Dorsais oceánicas y fosas oceánicas: relieves del fondo marino y la expansión del océano
Principais relevos do fondo mariño: bordo continental, fosa e dorsais oceánicas
Dorsais oceánicas
As dorsais oceánicas son cordilleiras submariñas que percorren de forma continua os fondos oceánicos. Teñen unha altura media de ata 3000 m sobre o fondo oceánico, unha anchura que pode acadar os 2000 m e unha lonxitude de máis de 60000 km.
Diferéncianse das cordilleiras continentais en que están formadas por material volcánico e presentan unha profunda depresión central, chamada rift ou eixo da dorsal, por onde sae o magma.
As dorsais están atravesadas, de trecho en trecho, por fracturas ou fallas transversais respecto ao eixo da dorsal, denominadas fallas transformantes, cuxo movemento desprazа o rift a un e outro lado da falla. Deste xeito, o eixo da dorsal non é continuo, senón que presenta un aspecto de zig-zag.
Nalgúns puntos, as dorsais emerxen das augas e orixinan illas como as Azores, Cabo Verde ou Islandia.
Fosas oceánicas
As fosas oceánicas son rexións deprimidas e alongadas do fondo submariño onde aumenta a profundidade do océano. É unha forma do relevo oceánico que pode ter ata 11 km de profundidade (fosa das Marianas).
Localízanse próximas a algúns arquipélagos ou xunto aos bordos de algúns continentes.
A teoría da expansión do fondo oceánico
No ano 1962, o xeólogo Harry Hess propuxo unha hipótese segundo a cal os fondos dos océanos se expanden continuamente a partir das dorsais oceánicas. Segundo Hess, a través estende a ambos lados da dorsal, formando novo solo oceánico, por un mecanismo similar ao dunha cinta transportadora. O solo oceánico máis antigo retorna ao manto ao sumerxirse baixo a litosfera nas fosas oceánicas.
Probas da expansión do fondo oceánico: o palomagnetismo
As medicións magnéticas da litosfera oceánica poñen de manifesto unha distribución en bandas de anomalías magnéticas positivas e negativas. A explicación desta distribución do bandeado magnético atribuírona Vine e Matthews en 1963 á expansión do fondo oceánico, xunto coa inversión do campo magnético terrestre.
O resultado é que as bandas magnéticas se distribúen de forma simétrica a ambos lados do eixo da dorsal, o que confirma dita expansión.
A idade dos fondos mariños proba a teoría da expansión do fondo oceánico
As rochas dos fondos oceánicos son tanto máis antigas canto máis lonxe se atopan da dorsal.