Evolución e Historia da Lingua Galega: Das Irmandades da Fala á Era Dixital

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,33 KB

O Rexurdimento e a Consolidación do Galego no Primeiro Terzo do Século XX

4. Nese momento, a sociedade galega aínda se caracteriza por un sistema agrícola feudal e unha crecente emigración. O labor de dignificación da lingua vaise consolidando grazas á iniciativa das Irmandades da Fala, do Grupo Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Hai diversos fitos que promoven a defensa e o cultivo da lingua, e os usos cultos do galego vanse ampliando progresivamente.

  • 1906: Fúndase a RAG (Real Academia Galega) con Manuel Murguía como primeiro presidente.
  • 1912-1915: As asociacións agrarias canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado, como a Liga Agraria de Acción Gallega, á que pertencían Basilio Álvarez, Ramón Cabanillas e Noriega Varela, entre outros.
  • 1916: Fúndanse as Irmandades da Fala. O galeguismo evolucionará cara ao nacionalismo e reivindicarase a autonomía integral, a oficialización do idioma e a inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra. Créase tamén o xornal en galego A Nosa Terra.
  • 1920: Créase a revista Nós, a cal foi froito do Grupo Nós para modernizar e europeizar a cultura galega.
  • 1923-1936: Aparece o Seminario de Estudos Galegos, fundado por universitarios, que investiga e divulga a realidade galega.
  • 1931: Fúndase o Partido Galeguista, que consegue a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Neste período promóvense dicionarios e gramáticas que reivindican o galego na administración e no ensino. Xorden publicacións e editoriais como Lar e, ademais, o xénero dramático recibirá un pulo coa creación do Conservatorio Nacional de Arte Galega. Porén, este salto cualitativo non se reflicte apenas no plano lingüístico e social. A inexistencia de modelos tradicionais e unha normativa fixada provoca numerosos castelanismos, vulgarismos e dialectismos. A poboación segue a manter un comportamento diglósico onde o galego é percibido como unha marca negativa fronte ao castelán, cuxa influencia aumenta debido á migración.

A Recuperación Democrática e o Proceso de Normalización Lingüística

6. Este foi un período caracterizado polo intento de recuperación das formas democráticas na organización do Estado. Os fitos cronolóxicos máis salientables son:

Marco Legal e Normativo

  • 1978: Promulgación da Constitución Española.
  • 1981: Apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia.
  • 1982: A RAG e o ILG publican as NOMIG (Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego).
  • 1983: A AGAL publica o seu Estudo crítico das Normas, que pon de manifesto a controversia ortográfica entre os defensores da norma oficial e o reintegracionismo.
  • 1983: Xorde a Lei de Normalización Lingüística, que intenta que se use o galego en todos os ámbitos. Aparecerá por primeira vez a materia de Lingua e Literatura Galegas no ensino primario e secundario.

Medios de Comunicación e Sociedade

No ámbito da comunicación, en 1985 comezarán as emisións da RTVG e, en 1986, aparece A MESA pola Normalización Lingüística. Tamén nos anos 80 destacan cabeceiras de prensa monolingües en galego como Man común, Luzes ou Tempos. En 1994 publícase o primeiro diario integramente en galego, O Correo Galego, e hoxe en día contamos co diario Nós.

Na década dos 90, o galego chega á informática e a percepción social cara á lingua mellorou moito. Malia estes avances, a tendencia desgaleguizadora amosa un período regresivo que resulta non demasiado esperanzador para o futuro do idioma.

Entradas relacionadas: