Eduardo Pondal: O poeta galego moderno

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 1,83 KB

Eduardo Pondal é considerado o primeiro poeta galego moderno, e sen dúbida é o máis orixinal dos escritores do século XIX. Como outros protagonistas do Rexurdimento, participa das mesmas actividades ca estes, por exemplo no Liceo de La Juventud, xunto a autores como Rosalía de Castro e Manuel Murguía.

Obra de Pondal

Coa súa obra pretende deixar atrás o costumismo e o ruralismo que se manifestaba na literatura galega ata ese momento, facendo que na súa poesía apareza o pasado histórico de Galicia, elaborando um mundo poético onde os personaxes terán unha gran carga simbólica, e habitarán unha terra onde os elementos da paisaxe adquiren valores que van máis alá de mostrar a simple natureza, pois están pensados para realzar as calidades humanas.

Etapa na obra de Pondal

Na obra pondaliana podemos distinguir dúas etapas claramente diferenciadas:

  • Primeira etapa: Tendencia romántica, con obras como Os Eoas.
  • Segunda etapa: Ideoloxía rexionalista, destacando Queixumes dos pinos.
Estilo e fontes literarias

Do estilo de Pondal podemos destacar algunhas características, como a interpretación simbólica da paisaxe galega, presentándoa como heroica e humanizada, e a intención de que a obra teña un obxectivo cívico. As fontes literarias da obra de Pondal son diversas, destacando a literatura clásica greco-latina, o Renacemento e o Romanticismo.

Lingua literaria de Pondal

O galego que emprega Pondal nas súas obras débese a un continuo esforzo por crear unha lingua literaria adecuada para a poesía culta que el escribiu. Baséase no galego falado na zona de Bergantiños, de onde el é, e enriquéceo con cultismos gregos e latinos, ao tempo que procura depurar a súa lingua de castelanismos e vulgarismos.

Entradas relacionadas: