A expansión do galego: medios de comunicación e recuperación cultural

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,09 KB

Os medios de comunicación de masas: radio, cine sonoro, televisión contribuíron á expansión masiva do español. Neste contexto, son os exiliados que manteñen vivo o proceso de recuperación lingüística e cultural das Irmandades. Promoven a publicación de libros, a emisión de programas de radio, a edición de xornais e revistas, grupos teatrais e musicais, actos culturais… en galego; ademais de fundar entidades e padroados que manteñen vivo o interese pola personalidade diferencial de Galiza.

Recuperación do galego en ámbitos cultos

A partir dos 40, lenta recuperación do galego en ámbitos cultos. No 47 sae do prelo Cómaros verdes e comeza a colaboración en galego de Otero Pedrayo co xornal compostelán La Noche. Antes dos 50 aparecen editoriais e coleccións de poesía que editan en galego: Benito Soto, Xistral, Monterrey, etc.

Editorial Galaxia e a súa influencia

No ano 50 fundouse a Editorial Galaxia, proxecto encabezado por Ramón Piñeiro, xunto con outras persoas como Francisco Fernández del Riego. Parte do presuposto de que a lingua é o principal sinal de identidade e é preciso prestixiala. En 1951 nace a colección Grial (ata o 52). Nace tamén a Revista de Economía de Galicia. E, no ámbito literario, Galaxia publica obras de novos escritores, homes e mulleres que verán a súa obra editada na colección Illa Nova, dirixida por X.M. Beiras e Xaime Illa Couto.

Denuncia e recuperación

En 1954, o Centro Galego de Bos Aires denunciará ante a UNESCO a persecución do idioma galego por parte do Estado Español, que fixo que o réxime suavizase a súa presión sobre as actividades culturais en lingua galega. En 1963 reaparece a revista Grial e a RAG instaura a celebración do Día das Letras Galegas a partir da conmemoración dos cen anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía. Aparece unha nova editorial, Ediciós do Castro, promovida por Isaac Díaz Pardo.

Avances na lingua e literatura galegas

Xorden tamén asociacións culturais coas que as organizacións políticas nacionalistas conseguen burlar a clandestinidade: O Galo en Santiago, O Facho na Coruña, Abrente en Ribadavia… Usarán como vehículo de comunicación para a súa variada actividade a lingua galega.

Reconocemento e investigación

En 1965 créase a Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago, a cargo de Ricardo Carballo Calero, a quen ese lle dedicou no 2020 o Día das Letras Galegas. En 1968 fúndase o ILG (Instituto da Lingua Galega) para a investigación científica sobre o idioma. Nesta época tamén nace Voces Ceibes e artistas como Andrés do Barro, Ana Kiro ou Pucho Boedo que contribúen a normalizar o galego no ámbito musical.

Consolidación da norma culta

Canto á norma, no camiño da busca dunha norma culta, é a época do galego protoestándar, que se define por un desexo de simplificación ortográfica (eliminación de guións e apóstrofos) e de depuración lingüística (rexeitamento de castelanismos) coa incorporación de cultismos e neoloxismos.

Entradas relacionadas: