Evolución social y económica de Galicia y América en los siglos XVI y XVII

HistoriaActualizado el 11,51 KB

Resumen

El documento describe la organización política, social y económica de Galicia bajo los Austrias, con su sociedad estamental y su agricultura de subsistencia. Después aborda la conquista y colonización de América, sus instituciones, el sistema de explotación de los indígenas y el papel de la mujer en la Edad Moderna.

Puntos clave

  • Galicia era un reino dependiente de la monarquía de los Austrias, con la Real Audiencia y el gobernador como órganos de control.
  • La sociedad gallega era estamental y desigual, con nobleza, clero y fidalgos como grupos privilegiados que vivían de las rentas campesinas.
  • La agricultura de subsistencia se complementaba con el fiado de lino y la emigración; el maíz y la patata llegados de América aumentaron los rendimientos en el siglo XVII.
  • El Tratado de Tordesillas (1494) dividió las zonas de expansión entre Castilla y Portugal.
  • La Casa de Contratación de Sevilla y el Consejo de Indias controlaban el comercio y la legislación de los territorios americanos.
  • Sistemas como la encomienda y la mita sometieron a la población indígena, y la explotación de metales provocó la Revolución de los Precios.
  • La mujer tuvo un rol secundario, con acceso muy limitado a la educación y a los derechos, y ocupó un papel doméstico.

Ponte a prueba

Nos **séculos XVI e XVII**, Galicia era un reino dependente da monarquía dos Austrias, con escasas institucións propias de goberno. A administración estaba controlada pola coroa mediante órganos como a **Real Audiencia** e a figura do **gobernador e capitán xeral**. As **Xuntas do Reino de Galicia** representaban o territorio en asuntos fiscais e militares, mentres moitos nobres galegos exercían cargos destacados no imperio, como **virreis**, **embaixadores** ou **bispos**.
Galicia conservaba características feudais, sendo unha sociedade estamental fortemente xerarquizada, desigual ante a lei e cunha escasa mobilidade social. A **nobreza** e o **clero**, como sectores privilexiados, vivían das rendas que cobraban aos campesiños polos seus señoríos territoriais e xurisdicionais. Xunto a eles destacaban os **fidalgos**, unha baixa nobreza intermedia que xestionaba o cobro de rendas, incrementando o seu patrimonio e visibilidade social, como demostran os seus **pazos**. Para os grandes señores, delegar estas funcións nos fidalgos era símbolo de dignidade, evitando o traballo manual.
A maior parte da poboación galega vivía no ámbito rural, era analfabeta e tiña unha esperanza de vida curta, duns 40 anos. A economía baseábase na **agricultura de subsistencia**, con cultivos de **cereais** como **trigo** e **centeo**, **viño**, **verduras** e algo de **carne**. As ferramentas rudimentarias e a falta de fertilizantes dificultaban melloras na produtividade, e os campesiños debían facer fronte a múltiples tributos, como o **décimo eclesiástico** ou as **rendas forais**, frecuentemente en especie. Esta situación obrigaba a complementar os ingresos con actividades domésticas, como o **fiado de liño**, ou a emigrar a **Castela**, **Portugal** ou **América**, de forma temporal ou definitiva.
No século XVII, a chegada do **millo** e a **pataca** desde América transformou a agricultura galega, aumentando os rendementos e a superficie cultivada. Isto contribuíu a mitigar a crise demográfica que afectaba a toda a península, impulsando un crecemento poboacional.


Na costa, a **pesca** era unha actividade complementaria para os labregos, aínda que tamén subsistencial para a maioría. A falta de innovacións técnicas limitaba o seu desenvolvemento ata o século XVIII, cando os **cataláns** introduciron o **arrastre** e as **conserveiras**. Aínda así, os **gremios de mareantes**, como en **Pontevedra**, lograron certa relevancia económica.
Os **portos galegos**, como **Vigo**, **Baiona** ou **Coruña**, tiñan un comercio activo con cidades de **España** e **Europa**, exportando **viños**, **sardiñas**, **polbos**, **castañas** ou **cítricos**, e importando **cereais**, **aceite** ou **sal**. Este comercio costeiro contribuíu a alixeirar a presión económica sobre o **minifundio rural**, aínda que non eliminou a precariedade que marcaba a economía e sociedade galegas durante a etapa dos Austrias.


No século XV, comezou un período de **exploración xeográfica** impulsado polo avance na **tecnoloxía navieira** e pola prohibición do comercio terrestre con Oriente tras a conquista de **Constantinopla** polo **Imperio otomán**. **Portugal** liderou expedicións costeiras por **África** buscando unha ruta alternativa cara á **India**, converténdose nunha potencia naval e comercial que dominaba os principais intercambios mercantís.

Conquista (1492-1560)

Unha vez finalizada a **Reconquista**, os **Reis Católicos** centraron os seus esforzos en explorar novas rutas comerciais. **Cristóbal Colón** propuxo unha ruta cara á India a través do Atlántico, convencido da esfericidade da Terra. Tras conseguir apoio económico da coroa, a súa expedición partiu de **Palos** o 3 de agosto de 1492 con dúas carabelas e unha nao, chegando o 12 de outubro á illa de **Guanahani**, no Caribe. Colón realizou catro viaxes, aínda convencido de ter alcanzado as Indias, a pesar das evidencias en contra.
En 1494, o **Tratado de Tordesillas** entre **Castela** e **Portugal** estableceu un meridiano divisor para evitar conflitos. O oeste quedou para Castela e o leste para Portugal, asegurándolles o control sobre **Brasil** e facilitando a expansión das súas colonias.
A conquista intensificouse a partir de 1519 coas campañas que consolidaron o dominio español sobre grandes territorios. **Hernán Cortés** liderou a conquista do **Imperio azteca**, aproveitando as súas divisións internas e tomando a capital en 1521. **Francisco Pizarro** seguiu unha estratexia semellante co **Imperio Inca** en **Perú** e **Chile**, empregando alianzas locais. Outros exploradores, como **Orellana** e **Valdivia**, continuaron a expansión polo continente. Para 1560, España controlaba amplos territorios que cambiaron para sempre a historia de América.
Pronto quedou claro que se trataba dun continente novo, denominado **América** en homenaxe ao xeógrafo **Américo Vespucio**, cuxos estudos reforzaron esta idea.

Ordenación xurídico-lexislativa

Ao principio, as “**Capitulacións de Santa Fe**” concederon amplos poderes a Colón nos territorios descubertos, incluíndo o título de "Almirante dos Mares e Océanos" e "vicerrei". Porén, a coroa considerou excesivas estas concesións e limitou os dereitos dos seus descendentes.


Para administrar os territorios, creáronse institucións específicas:**Consello de Indias**: O órgano central na metrópole para lexislar e controlar os territorios americanos.**Casa de Contratación de Sevilla**: Encargábase do comercio, fiscalidade e emigración cara a América, monopolizando as transaccións e garantindo os beneficios para a coroa.En América, o territorio dividiuse en dous **vicerreinatos**: **Nova España** (capital en **México**) e **Perú**, que abarcaba a maior parte de **Suramérica**. Os vicerreis, elixidos pola coroa, exercían autoridade política, militar e xudicial. Estes vicerreinatos organizábanse en provincias para un mellor control.As **Leis de Indias** recompilaron disposicións para regular a explotación de recursos, a evanxelización e o trato aos indíxenas, buscando un equilibrio entre os intereses da coroa e o control da poboación nativa.Colonización e evanxelizaciónA **Igrexa** tivo un papel fundamental na organización do Novo Mundo. Dende as primeiras viaxes de Colón, numerosos relixiosos viaxaron a América para difundir o cristianismo. Ordes como os **franciscanos**, **dominicos** e **xesuítas** dedicáronse a evanxelizar aos indíxenas, buscando adaptar as súas crenzas tradicionais ao cristianismo. Ademais, promoveuse a construción de igrexas, catedrais, hospitais e escolas, supervisados polo **Tribunal da Inquisición**.Porén, a chegada dos europeos tivo un impacto devastador na poboación indíxena. As guerras, os malos tratos e as enfermidades como a **varíola** e o **sarampelo** provocaron un descenso demográfico masivo. A psicoloxía dos pobos indíxenas tamén se viu afectada, reducindo a natalidade e fragmentando as súas comunidades.
Explotación dos recursos

A conquista de América foi un impulso económico decisivo para España. O comercio estivo monopolizado pola **Casa de Contratación**, fomentando a piratería nas rutas marítimas. A economía americana baseouse na explotación dos recursos naturais e no traballo forzado da poboación indíxena.
Implantáronse sistemas de traballo como:
**Encomenda**: A coroa asignaba indíxenas aos colonos, que a cambio debían protexelos e educalos na fe cristiá, pero con frecuencia explotábanos como man de obra.
**Mita**: Un sistema semellante usado nas minas, onde os indíxenas traballaban por períodos a cambio dun salario reducido.
Estes sistemas foron duramente criticados por algúns relixiosos, como **Bartolomé de las Casas**, que defendeu os dereitos dos indíxenas. A súa presión levou á promulgación de leis máis humanitarias nas **Leis de Indias**, pero na práctica resultou difícil aplicalas. Para suplir a man de obra perdida, intensificouse o tráfico de **escravos africanos**.
A explotación de **metais preciosos**, en especial **ouro** e **prata**, foi o motor económico da coroa, pero provocou a **Revolución dos Prezos**. Este fenómeno inflacionista, causado pola afluencia masiva de metais, debilitou a economía europea e, especialmente, a española.

Reformas e declive

Coa chegada dos **Borbóns** no século XVIII, as colonias experimentaron reformas centralizadoras e unha maior liberalización do comercio. A entrada de potencias estranxeiras como **Inglaterra**, **Francia** e **Holanda** desafiou o dominio español, arrebatándolles territorios estratéxicos.
No mesmo século, as ideas ilustradas e as reformas económicas influíron no pensamento da poboación **criolla** e **mestiza**. Estes cambios sementaron o terreo para os movementos independentistas que, no século XIX, culminaron coa ruptura do imperio español en América. Este proceso abriu unha nova etapa na historia do continente, marcada pola emancipación política e a construción de novos estados.


Na **Idade Moderna**, a muller foi relegada a un rol secundario debido ás estruturas patriarcais e á sociedade tradicional estamental católica. Cargaban co peso das familias e das economías domésticas, pero as súas oportunidades e dereitos eran moi limitados, sendo consideradas inferiores aos homes e sometidas á autoridade dos pais ou dos maridos. O seu rol social estaba vinculado ao ámbito doméstico, asumindo a crianza dos fillos, o mantemento do fogar e tarefas de coidado. Ademais, a súa liberdade estaba restrinxida por normas morais ríxidas que facían da reputación unha das súas maiores preocupacións.
As mulleres de grupos non privilexiados tiñan como obxectivo o matrimonio e debían colaborar no traballo familiar en labores como a **agricultura**, a **artesanía téxtil** ou o **servizo doméstico**. O acceso á **educación** era mínimo, especialmente para elas, o que contribuía ás elevadas taxas de **analfabetismo feminino**. Pola súa banda, as mulleres das familias nobres tiñan lixeiramente máis acceso á alfabetización, pero a súa formación estaba enfocada á educación relixiosa, a música ou os idiomas, sempre baixo a supervisión masculina. Adoitaban ser utilizadas como moedas de cambio en alianzas matrimoniais ou ingresaban en **conventos**.
Será a partir do século XVIII, coa **Ilustración**, cando se comece a valorar timidamente o papel da muller, aínda que o impacto fose moi limitado nesta época. Aínda así, destacaron figuras como **Beatriz Galindo "A Latina"**, preceptora de **Isabel a Católica**; **Leonor López de Córdoba**, poetisa que tratou os dereitos femininos; e **Francisca de Pedraza**, pioneira no ámbito xurídico. Tamén foron relevantes **Santa Teresa de Jesús** na literatura e **Sofonisba Anguissola** na pintura.
No ámbito político, brillaron mulleres como a **Princesa de Éboli**, en tempos de **Filipe II**, e **Isabel de Barreto**, galega que chegou a ser almirante e gobernadora nas **Filipinas**.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

¿Qué fue el Tratado de Tordesillas?

Fue un acuerdo de 1494 entre Castilla y Portugal que estableció un meridiano divisor: el oeste quedaba para Castilla y el este para Portugal, lo que aseguró a Portugal el control sobre Brasil.

¿En qué consistían la encomienda y la mita?

La encomienda asignaba indígenas a colonos que debían protegerlos y evangelizarlos, pero con frecuencia los explotaban como mano de obra. La mita era un sistema similar usado en las minas, con trabajo por periodos a cambio de un salario reducido.

¿Qué fue la Revolución de los Precios?

Fue un fenómeno inflacionista causado por la masiva llegada de metales preciosos americanos, que debilitó la economía europea y, especialmente, la española.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. ¿Qué órgano se encargaba del comercio y la fiscalidad con América?
2. ¿Qué dos vicerreinatos se crearon en América?
3. ¿Qué cultivos llegados de América transformaron la agricultura gallega en el siglo XVII?
4. ¿Quién defendió los derechos de los indígenas frente a los abusos coloniales?
5. ¿Qué grupo social gallego gestionaba el cobro de rentas para los grandes señores?
6. ¿Qué hecho de 1492 marcó el inicio de la expansión atlántica narrada?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.