Evolución del Teatro y la Poesía Gallega: Del Siglo XX a la Posguerra

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,52 KB

O teatro do primeiro terzo do século XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós

O teatro é o xénero menos cultivado do ámbito da literatura galega. As causas principais son:

  • A exclusión da lingua galega dos espazos públicos debido á diglosia.
  • As sucesivas prohibicións de representar en linguas que non sexan o castelán.

No ano 1882, A fonte do Xuramento marca o inicio do teatro moderno, caracterizado por unha temática rural, extensión breve, dominado polo costumismo, con diálogos choqueiros e personaxes tópicos.

O papel das Irmandades da Fala

Coas Irmandades da Fala, o teatro pasa de ser un simple divertimento a converterse nunha arma política e reivindicativa. As temáticas diversifícanse: históricas, sociais, señoriais, cómicas, infantís e comedias burguesas. En 1919 aparece o Conservatorio Nazonal de Arte Galega, chegando a realizar cen representacións anuais.

Autores destacados

  • Cabanillas: Con A man da Santiña (1921), unha comedia en prosa onde por primeira vez as clases sociais falan galego. Tamén destaca O Mariscal, sobre a oposición galega ao centralismo.
  • Armando Cotarelo Valledor: Dominador da técnica teatral. En Hostia (1926) amosa unha gran preocupación psicolóxica dos personaxes, construción complexa e riqueza léxica.
  • X. Quintanilla: Autor de Alén (1921), demostra a universalidade galega con temas non estritamente locais, centrando a acción no interior dos personaxes.

A Xeración Nós e as vangardas

A Xeración Nós non utilizou o teatro como arma política directa, pero supuxo un gran pulo literario. Introduciron innovacións como elementos simbolistas e surrealistas, incorporando figuras como fidalgos, princesas, fantasmas e elementos da natureza.

  • Vicente Risco: O bufón de El Rey, drama simbolista que relaciona a deformidade física e moral.
  • Ramón Otero Pedrayo: A lagarada (1928) e Teatro de Máscaras. Son obras máis apropiadas para a lectura que para a representación. A lagarada é unha traxedia rural de fondo dionisíaco.
  • Castelao: Os vellos non deben namorarse (1941). Concibe o teatro como un espectáculo global, integrando artificios escenográficos e música.
  • Rafael Dieste: Pertencente á Xeración dos Novocentistas. A fiestra baldeira (1927) é unha comedia simbólica sobre a identidade individual e colectiva.

A poesía entre 1936 e 1975

Durante a Guerra Civil, o galego comezou a desaparecer da poesía pública, trasladándose ao exilio como poesía crítica ou de compromiso. Destacan autores como Lorenzo Varela (Lonxe) e Luís Seoane (Fardel de exiliado).

Xeracións poéticas

  • Xeración do 36: Autores nacidos entre 1910 e 1920, como Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.
  • Promoción de Enlace: Autores nacidos entre 1920 e 1930, como Manuel Cuña Novás ou Luz Pozo Garza.
  • Poetas das Festas Minervais: Naceron entre 1930 e 1940, destacando Manuel María e Uxío Novoneyra.

Tendencias e autores clave

As correntes predominantes foron o hilozoísmo, o neotrobadorismo, o paisaxismo e o realismo. A finais dos 50 xorde o realismo coloquial e a Escola da Tebra.

  • Manuel María: Temáticas variadas como o amor, a arte, a historia e a mitoloxía (ex. Terra Chá).
  • Celso Emilio Ferreiro: Destaca pola súa liña intimista, satírica (estilo cantigas de escarnio) e o realismo social (Longa noite de pedra).
  • Uxío Novoneyra: Poesía paisaxista e persoal, cunha perspectiva mística de fusión coa natureza.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín: Con Con pólvora e magnolias (1976), achegou novas linguaxes poéticas combinando o lirismo e a estética revolucionaria.
  • Manuel Cuña Novás: En Fabulario Novo (1952) reflicte angustia e desesperación mediante imaxes de escuridade.

Entradas relacionadas: