O Despegue Industrial de Francia e Alemaña no Século XIX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,66 KB

Francia

Factores de Retraso na Industrialización

  • Retraso na incorporación á Revolución Industrial polas vagas revolucionarias de 1789, 1820 e 1830, a pesar do despunte de determinadas industrias no século XVIII.
  • A autarquía na época napoleónica impediu a incorporación de innovacións técnicas á industria.
  • Exemplo: de feito, somente existían en 1830 uns 5.000 teares mecánicos fronte aos 100.000 ingleses.

Pulo e Desenvolvemento Industrial

Sector Téxtil

  • A primeira fábrica téxtil foi de algodón en 1765.
  • Kay (inventor da lanzadeira volante) foi nomeado supervisor das manufacturas reais en 1749 despois de instalar o seu procedemento de fabricación en Normandía. En 1846 Francia xa contaba con 31.000 teares mecánicos.

Sector Siderúrxico

  • As guerras napoleónicas estimulan a produción de ferro.
  • Un factor importante é a abundancia de bosques, esencial para o carbón vexetal, abundancia que fai menos apremiante a súa substitución por carbón mineral.
  • Instalación dunha forxa en Nantes en 1778 da man do industrial inglés Wilkinson. De Wendel asóciase con Wilkinson e crean os primeiros altos fornos de coque.
  • Os sistemas de pudelaxe somente se introducen con posterioridade a 1830. Francia sitúase á cabeza no sector siderúrxico ao incorporar o convertedor Bessemer a mediados do século XIX, unido á explotación mineira do ferro lorenés e o procedemento Thomas ao ferro fosforoso, os fornos Martin-Siemens e o procedemento para a obtención de ferros especiais.
  • Francia pasa de 200.000 toneladas de ferro en 1830 a 1.500.000 en 1875 a pesar de perder a Alsacia e a Lorena na guerra franco-prusiana.

Industria Química

  • Posición avanzada polo descubrimento de ácidos, colorantes e sosas.
  • Creación en Rouen da primeira fábrica de ácido sulfúrico en 1776, incorporando a melloría da Follie ao procedemento inglés.
  • Tintes: avances de Macquer e Berthollet.
  • Produción de sosa co invento de Leblanc, que impulsou a produción industrial deixando os sistemas artesanais.

Transportes

  • Proxección da rede ferroviaria, centralizados e controlados polo Estado aínda que explotados en concesión por compañías privadas.
  • 1830: primeiro traxecto París-Saint-Germain.
  • 1842: primeiro plan nacional coa construción de 9 liñas que unen o sur coa costa atlántica francesa e co Rhin e as cidades periféricas e fronteirizas con París.

Problemas e Impulso Financeiro

  • Escaso desenvolvemento industrial polo pouco desenvolvemento da banca e do crédito. O pulo neste aspecto virá coa modernización do Banco de Francia e a creación dun Banco de Depósitos e un Banco de Negocios coma o Crédit Mobilier.

Período 1850-1870: Obras Públicas e Ferrocarrís

  • De 1850 a 1870 temos gran importancia ás obras públicas e os ferrocarrís (FF.CC.). Isto porá en marcha a industria, pasando de 5.332 máquinas de vapor en 1850 a 28.000 en 1865.
  • A firma dun convenio especial entre Francia e Inglaterra favorece o proceso.

A economía medra a un ritmo lento pero o sector industrial progresa máis deprisa.

A diferenza coa industria inglesa é que a francesa ten o seu máximo piar na pequena empresa, de tipo familiar, e que o sector agrícola ten un peso importante no produto nacional.

Alemaña

A multiplicidade política de Alemaña, dividida en estados independentes, limita o proceso de industrialización.

Limitacións ao Proceso de Industrialización

  • Moitas trabas aduaneiras: moitas moedas, linguas, aranceis...
  • A principios do século XIX: as estruturas sociais, políticas e económicas estaban pouco evolucionadas, baseada na produción agraria.
  • Na industria téxtil: debe importar tres cuartas partes do que consume (produción insuficiente).
  • Na siderurxia: é moi dependente na produción de ferro.

Factores que Propician a Industrialización

  • Organización da Unión Aduaneira en 1828 (Zollverein).

Entradas relacionadas: