El foro en Galicia

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,3 KB

O FORO

O predominante en Galicia é o foro

Unha forma de cesión da propiedade que consistía en que o titular do dominio, o propietario (na maioría dos casos eran mosteiros ou tamén señores laicos e eclesiásticos), cedíalle unhas terras (con casa ou non) ao campesiño, fixando a duración da cesión e a renda que debía pagar por iso.

No foro a propiedade queda dividida

O que cede a terra ten o dereito de dominio (que consiste en que cobra unha renda); e o cultivador ten o dominio útil (ten dereito a cultivala, a transmitila seguindo unhas normas, e mesmo a vendela, hipotecala, etc., é dicir, os foreiros son cuasipropietarios).

A cesión da terra facíase por “voces” ou “xeracións

É dicir, que se o foro se facía a “3 voces” a cesión da terra pertencía aos campesiños cos que se establecía o foro, aos seus fillos e aos seus netos, e pasados estes, os propietarios iniciarían un novo foro. Polo que o problema do foro era que se trataba dunha cesión temporal, aínda que de bastante duración.

Complexidade e cambios

Cando un mosteiro facía un foro por voces, tiña que seguir a historia familiar de cada explotación para saber en que voz se atopaba. Pero este seguimento familiar era complexo, tendo en conta a amplitude das cesións e mesmo a ocultación das familias. Esta complexidade fixo que se optase por cambiar o sistema de cesión da terra por “voces” a un sistema de cesión da terra por “vidas de reis, máis frecuente a partir do XVII, xa que deste xeito os propietarios controlaban moito mellor a duración dos foros que cedían. E por isto tamén coinciden os conflitos cos foros coa morte dos reis.

Rendas e validez

As rendas do foro normalmente estipúlanse en especie (era unha renda fixa en especie, de cereais ou viño, á que poden engadirse porcos, capóns…). Ademais, había que trasladar a renda a onde se lle indicara para aforrar costos de transporte aos señores. Normalmente na época moderna as rendas son fixas, e son fixadas en partes proporcionais, ademais de ser pagos anuais, de aí que os campesiños xa soubesen o que ían pagar e os rendistas o que ían recibir. Si se pasaba 2 anos sen pagar o foro perdía validez. E se a renda é proporcional, o rendista ten que vixiar a colleita. As rendas proporcionais, frecuentes na idade media, só se mantiveron nas comarcas vitícolas e nalgunhas do litoral.

Derechos y pruebas

A proba de que o foro daba moitos dereitos ao campesiño témola no Catastro de Ensenada, onde os que declaran as terras son os campesiños (os que teñen os dereitos útiles). Mentres que cando as terras son arrendadas (período + curto, sen transmisión nin venda) decláraas o propietario. A renda, por certo, era independente da colleita.

Entradas relacionadas: