O Franquismo e a Posguerra en España: Características e Economía (1939-1959)
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,19 KB
A posguerra española e o primeiro franquismo (1939-1959)
Dende o remate da Guerra Civil en 1939 ata o Plan de Estabilización de 1959 transcorren os anos da posguerra, período caracterizado polas dificultades que seguen a todos os conflitos bélicos, pero agravadas polo illamento que a comunidade internacional estableceu ao réxime de Franco.
Foi un período caracterizado pola fame, a escaseza, a pobreza económica e a política ditatorial do Caudillo.
Características do primeiro Goberno do novo Estado Nacional
Xa antes de rematar a guerra, no 1938, Franco organizou o primeiro Goberno do novo Estado Nacional (Doc.1), caracterizado por:
- Confesionalidade católica do Estado.
- Férreo control contra os inimigos da Patria.
- Eliminación dos grupos políticos, agrupándoos nunha única formación.
- Abolición dos Estatutos de Autonomía e uniformidade da lingua, prohibindo todas as linguas de provincia.
- Supresión dos sindicatos, creándose o Sindicato Vertical para obreiros e patróns.
- Imposición dos valores castrenses.
O ordenamento xurídico: As Leis Fundamentais
O ordenamento xurídico estaba baseado nunhas normas básicas que se coñecen como as Leis Fundamentais, e que están inspiradas nos principios ideolóxicos do fascismo e do tradicionalismo:
- Foro do Traballo.
- Foro dos Españois (dereitos e deberes que na práctica non estaban garantidos).
- Lei do Referendo (a opinión pública pode sancionar as leis que decide o xefe de Estado).
- Leis de Sucesión (Franco é o xefe de Estado e pode elixir sucesor).
- Leis dos Principios do Movemento.
- Lei das Cortes.
- A Lei Orgánica do Estado do 1967, que é un convenio e síntese das anteriores.
A definición do Estado: A Democracia Orgánica
España quedou determinada como unha democracia orgánica, unha monarquía sen rei, e sería así ata a morte de Franco. Dicían que era orgánica porque consideraban os seus partidarios que existía unha verdadeira representación da sociedade a través dos seus órganos naturais e básicos: a familia, o concello e o sindicato.
A situación económica: Crise e Autarquía
Polo que respecta á actividade económica, a sociedade sufriu un retroceso na súa calidade de vida, tendo que recorrer moitas veces ao mercado negro ou volvendo ao campo para conseguir produtos de primeira necesidade.
O principal problema que tiña España era que se realizaban moitas importacións (Doc.2), e iso facía contraer moitas débedas cos países estranxeiros. Por ese motivo se vai realizar unha política autárquica, de autosuficiencia, deixando de importar produtos, creando industrias e primando as exportacións.