4

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,18 KB

Estas baixas taxas de mortalidade de párvulos quizás teñan que ver con unha lactancia materna prolongada e tamén con recursos variados que puideran ter as familias no momento do destete para alimentar aos pequenos, isto era moi importante na época.A reducíón da mortalidade a fins do XVIII quizás ten máis que ver coa mellora das condicións de vida das familias que con avances médicos, que apenas existen. Normalmente diferéncianse entre causas endóxenas (problemas do parto, etc.) e causas esóxenas (outro tipo de circunstancias).O que se ve no XVIII é que a reducíón afecta fundamentalmente ás causas esóxenas, aos pequenos que morren despois dunhas semanas de nacer, o que ten que ver máis ben con esa mellora das condicións de vida das familias da que falabamos.Outro capítulo da mortalidade de pequenos é a mortalidade dos nenos abandonados (expósitos). O 90% deles morría antes dos 3 ou dos 7 anos. O abandono, sen pretender, na práctica levaba á súa morte. Houbo moita publicística na época sobre como mellorar isto.O Hospital Real é fundado polos Reis Católicos, que deciden crear un hospital para peregrinos, un hospital coa finalidade de proclamar o seu poder. Este hospital enseguida pasa a dedicarse a enfermos de Santiago e da comarca, e a expósitos (teñen que estar uns días no hospital, onde son alimentados e despois lévanos ao mundo rural a unha ama que os cría).A solución era repartir aos expósitos polas aldeas, onde quedarían a cargo de amas de cría. De todos modos, hai máis expósitos que os que entran no hospital. O propio aumento demográfico leva a que haxa máis expósitos. Pero tamén ten que ver co feito de que os hospitais facilitasen a exposición, co obxectivo de salvar a vida de máis nenos (pois ata entrado o século XVIII unha persoa que levase ó neno ao hospicio podía ser sancionada. E isto ao final aboliuse e garantiuse que a persoa que depositase ó pequeno non lle ía pasar nada nin se ían facer averiguacións acerca dos orixes do pequeño). Isto fíxose para evitar que moitos pequenos morresen (evitar infanticidios), polo que se facilitou o incremento do nº de expósitos.

Entradas relacionadas: