Rexurdimento na literatura galega: Rosalía, Curros e Pondal

Clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 5,79 KB
Actualizado el

Resumen

O documento presenta o Rexurdimento da literatura galega (1863-1917), o seu contexto político e cultural e as manifestacións literarias da poesía, o teatro e a narrativa. Analiza as obras e os estilos de tres figuras centrais: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

Puntos clave

  • O Rexurdimento abarca de 1863, con Cantares Gallegos, ata 1917, coa morte de Pondal.
  • Rosalía de Castro publicou Cantares Gallegos (1863) e Follas Novas (1880), de temática costumista, intimista e social.
  • Curros Enríquez foi un poeta republicano, progresista e anticlerical, autor de O Divino Sainete e Aires da Miña Terra.
  • Eduardo Pondal defendeu o celtismo fronte ao iberismo e é considerado o bardo galego, autor de Queixumes dos Pinos e Os Eoas.
  • A poesía foi a manifestación máis favorecida polo Rexurdimento, mentres o teatro e a narrativa, sobre todo a novela histórica, foron cultivados por epígonos.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

O Rexurdimento na Literatura Galega (1863-1917)

O Rexurdimento (1863, publicación de Cantares Gallegos – 1917, morte de Pondal – 1868-1917, epígonos) enmárcase nun contexto político marcado polo galeguismo, o provincialismo de 1833, o federalismo e o rexionalismo, con figuras como Brañas e Murguía. No ámbito cultural, destaca a prensa (O Tío Marcos da Portela, 1853), a Editorial Biblioteca Gallega, e a historiografía de Manuel Murguía e Benito Vicetto, así como a estandarización da lingua con gramáticas (1905, 1ª RAG) e dicionarios.

Manifestacións Literarias

  • Poesía: Favorecida pola facilidade de publicación e lectura, con figuras como Rosalía, Curros e Pondal.
  • Teatro: Buscaba chegar a todo o pobo, concienciando e dignificando Galicia, a través de epígonos con obras históricas, sociais (de denuncia) e costumistas.
  • Narrativa: Desenvolvida por epígonos, principalmente na novela histórica.

Figuras Centrais do Rexurdimento

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é unha figura central do Rexurdimento. A súa obra inclúe:

  • Cantares Gallegos (17/05/1863): 36 poemas cunha estrutura circular, glosas de poemas populares. A temática é costumista, amorosa, intimista e social. Os obxectivos son a dignificación e exaltación de Galicia, a defensa da lingua e a denuncia das inxustizas e marxinación. Utiliza diversos suxeitos líricos, versos de arte menor, rima asonante e versos de gaita galega.
  • Follas Novas (1880): Escrito 20 anos antes en Simancas. A estrutura inclúe un prólogo con dúas palabras da autora e cinco seccións: Vaguedás, Do Íntimo (intimista, subxectiva, saudade, morte), Da Terra (as viúvas dos vivos e dos mortos, social, obxectiva, de denuncia). A lingua é próxima á fala, con sinxeleza na sintaxe e léxico, reelaboración culta das formas de poesía popular con recursos de contraste e repetición, comparacións e símbolos (pomba-soidade e desengano, cravo-dor, sombra-morte, dor).

Curros Enríquez

Curros Enríquez foi un poeta comprometido cunha causa política e social, concibindo a poesía como unha arma para denunciar as inxustizas. Era republicano, progresista e anticlerical. En 1894, volveu da Habana, sendo recibido con homenaxes nos centros galegos de Madrid e A Coruña.

Obra:

  • Comezou a escribir en galego para un concurso literario en Ourense, que gañou con: A Virxe do Cristal (lendas), A voda en Embó (unha voda), O Gueiteiro de Penalta (un personaxe popular).
  • O Divino Sainete: Poema narrativo e satírico dividido en 9 partes. Canta a peregrinación a Roma do autor con Francisco Añón, para celebrar o xubileo do Papa León XIII, nun tren de 7 vagóns (7 pecados capitais): envexa (Pardo Bazán), crítica dos autores galegos, luxuria (curas, monxas), preguiza (xuíz que o xulga).
  • Aires da Miña Terra: Temas sociais e cívicos nos que destacan as ideas galeguistas, o anticlericalismo, o progresismo e a república. Ensalza o progreso tecnolóxico, denuncia a miseria do labrego e ataca a opresión da igrexa. Tamén aborda temas intimistas na esfera familiar. Utiliza unha forte influencia da poesía popular, con sinxeleza nos símbolos e diactelismos.

Eduardo Pondal

Eduardo Pondal, fidalgo con educación exquisita, coñecía a tradición popular. Defendía o celtismo fronte ao iberismo, tentando elevar o galego cunha poesía máis culta (é o bardo galego). Estudou medicina e foi médico militar. En 1856, leu un brinde sobre a soberanía popular e a democracia no Banquete de Conxo. Na trastienda de A Cova Céltica reuníase con Murguía, Lugrís Freire, etc., onde se xestou a RAG, obras de teatro e editoriais (Biblioteca Gallega).

Obra:

  • 1ª etapa: Tendencia romántica.
  • 2ª etapa: Época do bardismo pondaliano.
  • Rumores de los Pinos: Versión inicial e bilingüe de Queixumes dos Pinos, pretende ser unha base histórica que fundamente as orixes célticas dos galegos.
  • Os Eoas: Poema épico, inicialmente próximo ao provincialismo, despois adaptado ao rexionalismo. Conta o descubrimento de América e usa como fonte o don galego, querendo darlle máis status á lingua, falando da superioridade de Galicia. Baséase en Os Lusíadas de Camões. Publicou só o primeiro esbozo en 1858, editándose por primeira vez da man de López Temes no 1992.
  • Queixumes dos Pinos: Conságrase como bardo do pobo galego, responsable de mostrar o camiño da redención aos galegos. Son un conxunto de poemas con estrutura pechada no que un campesiño que guía un carro nunha noite de luar vai cantando. Exalta Galicia nun ton épico.

Estilo:

  • Linguaxe da zona de Bergantiños, afastada do castelán con lusismos.
  • Hipérbatons, símiles, epítetos (substitúen substantivos simbólicos).
  • Humanización da paisaxe (símbolos).

Liñas de pensamento:

  • Literatura clásica greco-latina, mitoloxía, recursos estilísticos.
  • Misoxinia: O machismo aparece nas súas composicións.
  • Celtismo: Recreación de poemas de Ossian de James Macpherson, poemas compostos por un “bardo” do século III chamado Ossian, escritos en gaélico.

Importancia na nosa literatura: É o máis moderno dos escritores galegos do século XIX.

Preguntas frecuentes

Que abarca o Rexurdimento na literatura galega?

Abarca o período comprendido entre 1863, coa publicación de Cantares Gallegos, e 1917, ano da morte de Pondal. Enmárcase nun contexto político de galeguismo, federalismo e rexionalismo.

Que obra destaca de Curros Enríquez?

Destaca O Divino Sainete, un poema narrativo e satírico dividido en 9 partes que canta a peregrinación a Roma do autor para celebrar o xubileo do Papa León XIII. Tamén son importantes Aires da Miña Terra e A Virxe do Cristal.

Que defendía Eduardo Pondal?

Defendía o celtismo fronte ao iberismo e intentaba elevar o galego cunha poesía máis culta. Escribiu Queixumes dos Pinos, que o consagra como bardo do pobo galego.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cales son as datas que marcan o Rexurdimento segundo o texto?
2. Cal é a obra de Rosalía de Castro publicada en 1880?
3. Que xénero cultivaba Curros Enríquez en O Divino Sainete?
4. Que defendía Pondal fronte ao iberismo?
5. Que xénero narrativo destaca dentro da narrativa do Rexurdimento?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.