Factores impulsores de la industrialización

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,64 KB

Factores impulsores da industrialización

A revolución industrial tivo su orixe en Gran Bretaña, a mediados do século XVIII, polos seguintes factores:

  • Sistema político liberal
  • Gran crecemento da poboación
  • Abundancia de recursos e materias primas
  • Facilidade de transporte
  • A posesión dun imprerio colonial

O sistema fabril de produción

Mecanización: o uso de máquinas substitúe o traballo humano. Fontes de enerxía: enerxía hidráulica, enerxía do carbón Sistema fabril: concentración de obreiros en grandes instalacións. Desaparición dos gremios.


A nova estrutura da propiedade

-Os grandes propietarios apropiáronse das terras comunais. -As enclousure acts avalaron legalmente este proceso. -A individualización da propiedade incentivou a producción e a mellora das técnicas. -Paso dos open fields a enclousures. -A desaparición dos comunais perxudicou o campesiñado, converténdose en xornaleiros ou obrigados a emigrar as cidades.


Os cambios no sistema de cultivo

Difusión da rotación cuadrienal (sistema norfolk). -Eliminación do barbeito. -Aumento da produción. -O incremento da forraxe provocou o aumento da cabana gandeira (máis abono e mellora da dieta).


Industrialización: proceso polo cal un Estado ou comunidade social pasa de un sistema económico baseado na agricultura a outro no que a industria é a principal actividade económica.

  • Capitalismo industrial: fase do capitalismo iniciada a final do século XVIII na cal a elite dominante (burguesía), basea o seu poder económico no control da actividade industrial.
  • Enclosure acts: leis de cerramentos de terras aprobadas en Gran Bretaña no século XVIII que permitiron a privatización das terras comunais.
  • Sistema Norfolk: sistema de cultivo consistente na rotación de cereal de verán, cereal de inverno e forraxes. Permitía eliminar o barbeito.
  • Industria téxtil: sector da industria dedicado á produción de fibras, telas e confeccionado de roupa.
  • Siderurxia: sector da industria centrado na transformación do mineral de ferro para obter o metal férrico ou aliaxes deste.
  • Mercado nacional: mercado interior dun Estado no cal non existe aduanas e as súas diferentes rexións están ben conectadas polo transporte.
  • Éxodo rural: proceso polo cal o campesiñado abandona o campo e emigra á cidade en busca de traballo.
  • Suburbios obreiros: barrios destinados ás vivendas do proletariado, normalmente faltos de planificación, infraestruturas (hospitais, escolas, etc.) e servizos (luz, rede de sumidoiros, auga corrente...).
  • Libre iniciativa: característica do liberalismo económico polo cal hai un predominio da empresa privada sobre o sector público, da propiedade privada sobre a propiedade pública e na primacía da lei da oferta e demanda. Supón a non intervención do Estado na economía.
  • Crise de superprodución: crise económica producida polo exceso de oferta de produtos e a falta de capacidade de consumo da poboación.
  • Sociedade de clases: forma de estratificación social no que a posición dun individuo na xerarquía da sociedade determínase polo súa capacidade económica.
  • Movemento obreiro: movemento social centrado na loita polos dereitos do proletariado. Os participantes asócianse na procura de: mellora de salarios, redución de xornada laboral, dereito a vacacións e seguros de desemprego, enfermidade e xubilación, así como de medidas de hixiene.
    • Camarillismo: grupo formado por nobres, membros do clero e militares que exercían influencia no goberno.
    • Caciquismo: sistema de coerción social exercido polas elites para controlar o voto nas zonas rurais.
    • Pronunciamento militar: alzamento militar para derrocar un goberno, promovido por un líder militar.
    • Progresistas: grupo político liberal que defendía liberdades amplas e a ampliación do sufraxio.
    • Moderados: grupo político liberal que defendía restricións nas liberdades, un sufraxio máis restrinxido e a intervención do rei na política.
    • Guerrillas: grupo reducido de voluntarios armados que evitan a batalla aberta.

Entradas relacionadas: