais van baixando notoriamente. Logo, os fusos mecánicos, ao contrario, aumentaron, e por último os fusos foráns teñen un aumento pero pouco destacable, xa que aumentaron menos.
A maioría do sector téxtil tamén destaca a industria química e a industria metalúrxica de transformación.
País Vasco e Madrid
O País Vasco foi outra das zonas onde o desenvolvemento industrial foi maior e cómpre destacar. Posteriormente, Madrid tamén participou no proceso de expansión industrial, xa que é a capital de España e iso facía que tivese un gran papel. Non obstante, o seu obxectivo de converterse nun gran centro industrial fracasou, polo que non acadou tanto desenvolvemento como Cataluña e o País Vasco.
Galicia
Galicia destacou polo sector téxtil e polo sector conserveiro. O primeiro foi desprazado pola produción algodoeira inglesa e logo pola catalá. O segundo tivo unha gran importancia, posto que tiña un grande efecto multiplicador.
O ferrocarril
Ademais destes sectores, outro dos máis importantes no proceso de modernización foi o ferrocarril. Na construción deste, España presentou un gran atraso. O primeiro paso para a súa aprobación foi a Lei Xeral de Ferrocarrís, que propón denominados artigos, tal e como indica o terceiro documento.