O galego de 1936 a 1975 e a súa evolución ata o século XXI: Temas, autores e características lingüísticas e literarias
O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais
A partir do ano 1939, finalizada a Guerra Civil, iníase en Galicia, unha vez máis, un período de interrupción das actividades culturais e lingüísticas propias. A Igrexa, a escola, a Administración pública, os medios de comunicación… van empezar a usar exclusivamente o castelán. Galicia sumerxese nun silencio profundo e o galego convértese nunha lingua clandestina.
Entre 1936 e 1950, anos da máis dura e pechada etapa do franquismo, apenas se publican libros en galego. Sen editoriais, mortos, silenciados ou exiliados os galeguistas, a Galicia territorial cede a súa palabra á Galicia americana. Converten Buenos Aires na capital cultural e espiritual de Galicia.
No ano 1950, un grupo de galeguistas entre os que se encontraban Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Fernández del Riego, Ferro Couselo e outros, crea a editorial Galaxia, que axiña se converterá nun dos principais instrumentos de recuperación cultural galega. Galicia vai recuperando pouco a pouco a súa voz e xorden arredor dos anos sesenta diferentes institucións e asociacións culturais.
A contestación política ao réxime franquista reactívase coa fundación da UPG en 1964 e do Partido Socialista Galego (1965), que representan un novo galeguismo que reclama o dereito á autodeterminación e adopta unha defensa decidida da lingua galega.
En 1963, con motivo do centenario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, a Real Academia Galega institúe a efeméride das Letras Galegas, cada 17 de maio. No ano 1965, a lingua e a literatura galegas entran nos plans de estudo da Universidade de Santiago, sendo o primeiro catedrático Ricardo Carballo Calero. En 1971 créase o Instituto da Lingua Galega, organismo universitario que irá participar activamente na definición da norma culta do galego moderno.
O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais
Morto Franco (1975) e instaurada, despois da transición política, unha democracia parlamentaria (Constitución de 1978), Galicia dótase dun Estatuto de Autonomía (1981) e de institucións propias como a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia.
O galego incorpórase ás máis variadas funcións: xornais e revistas, ensino, radio e televisión, libro didáctico, e emprégase na Universidade, na Administración, na Igrexa, na publicidade… Non obstante, a pesar desta presenza, semella que aínda se está lonxe de conseguir a recuperación total do idioma.
En 1982, fruto deste acordo, a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega publican as Normas Ortográficas do Idioma Galego, que definen o estándar da lingua contemporánea e que a Xunta de Galicia adoptou como oficiais.
No ano 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingüística, que supón, entre outras cousas, a incorporación da lingua galega ao sistema educativo oficial, o cal se realiza sistematicamente na propia lingua. No ano 2004 apróbase por unanimidade no Parlamento galego o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, documento que deseña actuacións de promoción e defensa do idioma para convertelo en lingua de uso normal en Galicia.
Malia estes cambios, a situación social da lingua nestes últimos anos non sufriu grandes transformacións. O galego segue a perder falantes iniciais e habituais, e tampouco consegue desterrar vellos e novos estereotipos lingüísticos negativos, que fan que o seu uso habitual, sobre todo entre os máis novos, diminúa día a día. O galego debátese hoxe entre o positivo dos avances acadados e a preocupante persistencia e os síntomas moi negativos para o futuro da lingua. Na situación de conflito lingüístico que aínda estamos a vivir, de non cambiar as tendencias, o galego pode chegar a desaparecer; por outra banda, a nosa lingua xa superou ao longo da súa historia outras situacións desfavorables máis complexas.
A poesía de finais do século XX e comezos do XXI: temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes
O mundo cultural galego vive, xa desde os últimos anos setenta, un período de intensa renovación.
A poesía galega inicia unha nova etapa a partir de Con pólvora e magnolias (Méndez Ferrín), que supuxo unha ruptura co sociorrealismo, movemento que comezaba a ser rexeitado como forma inoperante pola súa falta de rigor estético, supeditado á súa mensaxe social repetitiva. Será nos anos 80 cando se poida considerar a nosa poesía máis universal e actual, unha poesía caracterizada pola multiplicación temática e formal.
Características da poesía dos 80
- Culturalismo: empréganse referencias literarias, filosóficas e mitolóxicas.
- Experimentalismo: os poetas desta época concéntranse na procura de novas formas rítmicas e retóricas e na investigación idiomática, á procura dunha nova linguaxe poética de elaborado rexistro e nivel culto.
- Esteticismo: predomina a beleza construtiva sobre os aspectos morais, sociais ou de calquera outra índole. Extrema preocupación polas cuestións formais.
- Europeísmo e cosmopolitismo: o espírito renovador. Prodúcese deste xeito un redescubrimento do espírito das vangardas e a incorporación dos movementos artísticos modernos.
- Apertura temática: ofrécese unha nova visión da paisaxe e da natureza. Moitos dos poetas dos 80 dánse a coñecer no seo de determinados colectivos poéticos:
- Rompente (Antón Reixa e Alfonso Pexegueiro)
- Cravo Fondo (Fiz Vergara Vilariño e Helena Villar Janeiro)
- Alén (Xosé Ramón Pena)
- Revista Loia (Manuel Rivas, Lois Pereiro)
A poesía dos 90
A comezos dos 90, unha nova promoción de autores procedentes de diferentes territorios literarios ou intelectuais devolve unha certa vitalidade ao mundo da poesía galega.
Algúns dos factores que determinan a nova situación dos anos 90 son a aparición de novos premios literarios e o nacemento de novas publicacións literarias, así como un certo renacer da temática social, orientada agora cara ás actuais modas e modos de manifestar o compromiso.
As tendencias máis salientables son:
- Poesía feminina-feminista: Olga Novo.
- Poética do cotián: linguaxe directa. Fran Alonso.
- Poética experimental: Arturo Regueiro.
- Poética do coñecemento: Miro Villar.
Autores máis importantes
- A cabalo entre o realismo social e as novas tendencias está Darío Xohán Cabana.
- Xosé María Álvarez Cáccamo: a realidade a través de vivencias familiares (Praia das Furnas).
- Miguel Anxo Ferrán-Vello.
A partir dos anos noventa é aínda máis difícil falar de tendencias comúns, dado o carácter individualista de cada poeta. A pluralidade é a nota dominante.
Desde o punto de vista temático, uns autores adoptan unha actitude desmitificadora, combativa ou provocadora, mentres outros teñen enfoques máis tradicionais. Algunhas tendencias máis ou menos compartidas poderían ser:
- Linguaxe máis directa e coloquial.
- Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades.
A muller nesta época empeza a ter moita importancia na poesía galega. As autoras máis importantes son: Luísa Villalta, Chus Pato, Iolanda Castaño e Lupe Gómez.
A prosa de finais do século XX e comezos do XXI: temas e autores dos 80 e 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes
O panorama social galego evolucionou ostensiblemente no período democrático con respecto á etapa anterior, o que se ve reflectido na nosa literatura. Os autores tratarán temas que adquiren especial relevancia nos últimos tempos, como a corrupción, o narcotráfico, o paro ou a delincuencia.
As influencias de Kafka, J. Joyce e Faulkner, proporcionadas por outras literaturas, xeran novos modelos que seguen desenvolvéndose desde os anos oitenta e que se poden resumir en:
- Ás veces pode chegar a desaparecer o argumento nunha obra.
- Os personaxes deixan de ser os heroes centrais arredor dos cales xira o relato.
- Prodúcense rupturas na presentación cronolóxica dos feitos.
- O narrador deixa de ser omnisciente.
- Empréganse a multiperspectiva.
Desde o punto de vista estilístico e formal:
- Desaparecen os seus límites e inclúense nela textos de diferentes tipos.
- Suprímense os capítulos.
- Preséntanse varias historias combinadas.
Literatura «de quiosco»
- Xénero policial: Crime en Compostela (1984), de Carlos G. Reigosa; Un home xaceu aquí (1993), de Aníbal C.
- Ficción científica: iniciada por Lois Diéguez coa novela Galou Z-28. As flores radioactivas, de Agustín Fernández Paz; A sombra cazadora (1994), de Suso de Toro.
- Novela do Oeste: A morte de Frank González, de Xosé Fernández Ferreiro; Os outros disparos de Billy, de Carlos Reigosa; Por unha presa de machacantes, de Isidro Novo.
- Relato erótico: Anel de mel, de Xulio López Valcárcel.
Literatura autóctona
- Literatura realista: acción no rural (Morrer en Castrelo de Miño, de Xosé Fernández Ferreiro, e Trailer, de Francisco Alonso).
- Novela histórica: O triángulo inscrito na circunferencia, de Vicente Freixanes; Xa vai o grifón no vento, de Alfredo Conde, e Morte de rei, de Darío Xohán Cabana.
- Novela de aventuras: cultivada por Xavier Alcalá (Cárcere verde, Latitude austral) e Marilar Aleixandre (A expedición do Pacífico).
- Novela feminina ou feminista: O soño perdido de Elvira M., de Úrsula Heinze, e Amantia, de M.ª Xosé Queizán.
- Novela intimista: frecuentemente empregada por Marina Mayoral en novelas como Unha árbore, un adeus.
- Novela artúrica: Amor de Artur, de Xosé Luís Méndez Ferrín, ou Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana.
- Narrativa de misterio ou terror: A neve é a cadeira, de Xosé Miranda.
- Narrativa humorística: desde a ironía, a parodia ou o esperpento.
- Narrativa centrada no tema da Guerra Civil: ademais de escritores de posguerra, retomaron este tema autores como Ricardo Carballo Calero (Scórpio) e Carlos Casares (Os mortos daquel verán).
- Cunqueirismo: literatura na que se mestura o fantástico co real. Darío Xohán Cabana (Agora cun ceo de lama) e Xosé Miranda (Libro dos moradores).
- Narrativa experimentalista: Margarito Ledo Andión (Porta blindada) e Xelís de Toro (Non hai misericordia).
Literatura infantil e xuvenil
A implantación de materias de Lingua Galega e Literatura no ensino primario e secundario a comezos dos oitenta vai favorecer especialmente a proliferación de títulos destinados aos lectores máis novos. Os camiños seguidos polos autores son diversos, e así van aparecendo obras de distinto signo:
- As que presentan un mundo fantástico (Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín).
- Obras de carácter simbólico e alegórico.
- Novelas de aventuras (O misterio das bandaladas, de Xabier P.).
- Obras de ficción científica (Mutacións xenéticas, de Fina Casalderrey).
- Obras pertencentes ao xénero detectivesco (Mambo negro, de Cristina Frasié).
- Historias de amor (Anagnórise, de M.ª Victoria Moreno).
- Novelas de viaxe.
O teatro a finais do século XX e comezos do XXI: temas e autores dos 80 e 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes
A importante recuperación do teatro galego a partir da década dos setenta vese fortalecida nas seguintes. Ademais da consolidación de autores como Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño ou Euloxio Ruibal, aparecen outros novos como Xesús Pisón, Miguel Anxo Ferrán-Vello e Cándido Pazó.
Por outra banda, o Centro Dramático Galego desempeña desde 1984 un labor esencial como centro artístico, posibilitando que diversos creadores e profesionais poidan desenvolver a súa actividade.
Esta nova xeración dos oitenta vai abandonando paseniño o teatro de temática social da década anterior para abordar novos problemas desde perspectivas diferentes. A heteroxeneidade será, pois, o que defina a este grupo de autores, que se caracterizan por presentar nas súas obras unha predominante vocación culturalista, materializada en textos de alta densidade lírica e de forte contido simbólico.
Autores desta xeración destacados
- Xesús Pisón: O xigante don Grandulfo, señor Tentequedo.
- Manuel Guede Oliva: tradutor e adaptador de autores clásicos (La Bella Otero).
- Joan Guisán Seijas: Un frío chamado Federico.
- Miguel Anxo Ferrán-Vello: A casa dos afogados, un drama fantástico no que o autor recrea a realidade sempre fronteiriza da Fisterra, rexión poboada de brumas, pantasmas e seres enigmáticos da Galicia máxica.
Teatro dos anos 90
Nos anos 90 o teatro galego caracterízase pola continuidade e consolidación de autores de promocións anteriores e pola presenza doutros máis novos.
Unha característica fundamental desta xeración de novos autores será a estreita vinculación coa práctica teatral de moitos deles, feito que, non obstante, non incidirá nos trazos formais ou temáticos dos seus textos.
Ademais doutros autores, destacan neste período Cándido Pazó, que inicia a súa traxectoria como actor no grupo viguês A Farándula; Lino Braxe, que publica unha serie de textos nun volume que leva por nombre A promesa; e Miguel Anxo Murado, que ten publicadas dúas interesantes pezas nas que recrea vellos argumentos partindo da reelaboración de situacións, propondo novas solucións a conflitos coñecidos. Outros autores a ter en conta son Quico Cadaval, Raúl Dans e Inma António Souto.