Evolución da Poesía Galega de Posguerra (1936-1970)

Enviado por yaguete2 y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,49 KB

A Poesía Galega entre 1936 e 1970

1. Breve reseña histórica

Galicia no inicio do franquismo viviu unha uniformización política e lingüística derivada da imposición (principalmente no ensino), a censura e o terror. O nacionalismo galego foi aniquilado, a economía sufriu un gran retroceso, a industria conserveira redúcese e a poboación comeza a emigrar en abundancia a Sudamérica e Europa. Comeza o chamado silencio interior.

2. Silencio na poesía entre 1936-1947

Durante estes anos prohibíronse as manifestacións culturais galeguistas; as tendencias innovadoras da poesía de posguerra víronse truncadas, as correntes estéticas foron illadas e a única poesía que podía ser publicada era a francófila ou a ruralizante e sentimental. A partir de 1947, a poesía comezou a vivir un proceso de recuperación grazas á publicación de Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño nese mesmo ano e grazas á fundación da Editorial Galaxia no ano 1950, entre outros fitos.

3. Dúas grandes tendencias da poesía da posguerra

  • Intimista (anos 50)
  • Social-Realista (anos 60)

Ademais, existen outras tendencias menores como o neotrobadorismo, o hilozoísmo e o clasicismo.

4. Tres xeracións simultáneas

Neste período conviven tres grupos principais:

  • A Xeración do 36
  • A Promoción de Enlace
  • A Xeración das Festas Minervais

A Xeración do 36

Os autores que pertencen a esta xeración naceron entre 1910 e 1920, e a Guerra Civil marca as súas vidas. Seguen a liña da Xeración do 22 e do Grupo Nós; é a xeración que serve de ponte entre a literatura de posguerra e os autores máis novos. Son os que iniciaron os labores culturais e literarios na posguerra, loitando contra a censura e a prohibición de usar o galego.

Principais autores e obras:
  • María Mariño: Palabra no tempo e Verba que comeza.
  • Aquilino Iglesia Alvariño: De día a día, Lanza de soledade, Nenias e Cómaros verdes.
  • Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado e Herba aquí e acolá.
  • Álvaro Álvarez Blázquez: Roseira do teu mencer e Cancioneiro de Monfero.
  • Díaz Castro: Nimbos.
  • Luís Pimentel: Triscos, Sombra de aire na herba e Cunetas.
  • Celso Emilio Ferreiro (Autor Principal): Divide a súa obra en tres liñas temáticas: social, intimista e irónica. Destacan as súas obras:
    • O soño sulagado (poesía introspectiva e social).
    • Longa noite de pedra (poesía de compromiso).
    • Viaxe ao país dos ananos, Os autentes, Cemiterio privado e Antipoemas (poesía satírica).
    • Onde o mundo se chama Celanova (poesía intimista).

Entradas relacionadas: