Fundamentos da Lingua e Cultura Galega: Un Percorrido Histórico e Lingüístico

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,12 KB

Contexto Histórico e Literario Galego (1900-1936)

No paso do século XIX ao XX, houbo unha serie de transformacións importantes. En primeiro lugar, de 1914 a 1918 tivo lugar a Primeira Guerra Mundial e en 1917 produciuse a Revolución Rusa. Outro cambio significativo foi a introdución de novas clases sociais, como a burguesía e o proletariado. Houbo unha variación no nivel económico debido á aparición da industria, pero a terra seguía mal repartida entre caciques e labregos. Isto propiciou a creación de asociacións agrarias, sendo a máis importante Acción Galega (1912). Tamén se produciu un cambio ideolóxico, pasando do Rexionalismo ao Nacionalismo. En 1916 creáronse as Irmandades da Fala.

Produción Literaria do Período

A produción literaria deste período (1900-1936) está composta pola poesía das Irmandades da Fala e as Vangardas, a narrativa da Xeración Nós e o teatro.

A Poesía das Irmandades

O autor máis importante é Ramón Cabanillas (1876-1959). Para a súa poética, influenciouse de:

  • Clásicos grecolatinos
  • Clásicos populares galegos do século XIX
  • Literatura popular galega
  • O saudosismo portugués

As súas temáticas principais inclúen:

  • Costumista: Reflicte os costumes do pobo galego dese período (ex: Vento Mareiro).
  • Intimista: Aborda aspectos persoais e sentimentais (ex: A rosa de cen follas).
  • Civil: Protesta pola situación que vive Galiza nese período (ex: Da terra asoballada).
  • Artúrica: Inspirada nas lendas artúricas (ex: Na noite estrelada).

Ademais da poesía, Cabanillas tamén publicou teatro, sendo a súa obra principal O Mariscal. Outro autor relevante é Noriega Varela, de temática ruralista, co seu libro principal Do Ermo.

A Xeración Nós (1920-1936)

A Xeración Nós, nomeada pola revista Nós (1920-1936), buscaba modernizar a narrativa galega e equiparala á europea. Estaba formada por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao e Cuevillas, e destacou pola súa variedade en narrativa, teatro, poesía, ensaio e debuxo. Tamén impulsaron proxectos como o Seminario de Estudos Galegos.

  • Castelao: Combinaba texto e debuxo, con humor crítico e temática popular en obras como Cousas, Os dous de sempre e Os vellos non deben namorarse.
  • Otero Pedrayo: Cultivou a narrativa histórica (A romaría de Xelmírez) e a contemporánea entre o século XIX e o século XX (Os camiños da vida arredor de si).
  • Vicente Risco: Activo entre 1917 e 1930, escribiu O porco de pé, de carácter satírico.

O Galego: Evolución e Desafíos (Finais do S. XX e Comezos do S. XXI)

Coa morte de Franco en 1975, o galego comezou un proceso de recuperación legal e social. A Constitución de 1978 recoñeceu a súa cooficialidade co castelán en Galicia, e o Estatuto de Autonomía de 1981 declarouno lingua propia. En 1983 aprobouse a Lei de Normalización Lingüística, establecendo a súa obrigatoriedade no ensino primario e secundario e a súa presenza na administración autonómica.

No século XXI, incrementouse a súa presenza en ámbitos políticos, culturais e dixitais, aínda que a perda de falantes continúa. Os datos recentes mostran un descenso do uso do galego, especialmente entre a mocidade, onde o castelán é xa a lingua predominante. A pesar disto, segue sendo máis falado que o catalán en Barcelona e o euskera en Bilbao. En 2024, só tres cidades (Santiago, Pontevedra e Ourense) aumentaron o seu uso. O futuro da lingua depende da sociedade galega, que pode escoller entre revitalizala ou permitir o seu progresivo abandono.

As Linguas da Península Ibérica

Na Península Ibérica fálanse varias linguas:

  • Xibraltar: O idioma oficial é o inglés, pero moita xente fala llanito, unha mestura de español e inglés.
  • Andorra: O único idioma oficial é o catalán, aínda que tamén falan castelán e francés.
  • Portugal: A lingua oficial é o portugués, unha das máis faladas do mundo. Ademais, no país tamén é oficial o mirandés.
  • España: O castelán é o único idioma oficial en todo o territorio. Tamén hai linguas cooficiais en varias comunidades:
    • Catalán (en Cataluña e Baleares)
    • Valenciano
    • Aranés
    • Euskera
    • Galego
    Outras linguas como o asturiano, o aragonés ou a fala extremeña non son oficiais.

Conceptos Fundamentais de Semántica

Sinónimos

Dúas ou máis palabras que teñen o mesmo significado. Existen dous tipos:

  • Totais: Palabras intercambiables en calquera contexto (ex: lágrima-bágoa).
  • Parciais: Palabras intercambiables nalgún contexto (ex: fino-delgado).

Termos Contrarios

Tres tipos:

  • Complementarios: A afirmación dun elemento implica a negación do outro (ex: vivo-morto).
  • Recíprocos: (ex: tío-sobriño).
  • Antónimos: Cando existe un termo intermedio (ex: mediano).

Homonimia e Polisemia

Palabras con varios significados.

  • Homonimia: Hai dous tipos:
    • Homófonos: Pronúncianse igual pero escríbense diferente (ex: abano-habano).
    • Homógrafos: Escríbense igual pero teñen significados diferentes (ex: banco-banco).
  • Polisemia: Unha palabra ten múltiples significados que proceden da mesma orixe e teñen unha única entrada no dicionario (ex: ollo).

Hiperónimo, Hipónimo e Cohipónimo

  • Hiperónimo: Engloba diferentes unidades (ex: flor).
  • Hipónimo: Cada unha desas unidades (ex: rosa).
  • Cohipónimo: Cada unidade con respecto á outra (ex: margarida).

Fonética Galega: Vogais Abertas e Pechadas

Vogais Abertas

As vogais considéranse abertas nos seguintes casos:

  • En palabras esdrúxulas.
  • Cando ditongan en castelán.
  • As que rematan en -el, -oi.
  • Cando van seguidas dunha consoante oclusiva (ex: bodega).
  • Cando rematan en -elo, -encia, -enza, -oide.

Vogais Pechadas

As vogais considéranse pechadas nos seguintes casos:

  • Cando van nun ditongo decrecente (I ou U como segunda vogal).
  • Infinitivos rematados en -er.
  • Terminacións -es, -or, -on, -oso.
  • Cando van seguidas dunha consoante palatal (-ll, -ch, -x).

Entradas relacionadas: