Galicia na Posguerra: Evolución Socioeconómica, Política e Cultural baixo o Franquismo
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,12 KB
Contexto Socioeconómico
En canto ao contexto socioeconómico, despois da Guerra Civil (1936-39), comeza unha ditadura franquista caracterizada pola ausencia de liberdade (libre expresión, reunións) e a anulación de dereitos (políticos, culturais). É un período de retroceso social e económico e de nova ruralización.
A partir dos anos 50, maniféstase unha moderada industrialización. Lévase a cabo a construción de grandes encoros e destaca a importancia do sector naval. Desenvólvense outros sectores como o sector servizos, así como a produción cárnica, leiteira e madeireira. Porén, acentúase a emigración, agora con destino aos países europeos como Inglaterra, Francia e Suíza, e tamén cara ás zonas máis industrializadas do Estado, como poden ser Cataluña e o País Vasco.
Ámbito Político
No ámbito político, a vida caracterizouse pola represión, os asasinatos, os encarceramentos e o exilio. Durante os anos 40, xurdiu unha resistencia de guerrillas que finalmente foi aniquilada (a coñecida como Guerra de Guerrillas). Destaca "O Piloto" como o último home que resistiu.
Xa nos anos 60, renace a oposición desde a clandestinidade (con tendencia á radicalización). Predominan os grupos comunistas (Movemento Obreiro) e xurde un novo nacionalismo moi á esquerda.
Contexto Cultural
En canto ao contexto cultural, case desaparecen as producións xornalísticas e os movementos culturais de antes da Guerra Civil. O uso do galego segue sendo maioritario, pero reducíanse os rexistros informais.
Ámbito Literario
A Primeira Posguerra (Anos 40)
No ámbito literario, diferéncianse varias etapas. Na primeira posguerra, a literatura autóctona está silenciada. Deuselle continuidade grazas a aqueles escritores e empresas culturais que puideron fuxir ao exilio. Ademais, unha mostra importante da nosa literatura editaríase e reeditaríase en Arxentina (Bos Aires), Venezuela, Cuba e México.
Os Anos 50: Un Fito Histórico
Nos anos 50, créase a Editorial Galaxia, o que sería un fito histórico. Publícase, ademais, unha revista trimestral da colección Grial. Publícase Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia. Aparece en Pontevedra a colección de poesía (Benito Soto), e danse a coñecer novas revistas bilingües como Alba ou Mensajes de Poesía.
Os Anos 60: Resistencia e Socioculturalismo
Xa nos anos 60, destacan as asociacións culturais, como O Facho (A Coruña) e O Galo (Santiago). Comeza a verse unha poesía de tendencia socioculturalista. Un exemplo diso é a obra Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro, seguindo a liña cívica de Curros (s. XIX).
Os Anos 70: Mudanza e Renovación
Por último, nos anos 70, prodúcese a superación do socialrealismo. Comezan a verse indicios de mudanza, coincidindo coas folgas de Ferrol e Vigo. A finais dos anos 70, xurden colectivos poéticos renovadores, de tendencia máis rupturista. Destaca a obra Rompente.