Fundamentos de Topografía: Equipos, GNSS y Metodología de Campo

Clasificado en Otras materias

Escrito el en español con un tamaño de 3,32 KB

Sectores do sistema GNSS

  • Sector espacial: Formado polos satélites que emiten sinais desde o espazo.
  • Sector de control: Estacións en terra que controlan os satélites e corrixen erros.
  • Sector de usuario: Receptores que utilizan os usuarios para obter posición, velocidade e tempo.

Tipos de niveis dunha estación total

Segundo o tema, os niveis poden ser:

  • Nivel esférico: Burbulla dentro dun casquete; serve para nivelación aproximada.
  • Nivel tórico: Máis preciso, a burbulla debe situarse entre marcas para estar horizontal.
  • Nivel electrónico: Usa sensores (xiroscopios/clinómetros) para nivelar con maior precisión.

Tipos de plomada nun instrumento topográfico

  • Plomada de gravidade: Peso colgado que marca a vertical.
  • Plomada óptica: Permite ver o punto de estación mediante un sistema óptico.
  • Plomada láser: Emite un punto láser que indica a vertical do instrumento.

Traballo previo en gabinete

Explica o traballo previo en gabinete e a súa importancia nun levantamento topográfico: Consiste en analizar a cartografía da zona antes de ir ao campo (Google Maps, catastro, etc.) para coñecer o terreo e detectar posibles obstáculos. É importante porque permite planificar o traballo, evitar erros durante a medición e aumentar a produtividade.

Recoñecemento do terreo

Explica en que consiste o recoñecemento do terreo e que aspectos se deben ter en conta: É a análise do terreo antes de comezar a medición. Débense observar as pendentes, presenza de auga, animais, límites da parcela, firmeza do chan e obstáculos. Serve para planificar a medición e escoller o método máis adecuado.

Comparativa: GPS vs. Estación Total

Compara as vantaxes e inconvenientes do GPS e da estación total: A estación total ten alta precisión e non depende de factores externos, pero necesita visibilidade e pode acumular erros. O GPS é rápido e permite medir puntos de forma independente cun só operario, pero depende da sinal dos satélites e pode perder precisión por obstáculos.

Croquis de campo

Explica que é un croquis de campo e que debe incluír: É un debuxo a man alzada do terreo antes de medir. Serve para planificar a toma de datos e identificar os puntos. Debe incluír límites, elementos do terreo e puntos co seu código.

Elementos dun equipo topográfico

Explica os elementos principais dun equipo topográfico e a súa función:

  • Trípode: Soporte do instrumento.
  • Niveis: Aseguran a horizontalidade.
  • Plomada: Sitúa o instrumento na vertical do punto.
  • Anteollo: Permite observar.
  • Prisma: Serve para medir distancias.

Sinalización en topografía

Explica os principais elementos de sinalización empregados en topografía: Son elementos que marcan puntos no terreo. Inclúen estacas, cravos, fitos e pintura. Serven para identificar os puntos do levantamento.

Entradas relacionadas: