A Ética de Aristóteles: Virtude, Felicidade e o Ben Común na Polis
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
español con un tamaño de 2,81 KB
Teoría moral de Aristóteles
Teoría moral: A virtude é unha disposición voluntaria adquirida que consiste nun termo medio en relación con nós mesmos, definida pola razón. Ocupa o termo medio entre dous (2) extremos malos, un por exceso e outro por defecto. Na relación co ben e a perfección, áchase a virtude no punto máis alto.
A natureza humana e a felicidade
Aristóteles (AR) fai unha interpretación teleolóxica da natureza humana. O ser humano obra por fins; o fin último ou ben supremo é a felicidade. A felicidade identifícase coa vida teórica, coa actividade intelectual (actividade esencial do ser humano). A dedicación á vida teórica require condicións materiais, pois a vida anímica non se dá separada do corpo e as súas necesidades, nas que destaca a liberdade. Nesta teoría están excluídas as clases baixas.
Eudemonismo e tipos de virtudes
Para conseguir a felicidade é necesaria a práctica das virtudes (eudemonismo idealista). A virtude non é unha capacidade innata, senón un hábito adquirido a través do exercicio e a práctica, e é unha disposición que presupón unha deliberación voluntaria. Como o ser humano é racional e irracional, distingue dous (2) tipos de virtudes:
- As dianoéticas (teóricas): Son a técnica, a prudencia, a ciencia, a intuición e a sabedoría teórica.
- As éticas (practicas): Son a fortaleza, a temperanza, etc., pero destaca a xustiza, virtude social e política por antonomasia.
Negando así a redución platónica do saber práctico e teórico, concorda con Sócrates e Platón en que as virtudes dianoéticas son as máis importantes e as que dan a verdadeira felicidade. As éticas só proporcionan unha felicidade secundaria.
A Xustiza e a súa clasificación
Hai unha xustiza xenérica, a legal, que consiste na observación das leis, e tres (3) tipos específicos:
- A distributiva (xeométrica): Consiste no reparto proporcional de bens dacordo cos méritos.
- A conmutativa (aritmética): Referida á igualdade nos intercambios comerciais.
- A retributiva (reparadora): Practicada por un xuíz para tratar de reparar danos e delitos.
Ética, Política e o Ben Común
A ética aristotélica está relacionada coa política. Os individuos só logran a felicidade dentro da comunidade política ou polis. Trátase dunha ética social, pois os individuos son só partes que están subordinadas ao todo social. O Estado ten un fin ético: promover a xustiza e facer felices aos cidadáns.