Gramática Galega e Literatura das Irmandades da Fala

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,32 KB

Morfoloxía e Fonética

Perífrases Verbais

Perífrases verbais: temporais: futuridade, inminencia; modais: obriga, posibilidade; aspectuais: imperfectivas, perfectivas, reiterativas, incoativas, terminativas.

Diptongos e Triptongos

Ditongos: crecentes: ua, uo, ue, ui; decrecentes: au, ou, eu, iu.

Triptongo: "habituais", "vieira" (vogais pechada, aberta, pechada).

Fonemas e Vogais

Fonemas oclusivos: P, T, K; B, D, G.

Fonemas fricativos: /s/, /z/

Africada: /tʃ/ (ch)

Pechado ou aberto: O e dos demostrativos sempre é pechado. Cando é esdrúxula sempre é aberto. A maioría que acaban en e son abertas.

Fonemas vocálicos: pechadas: i, u; medias: o, e; aberta: a; palatal: i, e; velar: o, u; central: a.

Clasificación de Fonemas Consonánticos

  • /k/: oclusiva velar xorda.
  • /tʃ/: africada xorda palatal.
  • /n/: nasal alveolar sonora.
  • /d/: oclusiva dental sonora.
  • /ʃ/ (x): fricativa palatal xorda.
  • /b/: bilabial, oclusiva, sonora.
  • /l/: lateral, alveolar, sonora.
  • /m/: nasal alveolar sonora.
  • /r/ (vibrante múltiple): vibrante múltiple alveolar sonora.

A Poesía na Época das Irmandades da Fala

Noriega Varela (1869-1947)

Publicou diferentes edicións, revisadas do mesmo poemario titulado primeiramente Montañesas (1904 e 1910) e despois Do Ermo (1920, 1929, 1946). Coñecido como o poeta da montaña, aparecen dentro da súa obra dous estratos: as primeiras composicións seguen o costumismo e o ruralismo do século XIX, céntranse na descrición da paisaxe e a vida dos campesiños. Posteriormente, manifesta a influencia dos poetas saudosistas portugueses. Abandona o realismo labrego e elabora unha poesía máis culta e refinada, que segue a ter como motivo a paisaxe montañesa. O seu lirismo da natureza convérteo no poeta das cousas pequenas cunha atracción franciscana polo máis humilde.

Ramón Cabanillas (1876-1959)

É o poeta máis sobresaínte desta época. Está vinculado aos acontecementos históricos e culturais do primeiro terzo do século XX. Foi membro da Real Academia Española e está considerado o poeta das Irmandades. Poeticamente segue a tradición do século XIX e actualiza a poesía. Ten influxos do modernismo, un lixeiro exotismo e o gusto polos ambientes lánguidos. Na súa produción poética distinguimos poesía lírica con tres liñas: cívica, intimista e costumista, ademais de poesía narrativa. Na súa evolución literaria podemos distinguir catro etapas: Etapa de formación (agrarista) (1910-1915), que se corresponde coas obras publicadas na Habana. Poesía lírica de temática intimista e costumista. O modelo de lingua deste período é un galego popular, marcado dialectalmente e con abundantes castelanismos.

Entradas relacionadas: