Galicia durante os Austrias (séculos XVI e XVII): política, economía e sociedade
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Historia
Escrito el en
español con un tamaño de 3,88 KB
Actualizado el
Resumen
O documento describe a Galicia dos Austrias como un territorio periférico pero estratéxico na ruta marítima cara aos Países Baixos. Explica a organización territorial en sete provincias, as Xuntas do Reino, a recuperación do voto en Cortes e a base agrícola feudal da economía. Tamén analiza as crises de subsistencia, a estrutura social rural e o papel da nobreza e da fidalguía.
Puntos clave
- Galicia estaba dividida en sete provincias desde mediados do século XVI: A Coruña, Betanzos, Santiago, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui.
- As Xuntas do Reino de Galicia actuaban como portavoz das provincias e, desde 1528, como representación do Reino.
- Con Filipe III, Galicia recuperou o voto en Cortes a cambio de 10.000 ducados.
- A economía era fundamentalmente agrícola: máis do 80% da poboación vivía do campo.
- As crises de subsistencia (malas colleitas, fames, pestes) provocaron a diminución da poboación, sendo grave o ciclo de 1633-1636.
- A estrutura social era esencialmente rural, con cidades moi pequenas, e a fidalguía foi o grupo dominante no século XVII.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
O Reino de Galicia durante o Reinado dos Austrias
Durante o reinado dos Austrias, Galicia mantivo unha posición periférica pero estratexicamente importante por ser un punto vital na ruta marítima cara aos Países Baixos.
Organización Territorial e Institucional
Galicia estaba dividida en sete provincias dende mediados do século XVI:
- A Coruña
- Betanzos
- Santiago
- Mondoñedo
- Lugo
- Ourense
- Tui
Tamén no século XVI se crearon as Xuntas do Reino de Galicia, institución que actuaba como portavoz das sete provincias e, dende 1528, como representación do Reino.
A Recuperación do Voto en Cortes
No século XVII, con Filipe III, Galicia recuperou o dereito de ter voz e voto nas Cortes de Castela a cambio da entrega de 10.000 ducados, xa que se perdera no século XVI (ou S. X, segundo algunhas fontes). A recuperación deste voto foi un obxectivo compartido polas oligarquías galegas e unha das máximas preocupacións da Xunta do Reino.
Economía e Demografía Galega (Séculos XVI e XVII)
A Base Agrícola e o Sistema Feudal
A economía e sociedade galega dos séculos XVI e XVII foi fundamentalmente agrícola: máis do 80% da poboación vivía do campo. Ata 1560-1580 mantívose o sistema tradicional de produción feudal baseado no cultivo de cereais e no barbeito, o que permitiu o crecemento da poboación.
Crises de Subsistencia e Transformación Agraria
A partir desas datas, o desequilibrio entre poboación e recursos favoreceu a aparición das crises de subsistencia (malas colleitas, fames, pestes) que provocaron a diminución da poboación, sendo grave o ciclo negativo de 1633-1636.
Estas dificultades deron lugar á transformación do sistema de cultivo. Dende a costa e cara ao interior, foise estendendo o cultivo do millo, o que fixo que diminuíra o barbeito. Todos estes cambios permitiron, posteriormente, un forte crecemento da poboación.
Actividades Complementarias: Pesca e Salgadura
A pesca era unha actividade que complementaba a dieta alimenticia das poboacións costeiras e que potenciaba a economía (campañas da pesca do bacallau). Tamén foi importante a salgadura de peixe, especialmente da sardiña, en numerosas instalacións distribuídas ao longo de toda a costa galega.
Estrutura Social da Galicia dos Austrias
O Carácter Rural e as Cidades
En canto á estrutura social, a Galicia dos Austrias era esencialmente rural e as cidades eran moi pequenas, destacando:
- Santiago de Compostela: Polas súas funcións relixiosas.
- A Coruña: Sede das institucións de goberno.
- Pontevedra: En declive e relacionada coa pesca e salgadura da sardiña.
As actividades artesanais e comerciais eran escasas, predominando a autarquía comarcal. Destaca a produción doméstica de tecidos de liño dedicados ao consumo familiar e á venda aos grupos privilexiados.
A Nobreza e a Fidalguía
A nobreza, en moitos casos, desempeñou elevados cargos na administración dos Austrias e, pouco a pouco, vinculouse coas familias nobiliarias castelás. Membros destacados desta nobreza foron:
- Fernando de Andrade, conde de Vilalba.
- Fernando de Castro, conde de Lemos.
- Gaspar e Diego Sarmiento, conde de Gondomar.
O absentismo da alta nobreza permitiu o auxe da fidalguía, grupo dominante en Galicia no século XVII. Os fidalgos, xunto cos clérigos, eran os principais propietarios das terras e controladores das rendas agrícolas a través do cobro dos foros, que gravaban as terras que traballaban os campesiños (foreiros).
Preguntas frecuentes
Como estaba organizada administrativamente Galicia no tempo dos Austrias?
Galicia estaba dividida en sete provincias desde mediados do século XVI. As Xuntas do Reino actuaban como portavoz destas provincias e, desde 1528, como representación do Reino.
Por que se recuperou o voto de Galicia en Cortes?
No século XVII, con Filipe III, Galicia recuperou o dereito de voz e voto nas Cortes de Castela a cambio da entrega de 10.000 ducados. Era un obxectivo compartido polas oligarquías galegas.
Que provocou a diminución da poboación galega nos séculos XVI e XVII?
As crises de subsistencia, como as malas colleitas, as fames e as pestes, provocaron a diminución da poboación. O ciclo negativo de 1633-1636 foi especialmente grave.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.