Exploración do Interior Terrestre: Métodos de Estudo e Estrutura Xeolóxica
Clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 5,14 KB
Métodos directos
Os métodos directos consisten en estudos de campo de zonas superficiais e accesibles da Terra.
- A observación das rochas superficiais: as súas características proporcionan información sobre a súa orixe ou as deformacións. As rochas volcánicas dánnos información sobre materiais do manto superior. Os afloramentos pola erosión permiten ver rochas profundas como o granito.
- Debido a un choque de placas, unha placa oceánica ponse enriba doutra continental e a erosión fai que vexamos a súa parte máis profunda. Este proceso xera ofiolitas, que son fragmentos do manto superior enriba da corteza, como as peridotitas.
- Sondaxes: son escavacións de pouco diámetro e de gran profundidade. A través delas podemos obter e observar materiais do interior da Terra.
Métodos indirectos
Os métodos indirectos obteñen información a partir de cálculos e tecnoloxía sen necesidade de mostras físicas do interior da Terra.
- Método gravimétrico: consiste en medir a aceleración da gravidade en distintas zonas do planeta. As anomalías positivas indican un exceso de masa e as negativas indican unha menor masa.
- Método xeomagnético: analiza as variacións do campo magnético causadas polas rochas.
- Campo magnético da Terra: está xerado por un núcleo metálico e fai que as moléculas das rochas ferromagnéticas fundidas se aliñeen. Cando se solidifican, proporcionan información sobre a orientación do campo magnético.
- Método xeotérmico: baséase na variación de temperatura debido á actividade volcánica e á profundidade da codia terrestre.
- Estudo de meteoritos: son anacos de rocha procedentes do espazo exterior. Dependendo do tipo, podemos saber de que parte dun planeta proceden. Os metálicos serían de partes máis profundas, os máis lixeiros da codia e os intermedios do manto.
- Método sísmico: baséase no estudo das ondas sísmicas, que son vibracións que se propagan a través da Terra despois de sucesos como terremotos ou explosións controladas. Hai tres tipos:
- Ondas P ou lonxitudinais: proceden do hipocentro, transmítense por calquera medio e provocan que as partículas do terreo vibren na mesma dirección ca elas.
- Ondas S ou transversais: proceden do hipocentro e os materiais do solo vibran de forma perpendicular a elas.
- Ondas L ou superficiais: proceden do epicentro, transmítense pola superficie e son lentas; a súa maior amplitude provoca unha maior sacudida.
Interior da Terra
A xeosfera, o interior da Terra ou a esfera sólida, ten un diámetro de 6.370 km e está composta por rochas e minerais que se distribúen en capas. Existen dous modelos principais:
1. Modelo xeoquímico
Este modelo diferenza as capas da Terra segundo a composición química dos materiais:
- Codia: é a capa máis superficial, cunha profundidade media de 35 km (máximo de 70 km). Está composta por rochas sedimentarias, metamórficas e magmáticas con silicatos. Nas zonas máis profundas alcanza temperaturas máximas de 400 °C.
- Codia continental: forma os continentes e ten un espesor máximo de 70 km. Presenta rochas con ata 3.800 millóns de anos.
- Codia oceánica: forma os océanos e ten un espesor máximo de 12 km. Está composta por rochas volcánicas (como o basalto). É moi nova, cuns 180 millóns de anos.
- Manto: sitúase debaixo da codia, separado pola descontinuidade de Mohorovicic. Representa o 80% do volume terrestre. Está composto por silicatos de ferro e magnesio. A peridotita é a rocha máis común e a olivina é o mineral predominante.
- Manto superior: esténdese ata os 70 km de profundidade, limitado pola descontinuidade de Repetti.
- Manto inferior: chega ata os 2.900 km e alcanza temperaturas de ata 3.000 °C.