Evolución de la Unión Europea: de la CECA al Brexit

Otras lenguas extranjeras6,67 KB

Os orixes do movemento europeísta

Europa foi escenario de numerosos conflitos. É por iso que voces como Erasmo de Rotterdam, Luis Vives ou Kant demandaron a construción dun proxecto supranacional que fundase a paz.

En 1849, Victor Hugo, no seu discurso no Congreso Universal pola Paz, auguraron un futuro no que "os Estados Unidos de América e os Estados Unidos de Europa" colaborarían para establecer lazos económicos.

Este movemento tomou consistencia despois de que dúas guerras mundiais asolasen o continente europeo en menos de 30 anos. En 1923, Richard Coudenhove-Kalergi publicou o seu manifesto PanEuropa, no que se avogaba pola idea dun Estado europeo unificado, e tres anos despois celebrouse en Viena o congreso da Unión Internacional Paneuropea, ao que asistiron persoas como Keynes ou Einstein.

En 1929, o político francés Aristide Briand presentou na asemblea da Sociedade de Nacións un proxecto de Unión Federal Europea, pero por culpa da crise e da descomposición de democracias, o movemento estancouse. A II Guerra Mundial e a Guerra Fría reactivaron o proceso de unificación europea en busca da paz.

A creación da CECA (1951)

Tras a guerra, Winston Churchill retomou a idea duns Estados Unidos de Europa, e xurdiu o Consello de Europa (1949), unha institución integrada por 10 Estados europeos co obxectivo de favorecer o progreso económico e social e promover os dereitos humanos.

Un ano despois, Robert Schuman propuxo unha creación dun mercado franco-alemán que puxese en común as producións de carbón e de aceiro e evitase futuros conflitos entre países europeos. O Tratado de París (1951) instituíu a Comunidade Económica do Carbón e do Aceiro (CECA), formada pola República Federal de Alemaña (RFA), Italia, Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos.

A Europa dos 6 (CEE, 1957)

Seis anos despois do final da guerra, enténdese o contexto da reconstrución europea:

  • Francia, que mantivo o control do Sarre ata 1957, puido controlar as producións alemás de carbón e aceiro, e a RFA reincorporouse á comunidade internacional.
  • En 1940, EUA precisaba contar na rexión cun actor consistente fronte á URSS, e á vez canalizar as axudas do Plan Marshall. O proxecto económico e social europeo impulsou tamén a idea de crear unha Comunidade Europea de Defensa (CED), formada por forzas armadas vinculadas á OTAN, de recente creación, mais que fracasou e non se retomou ata 1990.

Tras duras negociacións, en 1957, os 6 Estados integrantes da CECA asinaron o Tratado de Roma, polo que quedaron instituídas a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea de Enerxía Atómica (EURATOM). A CEE nacía co propósito de acadar a libre circulación de mercadorías, servizos, capitais e persoas, así como desenvolver unha política económica comunitaria.

En 1967, a fusión da CECA, CEE e EURATOM formou a "Comunidade Europea" (CE).

A Europa dos 9 (1973)

O Reino Unido impulsou a creación dunha área de libre comercio pola Asociación Europea de Libre Comercio, EFTA (1960). Malia a incorporación de Islandia, Noruega, Suíza, Dinamarca, Austria, Suecia e Portugal, os seus membros solicitaron a súa incorporación ao proxecto comunitario. Tras superar o veto de Francia, produciuse a primeira ampliación da CE, coa incorporación do Reino Unido, Irlanda e Dinamarca (1973).

A Europa dos 12 (1986)

En 1980 incorporouse ao proxecto Grecia (1981), España e Portugal (1986). Estas dúas ampliacións trouxeron novidades respecto ao proxecto anterior. No plano político, incorporábanse democracias novas que fora ditaduras militares. No económico, eran países menos desenvolvidos que o resto. No xeopolítico, a incorporación reequilibrou o proxecto europeo ao expandir a Comunidade Europea cara ao Mediterráneo.

A Europa dos 15 (1995)

En 1990, o proceso de ampliación tivo un impulso como consecuencia do colapso da Unión Soviética e o final da Guerra Fría. A caída do Muro de Berlín en 1989 supuxo a reunificación alemá e a posterior incorporación da República Democrática Alemá (1990). Coa sinatura do Tratado de Maastricht (1992) creouse a Unión Europea.

En 1995 producíronse dous fitos significativos: a incorporación de Austria, Finlandia e Suecia á UE e a entrada en funcionamento do espazo Schengen, que permite a libre circulación de persoas entre os Estados asinantes.

A Europa dos 25 (2004)

A sexta ampliación avanzou na incorporación de países que permanecran baixo a órbita da Unión Soviética. O proceso non estivo exento de debate, debido ao temor dos países mediterráneos e de Irlanda a verse reducidas as súas remesas de fondos comunitarios. En 2004 uníronse finalmente Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia, Malta e Chipre.

A Europa dos 28 (2013) e o Brexit

A conformación territorial da UE completouse co ingreso de Romanía e Bulgaria (2007) e de Croacia (2013). Tras 50 anos desde a súa fundación e 8 ampliacións, a UE acadou os 28 Estados comunitarios.

En 2008, o proxecto europeo sufriu importantes fisuras, en gran parte pola Gran Recesión. O euroscepticismo estendeuse no Reino Unido. O primeiro ministro David Cameron propuxo en 2013 unha convocatoria de referendo sobre a continuidade do país na UE. Cameron, partidario da permanencia, convocou en 2016 un referendo que se saldou coa vitoria dos partidarios de abandonar a UE (Brexit).

Tras a dimisión de Cameron, Theresa May en 2018 non tivo un acordo co Consello Europeo para unha saída do Reino Unido da UE, que porén foi rexeitado pola Cámara dos Comúns. May dimitiu e, nun contexto de parálise política, o seu sucesor Boris Johnson obtivo finalmente o acordo da Cámara Baixa do Parlamento, que foi ratificado polo Consello Europeo e a Comisión Europea.

O 31/1/2020, o Reino Unido abandona a UE.

Descargar

PDF Word HTML