Fenómenos vocálicos orales en galego: metafonía, harmonización, labialización y outros procesos
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,9 KB
♫Algúns fenómenos orais que afectan ao vocalismo
•No vocalismo tónico é característica a metafonía, que consiste no pechamento ou abertura das vogais medias tónicas por influencia dun fonema /o/ ou /a/ ao final da palabra.
•No vocalismo átono son comúns algúns fenómenos de vacilación vocálica:
→ Harmonización vocálica
As vogais tónicas /ú/ e /í/ e mais o ditongo /éi/ tenden a pechar as vogais átonas de abertura media da sílaba precedente (fuciño, anduríña, pidir, rigueiro, cireixa, piquiniña por fociño, andoriña, pedir, regueiro, cereixa, pequeniño).
→ Labialización
Altérase en /o/ unha vogal cando vai en contacto con consoante labial ou labiodental: lovar, somana, formento (por levar, semana, fermento).
Outros fenómenos vocálicos comúns na lingua oral son os seguintes:
•Aférese, ou perda dunha vogal ao principio da palabra: inda, topar (por ainda e atopar).
•Síncope, ou perda da vogal no medio da palabra: espranza, vran, pra (por esperanza, veran, para).
•Apócope, ou perda dunha vogal ao final da palabra: quer (por quere).
•Prótese, que consiste en engadir unha vogal ao principio da palabra: abídueiro, arradio, arremedar (por bidueiro, radio, remedar).
•Epéntese, ou intercalación dun iode entre dúas vogais que forman hiato: a iauga, a ialma, comeraio (por a auga, a alma, comerao).
•Paragoxe, ou aparición dunha vogal ao final da palabra: mullere, nose, fácile, corazonhe (por muller, nós, fácil, corazón).
Inventario fonético
Vogais
/i/ → pechada palatal.
/u/ → pechada velar.
/e/ → semipechada palatal.
/ε/ → semiaberta palatal.
/o/ → semipechada velar.
/Θ/ → semiaberta velar.
/a/ → aberta central.
Consoantes
/b/ → bilabial sonora oclusiva.
/p/ → bilabial xorda oclusiva.
/m/ → bilabial sonora nasal.
/f/ → labiodental xorda fricativa.
/θ/ → (CinZa) interdental xorda fricativa.
/d/ → dental sonora oclusiva.
/t/ → dental xorda oclusiva.
/n/ → alveolar sonora nasal.
/l/ → alveolar sonora líquida lateral.
/Γ/ → (ouro) alveolar sonora líquida vibrante simple.
/r/ → (raio, carro) alveolar sonora líquida vibrante múltiple.
/s/ → alveolar xorda fricativa.
/μ/ → (leña) palatal sonora nasal.
/λ/ → (ollo) palatal sonora líquida lateral.
/∫/ → (xeo) palatal xorda fricativa.
/t∫/ → (rocha) palatal xorda africada.
/g/ → velar sonora oclusiva.
/η/ → (unha) velar sonora nasal.
/k/ → (casa, quen) velar xorda oclusiva.