Fundamentos de Salud Humana y Procesos de Geodinámica Terrestre
Clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 9,27 KB
Saúde e Enfermidade: Conceptos Fundamentais
¿Que é a saúde?
A saúde é un estado de benestar físico, mental e social, e non soamente unha ausencia das enfermidades.
Cales son os factores que determinan a saúde?
- Factores biolóxicos: Refírense á información contida nos xenes e á idade. Son factores máis difíciles de modificar.
- Medio ambiente: Inclúen os factores físicos (temperatura), químicos (contaminantes na auga), biolóxicos e sociais.
- Servizos de atención sanitaria: Posibilidade de acceder a uns servizos sanitarios de calidade.
- Estilo de vida individual: Actividades ou comportamentos que teñen impacto sobre a saúde, como a actividade física ou a alimentación.
¿Que é a enfermidade?
É unha alteración continuada no tempo por causas que adoitan ser coñecidas e que manifesta uns síntomas e signos característicos.
Tipos de enfermidades
Poden ser infecciosas ou non infecciosas:
- Infecciosas: Son causadas por un axente patóxeno que penetra no organismo e infecta, como a gripe.
- Non infecciosas: Teñen as súas causas ou factores moi variados, por exemplo, a diabetes. Entre estes hai varios tipos:
- Trastornos mentais ou do comportamento (esquizofrenia).
- Dexenerativas (Alzhéimer).
- Dos diferentes sistemas e aparatos.
- Autoinmunes (alerxias).
- Traumatismos, intoxicacións ou outras consecuencias das causas externas.
- Endocrinas, nutricionais ou metabólicas (diabetes, bulimia...).
- Neoplasias ou tumorais (benignas ou malignas).
- Xenéticas (hemofilia).
Prevención e Tratamento
- Vacina: Prevén a enfermidade, non cura; o microorganismo é debilitado pero o sistema logo lémbrao.
- Soro: Cura a enfermidade xa que contén anticorpos.
- Medicamento: Os antibióticos matan bacterias, os antivíricos matan virus e os antifúnxicos matan fungos.
Vías de Transmisión e Resposta Inmunitaria
Vías de transmisión
- Vía dixestiva: Entrada a través da auga ou de alimentos contaminados.
- Vía respiratoria: A través do aire poden entrar diferentes microorganismos como o virus da gripe.
- Vía xenitourinaria: Entrada da bacteria da sífilis, o herpes do papiloma ou o VIH se se realizan prácticas sexuais sen protección.
- Vía cutánea: A través de feridas poden penetrar microorganismos ao corpo.
¿Que dous tipos de resposta inmunitaria existen?
Está a innata ou inespecífica e a adquirida ou específica.
- Innata ou inespecífica: Está presente desde que nacemos e é a primeira liña de defensa que ten o organismo. Dise que é inespecífica porque non ataca un axente patóxeno en concreto.
- Adquirida ou específica: Actúa contra un axente patóxeno ou estraño en concreto.
Cales son as barreiras externas que ten o noso organismo?
Son as barreiras primarias:
- Estruturais: Pertencen á pel e ás mucosas que revisten as cavidades internas, como as vías respiratorias.
- Mecánicas: Movemento dos cilios que recobren a parede intestinal.
- Bioquímicas: Secrecións sebáceas da pel, as bágoas, os zumes gástricos e a saliva son algúns exemplos.
- Biolóxicas: Microbiota ou conxunto de microorganismos que habitan de forma habitual no sistema gastrointestinal, a pel, as vías respiratorias e a vaxina.
Respostas Inmunes Específicas
- Resposta humoral: Mecanismo de defensa que se encarga dunha formación de anticorpos (linfocitos B) para destruír aos antíxenos.
- Resposta primaria: Reacción do sistema inmune que inclúe catro tipos: estruturais, mecánicas, bioquímicas e biolóxicas.
- Resposta secundaria: Reacción do sistema secundario que inclúe os fagocitos (tipo de glóbulo branco) no sangue e nos tecidos.
Procesos Geológicos Externos
Meteorización
Conxunto de procesos que producen a rotura e disgregación da roca.
- Tipos:
- Mecánica: A roca non cambia a súa composición química (fragméntase).
- Química: Cambio na composición química (fragméntase).
- Biolóxica: Debido aos seres vivos.
- Gelifracción: A auga entra en gretas, xéase ao baixar a temperatura, aumentando o volume e actuando como cuña que ensancha as gretas.
Erosión, Transporte e Sedimentación
Erosión: Retirada dos materiais do seu lugar de orixe.
- Exemplo: O Gran Cañón; circulaba un río, o axente é o río (auga) e o proceso é a erosión.
- Exemplo: Cantil; as ondas erosionan a roca e algúns restos son dun material máis resistente, por iso quedan onde están; hai unha praia porque hai pouca corrente.
- Exemplo: Disolución de rocas formando grutas e galerías; a auga da chuvia infíltrase polo terreo e recolle minerais (só funciona en roca caliza). Proceso: carbonatación. O que colga é a estalactita e o que se forma no chan é a estalagmita.
- Exemplo: Fragas do Eume; o río produciu a erosión. Forma de "U": o axente é un glaciar.
Transporte: Unha roca plana e suave denomínase canto rodado.
- Tipos de transporte nunha masa de auga:
- Suspensión: Materiais máis pequenos.
- Saltación: Materiais pequenos.
- Rodadura: Materiais medianos.
- Arrastre: Materiais grandes.
- Os materiais moi grandes non se transportan.
Sedimentos: Deposítanse rocas pequenas onde hai menos corrente e as grandes onde si hai corrente.
Acción do Vento
- Aeroxeradores: Non se poñen nin con pouco nin con demasiado vento.
- Seta pétrea: As partículas pequenas non fan nada, as medianas teñen menos impacto e hai partículas máis grandes que erosionan a base. Proceso: erosión (abrasión por transporte de vento). Axente: vento.
Xeoloxía e Dinámica Terrestre
Glaciares e Hidrosfera
- Oasis: Afloramentos de auga subterránea na superficie que dan lugar a un oco con auga.
- Glaciar:
- Glaciares de circo: Picos de Europa.
- De casquete: Zonas polares (ex: Antártida).
- Glaciar alpino: Zona de alta montaña (ex: Himalaya).
- Mar:
- Ondas: Off-shore (vento contra a onda), on-shore (vento coa onda), Glassy (sen vento ou 0-5 km/h, a mellor).
- Mareas: Ascenso e descenso da auga pola atracción que exerce a lúa. Marea alta ou pleamar (marea viva), marea baixa ou baixamar (marea morta). Proceso de 6 horas.
- Correntes mariñas: Grandes masas de auga en movemento. Dependen da salinidade, o vento e a temperatura. Tipos: cálidas e frías.
Formacións Singulares e Interior da Terra
- Chimeneas de hadas: Proceso xeolóxico predominante: erosión. Axente xeolóxico: augas de arroiada. As rocas duras cobren ás brandas en forma de "efecto paraugas", formando columnas.
- Centro da Terra: 6371 km. Métodos directos (estudan os materiais do interior): mina máis profunda (4 km), sondeo máis profundo (12 km en Rusia).
Terremotos e Sismoloxía
- Hipocentro: Punto no interior da terra onde se orixina o terremoto.
- Epicentro: Punto na superficie en liña vertical sobre o hipocentro.
- Ondas sísmicas:
- Onda P: Primaria, vén do hipocentro, as partículas vibran na dirección de propagación.
- Onda S: Secundaria, perpendicular á dirección de propagación.
- Ondas superficiais: Ondas L (Love) e ondas R (Rayleigh); son as que causan os destrozos.
- Escalas de medida:
- Richter: Magnitude do terremoto (cantidade de enerxía liberada no hipocentro). Baséase en datos instrumentais.
- Mercalli: Intensidade do terremoto, baséase en observacións dos danos.
- Dato histórico: O maior terremoto rexistrado foi en Valdivia, Chile, o 22 de maio de 1960, cunha magnitude de 9.5.