A prosa moderna galega e a traxectoria ideolóxica de Vicente Risco
Resumen
O texto presenta o nacemento da prosa moderna galega entre 1916 e 1936, impulsada pola Xeración Nós, e analiza a figura de Vicente Risco. Explica as tres etapas da súa evolución ideolóxica (pregaleguista, galeguista e posgaleguista), a renovación narrativa que introduciu e as características do seu estilo. O estudante aprenderá o contexto histórico-literario e as obras máis representativas do autor.
Puntos clave
- A prosa moderna galega nace entre 1916 e 1936, de la man da Xeración Nós.
- A Xeración Nós tiña ideoloxía nacionalista e buscaba crear unha literatura nacional galega.
- Vicente Risco pasou por tres etapas: pregaleguista (ata 1918), galeguista (1918-1936) e posgaleguista (1936-1963).
- Tras a Revolución Rusa de 1917, Risco viu no nacionalismo un modo de evitar o comunismo, con tres piares: lingua, raza e terra.
- Risco renovou a narrativa galega abandonando o ruralismo e introducindo ambientación urbana, humor crítico e elementos esotéricos.
- O seu estilo é directo, claro, agudo e sobrio, e procura afastarse do castelanismo.
Introdución á Prosa Moderna Galega
Podemos dicir que a **prosa moderna galega** nace entre 1916 e 1936.
A Xeración Nós
Os autores máis destacados pertencen á **Xeración Nós**; son autores de **ideoloxía nacionalista**, ademais de ser os creadores da prosa galega moderna e os artífices da incorporación da nosa cultura ás correntes universais da época. Esta xeración cre que ten a tarefa de transformar a sociedade galega, queren crear unha **literatura nacional galega**.
Para posibilitar a tarefa de modernización e normalización da vida cultural galega, fúndase a Xeración Nós e créanse editoriais como Céltiga, Lar...
Vicente Risco: Biografía e Perfil
VICENTE RISCO: ourensán, conservador, fidalgo que pertence á aristocracia, **etnógrafo**.
Etapas Ideolóxicas de Vicente Risco
A traxectoria ideolóxica de Risco divídese en tres grandes etapas:
Etapa Pregaleguista (Ata 1918)
Caracterízase pola perda de fe nos valores do momento. Así, busca **evasión na arte e no exótico**.
Etapa Galeguista (1918-1936)
Vicente Risco vólvese nacionalista, posto que tras a **Revolución Rusa de 1917**, ve no nacionalismo a posibilidade de evitar o comunismo.
- Tres piares básicos: **lingua, raza e terra**.
Etapa Posgaleguista (1936-1963)
Risco abandona o galeguismo cando comeza a Guerra Civil. Máis tarde apoiará a Franco.
Renovación Narrativa
Vicente Risco renovou a narrativa galega ao abandonar o **ruralismo** que a caracterizaba ata ese momento e introducir na súa obra unha ambientación **urbana**, **humor crítico**, fins didácticos e moitos elementos **esotéricos**.
Obra Narrativa Destacada
A súa obra narrativa ten moito que ver co seu pensamento filosófico (**sátira social**, temas de cultura...) e adopta un carácter fundamentalmente **didáctico** que rompe coa narración de tipo **folclórico** ou **naturalista** que se viña producindo ata ese momento en Galicia.
Mitteleropa (Ensaio)
Evolución cara á mentalidade franquista, ideoloxía conservadora.
O lobo da xente
Reelaboración das narracións folclóricas.
O porco de pé
Sátira da burguesía urbana. É unha caricatura cruel cunha ironía que pretende facer dano e provocar o riso.
A trabe do aro e a trabe de alquitrán
Relatos lendarios (lendas que constitúen a recreación literaria de mitos galegos).
Linguaxe e Estilo
O estilo de Risco caracterízase por:
- **Linguaxe directo, claro, agudo e sobrio.**
- Risco pretende elevar o galego ás máis altas categorías; para iso emprega o idioma dun xeito funcional pero procurando afastarse do **castelanismo**.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cando nace a prosa moderna galega?
O texto sitúa o nacemento da prosa moderna galega entre 1916 e 1936. Os seus máximos impulsores pertencen á Xeración Nós.
Cales son as etapas ideolóxicas de Vicente Risco?
A súa traxectoria divídese en etapa pregaleguista (ata 1918), galeguista (1918-1936) e posgaleguista (1936-1963). Na última abandona o galeguismo ao comezar a Guerra Civil.
Que renovou Vicente Risco na narrativa galega?
Abandonou o ruralismo e introduciu ambientación urbana, humor crítico, fins didácticos e elementos esotéricos. Rompeu así coa narración folclórica ou naturalista anterior.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.