Ramón Cabanillas e Antonio Noriega Varela: poesía narrativa e lirismo na literatura galega moderna

Otras lenguas extranjerasActualizado el 4,07 KB

Resumen

O texto analiza dous autores da poesía galega moderna. Estuda "Na noite estrelecida" (1926) de Ramón Cabanillas, poema narrativo de temática artúrica reelaborada con sentido galeguista e cristián, e presenta a figura e a obra de Antonio Noriega Varela, autor do libro "Do ermo" (1920) e representante do costumismo e do franciscanismo.

Puntos clave

  • Ramón Cabanillas segue a liña de Eduardo Pondal e inscríbese no modernismo.
  • "Na noite estrelecida" (1926) está dividida en tres partes e narra aspectos da Materia de Bretaña.
  • Cabanillas cristianiza e galeguiza os relatos artúricos: o Grial aparece no Cebreiro e Artur dorme nunha barca na ría de Arousa.
  • Antonio Noriega Varela foi mestre e publicou un único libro de poemas, "Do ermo" (1920), antes titulado "Montañesas".
  • A primeira etapa de Noriega é costumista e ruralista; a segunda, máis culta e refinada, con sonetos e influencia de Rubén Darío.
  • O franciscanismo de Noriega une o amor pola natureza coa relixiosidade cristiá de humildade e pobreza.

Ponte a prueba

Ramón Cabanillas: Poesía Narrativa e Influencia Modernista

Seguindo a liña de Eduardo Pondal e no marco do modernismo, destaca a poesía narrativa de Ramón Cabanillas.

Na noite estrelecida (1926)

O seu contido está na liña das posturas estéticas e ideolóxicas das Irmandades da Fala (tradición artúrica, atlantismo, pasado mítico), mesturadas coas conviccións cristiás do propio Cabanillas. Está dividida en tres partes e nelas narra en verso aspectos inspirados na Materia de Bretaña:

  • Merlín
  • A espada Escalibor
  • O rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda
  • O Santo Grial

Na súa versión, Cabanillas cristianiza máis os relatos artúricos (aparición do Espírito Santo, milagre no Cebreiro) e tamén os galeguiza: o cabaleiro Galahaz acabará atopando o Grial no Cebreiro (lugar mítico, fronteira por onde entra o Camiño de Santiago en Galicia), e o rei Artur acaba por sumirse nun profundo sono a bordo dunha barca que navega por un mar que é a ría de Arousa. Despertará deste sono un día futuro no que Galicia coñecerá tempos mellores. O poema remata así cunha chamada de esperanza.

Esta mestura de tradición atlántica, galeguismo e cristianismo percorre toda a obra. Reelabora o mito para que funcione como símbolo dun pasado glorioso dos galegos que eleve a nosa autoestima.

Características Métricas e Estilísticas

  • Métrica: Abondan os romances (8 sílabas asonantes nos pares) e as longas series de pareados alexandrinos (14 sílabas).
  • Estilo: O texto está cargado de forte simbolismo, ton épico, escapismo, a presenza do marabilloso e a profusión de adxectivos relacionados co sensorial.

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela estudou no seminario de Lugo, na súa vila natal, aínda que máis tarde abandonaría a carreira eclesiástica para facerse mestre. Exercendo esta profesión, viviu en distintos lugares de Galicia: Foz, Trasalba. Nestes lugares foi entrando en contacto con figuras políticas e literarias do galeguismo como Antón Villar Ponte ou Otero Pedrayo. Noriega xubilouse e pasou a súa vellez en Viveiro, onde morreu aos case 80 anos de idade.

Do ermo (1920)

Noriega é autor dun único libro de poemas que sufriu sucesivas reelaboracións. O título inicial foi Montañesas, pero finalmente titulouse Do ermo (1920).

Liñas Poéticas

Na poesía de Noriega poden distinguirse dúas liñas superpostas que van evolucionando ao longo da súa vida:

  • Poesía costumista e ruralista: Característica da súa primeira etapa, moi influída por poetas de fins do século XIX, en especial o tamén mindoniense Leiras Pulpeiro. Son poemas de lingua e métrica popular, con versos de gran musicalidade. Na temática predomina a paisaxe de montaña e a descrición de costumes e tradicións dos "brañegos", os habitantes das montañas de arredor de Mondoñedo.
  • Poesía máis culta e refinada: Correspondente á súa segunda época, revela o coñecemento dos poetas clásicos latinos, dos saudosistas portugueses contemporáneos (Teixeira de Pascoaes) e do modernista Rubén Darío. Nesta etapa, Noriega abandona o costumismo de corte ruralista e elabora unha poesía moito máis coidada na linguaxe e vertida en metros cultos como o soneto.

O Franciscanismo

Nesta época é cando aparece como tema recorrente nos seus poemas o chamado franciscanismo, unha actitude de amor pola natureza e polas cousas sinxelas da vida: o campo, a chuvia, as flores do toxo, etc. Este franciscanismo é a manifestación literaria de dúas devocións de Noriega: o seu amor pola natureza e a súa relixiosidade, que lle fai ver esa natureza que tanto estima como unha creación de Deus, de acordo coas virtudes cristiás de humildade e de pobreza.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é "Na noite estrelecida" de Ramón Cabanillas?

É un poema narrativo de 1926 dividido en tres partes, inspirado na Materia de Bretaña e reelaborado con sentido galeguista e cristián. Narra temas como Merlín, a espada Escalibor, o rei Artur e o Santo Grial.

Que libro publicou Antonio Noriega Varela?

Publicou un único libro de poemas, "Do ermo" (1920), que antes se titulaba "Montañesas" e sufriu sucesivas reelaboracións.

Que é o franciscanismo na poesía de Noriega?

É unha actitude de amor pola natureza e polas cousas sinxelas da vida, que se combina cunha relixiosidade que ve a natureza como creación de Deus, de acordo coas virtudes de humildade e pobreza.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que poeta segue Ramón Cabanillas na liña da poesía narrativa?
2. En que ano se publicou "Na noite estrelecida"?
3. Onde aparece o Santo Grial no poema de Cabanillas?
4. Que mar representa a ría de Arousa no poema?
5. Como se titulaba inicialmente o libro de Antonio Noriega?
6. Que poeta modernista influíu na segunda etapa de Noriega?
7. Que métrica característica usa Noriega na segunda etapa?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.