GALEGO

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,79 KB

A “dramática social” ou “xeración dos 50” xorde na posguerra como un teatro renovador marcado pola represión. Estés autores empregan o teatro como ferramenta de crítica social, reflectindo conflitos individuáis e colectivos e tratando temas diversos cunha clara intención crítica. DANIEL CORTEZÓN destaca polo cultivo do drama histórico, no que realiza unha profunda revisión do pasado galego desde unha perspectiva comprometida. As súas obras presentan tramas complexas e moi elaboradas, resultado dun rigoroso traballo de documentación. A través da historia, pretende evitar o esquecemento colectivo e provocar unha reflexión crítica no público, convertendo o teatro nun medio para recuperar a memoria e abrir camiños de esperanza. XOHANA TORRES, pola súa parte, ofrece unha visión máis lírica e intimista, incorporando unha perspectiva feminina pouco habitual na época. As súas obras combinan o compromiso social co tratamento de conflitos persoais, como o exilio, a identidade ou o amor. Destacan tamén pola presenza de protagonistas femininas ben definidas e pola análise da realidade galega tanto desde o punto de vista social como individual.

O grupo de Ribadavia xorde a fináis dos anos 60 nun momento de recuperación do teatro galego. A Mostrá de Teatro de Ribadavia foi clave como espazo de impulso e difusión. Carácterízase polo experimentalismo, a influencia de correntes europeas e polo seu carácter comprometido, denunciando a opresión política, lingüística e cultural. EULOXIO RODRÍGUEZ RUIBAL desenvolvé un teatro de ton experimental que evoluciona desde a denuncia da opresión cara a formas máis simbólicas e complexas, empregando técnicas innovadoras e unha forte carga crítica. Manuel LOURENZO é unha figura clave, cunha obra moi ampla e diversa organizada en tres liñas: a mítica (actualiza mitos clásicos), a histórica (recupera figuras e feitos de Galicia) e a do “teatro inmediato”, centrada na crítica directa da sociedade contemporánea. Roberto Vidal Bolaño destaca pola súa capacidade para representar conflitos sociais cun estilo realista e irónico. Nas súas obras combina a tradición popular coa crítica política e social, e tamén realiza reinterpretacións desmitificadoras da historia e da cultura galega.

Entradas relacionadas: