Evolución Histórica de Galicia y Tendencias en el Arte Contemporáneo

Clasificado en Plástica y Educación Artística

Escrito el en español con un tamaño de 4,61 KB

Galicia: Historia, Autonomía y Demografía

A ditadura franquista deixou unha fonda pegada en Galicia coa súa política do medo. Houbo oposición ao réxime desde o exilio e no interior. A sociedade galega sufriu intensos cambios: moita xente abandonou o campo e foi vivir ás cidades, e seguiu sendo relevante a emigración.

A partir de 1960 deuse unha dobre tendencia na sociedade galega:

  • Na franxa costeira comezou un proceso de desenvolvemento e industrialización, o que implicou un proceso rápido de urbanización.
  • Na zona interior, pola contra, aumentou a emigración, co conseguinte avellentamento da poboación campesiña.

A democracia e a autonomía

A transición política da ditadura franquista á democracia en Galicia pasou pola redacción e aprobación do Estatuto de Autonomía. O Estatuto aprobouse en 1980 e entrou en vigor en 1981, ano en que se constituíu o primeiro Parlamento galego.

Os primeiros gobernos da Xunta de Galicia foron presididos por Xerardo Fernández Albor (Alianza Popular). Nesta etapa creouse a Radio e a Televisión de Galicia. En 1989 gañou as eleccións Manuel Fraga Iribarne (Partido Popular), presidente entre 1990 e 2005, período no que aumentaron as competencias do goberno galego. Entre 2005 e 2009, Emilio Pérez Touriño presidiu un goberno de coalición (PSOE-BNG). En 2009, o PP volveu á Xunta con Alberto Núñez Feijoo, a quen substituíu no 2022 Alfonso Rueda.

A poboación

A poboación galega é, segundo as estatísticas de 2025, de 2.714.741 habitantes. Galicia presenta unha taxa de natalidade moi baixa e un acusado envellecemento. Na distribución da poboación hai dúas zonas claramente diferenciadas: a das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se concentra a poboación, e a das provincias de Lugo e Ourense, estancadas demograficamente.

A arte actual

Arquitectura e escultura

Estilo internacional e arquitectura racionalista

O estilo internacional estendeuse polo mundo ao finalizar a Segunda Guerra Mundial e supuxo a xeneralización da arquitectura racionalista de formas xeométricas puras, ausencia de decoración e fachadas continuas de ventás. O seu representante principal foi Mies van der Rohe (Edificio Seagram).

A arquitectura posmoderna

Xurdiu na década de 1970 como reacción contra o movemento moderno. Caracterízase pola complexidade, a diversidade de estilos e o neoeclecticismo. Tamén pretende a recuperación do ornamento e a cor. Entre os seus representantes principais encóntrase Michael Graves (Edificio Castalia).

Tardomodernismo e as súas tendencias

  • High-tech: Exhibe compoñentes tecnolóxicos e industriais. Representada por Renzo Piano (Centro Pompidou, París).
  • Deconstrución: Emprega materiais metálicos e formas irregulares. O seu mellor expoñente é Frank Gehry (Museo Guggenheim, Bilbao).
  • Arquitectura orgánica: Crea formas inspiradas na natureza e o corpo humano. Destaca Oscar Niemeyer (Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer, Avilés).

Pintura (1945-1975)

As correntes pictóricas abstractas

O expresionismo abstracto é obra de artistas desencantados coa posguerra. En Nova York desenvolveuse a «pintura de acción», representada por Jackson Pollock, quen buscaba un xesto automático e espontáneo. O minimalismo, pola súa banda, pretendeu reducir a obra aos seus trazos esenciais (ex: Agnes Martin).

As correntes pictóricas figurativas

  • Pop Art: Arte figurativa que representa obxectos da sociedade de consumo sen intención crítica. Destacou Andy Warhol.
  • Neofiguración: Recuperou a figuración con procedementos expresionistas. O pintor máis coñecido foi Francis Bacon.
  • Hiperrealismo: Trata de plasmar a realidade como unha cámara fotográfica. Destaca Don Eddy.

As novas formas de arte

  • Land Art: Altera a paisaxe rural ou urbana con sentido artístico (ex: Robert Smithson, Spiral Jetty).
  • Arte urbana: Expresións artísticas anónimas e efémeras en espazos públicos. Destaca Banksy e, en Galicia, Diego As (Julio César, Lugo).
  • Arte interactiva: O espectador forma parte da obra. Destacan as instalacións e performances, como as de Marina Abramovic.

Entradas relacionadas: