Gramática Galega e Sociolingüística: O Axente, Conxuncións e Prexuízos Lingüísticos
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,42 KB
Sintaxe e Tipoloxía do "Se" en Galego
Axente Reflexivo e Recíproco
- Reflexivo: A acción recae sobre o suxeito.
- Reflexivo directo: Merce lávase (CD).
- Reflexivo indirecto: Merce lávase as mans (CI).
- Recíproco: Dúas ou máis persoas comparten accións.
- Recíproco directo: Merce e Ana sándanse (CD).
- Recíproco indirecto: Merce e Ana dánse un bico (CI).
Construcións Impersoales e Conxuncions
- Se Impersonalidade: Vívese ben en Pontevedra (se dice, se hace, se piensa...).
Oracións sen Axente
- Se Pasiva Reflexa: Leva suxeito ao carón (Véndense libros antigos).
- Se Pronominal: Verbos conjugados con se (arrepentirse, alegrarse...).
- Se Conxunción Completiva: Vai cunha oración subordinada substantiva (Dime se me queres).
- Conxunción Condicional: se / se non (Non sei se ti eres miña nai).
- Conxunción Comparativa: Igualdade (Vive coma se fora rico).
Clasificación Verbal
- Temporais: Futuridade, Inminencia.
- Modais: Obriga, Hipotética.
- Aspectuais: Imperfectivas, Perfectivas, Reiterativa, Incoativa, Terminativa.
Situación Lingüística na Península Ibérica
Situación Lingüística do Galego
O galego é a lingua falada en Galicia, O Bierzo, o occidente de Asturias e As Seabra, sendo oficial na nosa comunidade autónoma.
A situación lingüística actual na comunidade autónoma de Galicia dende o século XV está determinada pola diglosia entre o castelán e o galego. O castelán substitúe o galego nos usos escritos e formais, relegándoo á comunicación oral e informal. Deste xeito, produciuse unha especialización lingüística e xerarquización que levou a considerar o castelán a lingua de alto poder, prestixio e lingua dominante, mentres que o galego pasou a ser a lingua baixa de segunda clase, unha lingua minorizada.
Apesar das campañas de normalización e das disposicións legais que defenden o galego e o protexen en Galicia, este segue a ser unha lingua minorizada de usos restrinxidos e sometida a estereotipos e prexuízos.
Situación Lingüística do Catalán
O catalán é a lingua oficial de Cataluña; fálase tamén nas Illas Baleares e na Comunidade Valenciana. É a lingua minorizada con maior prestixio de Europa, sendo lingua oficial de 10 millóns de persoas.
Actualmente en Cataluña é unha lingua maioritaria; o castelán é a minorizada, aínda que está por riba a niveis oficiais. O catalán padece dunha situación diglósica nas Illas Baleares, ademais de prexuízos coma no caso do galego, con sectores conservadores que reaccionan de xeito negativo a que o dominio da lingua sexa un requisito para un posto de traballo público.
O proceso de normalización está moi avanzado grazas ás políticas de inmersión lingüística no sistema educativo, que conseguiron que aumentara a porcentaxe de falantes, especialmente na mocidade, sendo falado por todas as clases sociais. A pesar de que o proceso de normalización estea moi avanzado, no caso das Illas Baleares o catalán atópase coma aquí o galego, sufrindo de prexuízos e diglosia.
O Valenciano
Presenta debate e controversia territorial e normativa.
Lexislación e Prexuízos Lingüísticos
Prexuízos Relacionados coa Supausta Falta de Utillidade do Galego
- O galego non serve para nada fóra do territorio galego: O galego ponnos en contacto con toda a comunidade de fala galego-portuguesa.
- O que hai que aprender é inglés e non galego: Aprender inglés non ten que ver con falar galego, non se oopoñen; ademais, os falantes bilingües aprenden mellor unha terceira lingua.
- O galego non ten sentido no mundo actual globalizado e con Internet: No mundo globalizado cómpre ter unha identidade propia e Internet axuda á difusión do galego.
Prexuízos que Asocian o Galego coa Pobreza e co Atraso
- O galego é propio do mundo rural: O uso do galego vense asociando, de maneira redutora e simple, co mundo rural e, derivado diso, coa pobreza e ignorancia. O uso do galego nos ámbitos urbanos e innovadores é tamén relevante.
Prexuízos que Asocian a Lingua cunha Ideoloxía
- O galego só o falan os nacionalistas: A identificación cunha ideoloxía determinada non é nin axeitada nin positiva para o galego. O uso e a defensa do galego debemos situalos máis alá dunha siglas políticas concretas.
Prexuízos que Converten o Galego nunha Lingua Artificial
- O galego normativo é considerado erroneamente como “inventado”.
Prexuízos contra as Medidas de Normalización
- Como antes se impuxo o castelán, agora quérese impor o galego: Moita xente foi ridiculizada, castigada e inclusive nalgún caso asasinada por falar ou defender o galego: deuse un só caso á inversa? Alén diso, a Lei de Normalización Lingüística ou o Plan Xeral de Normalización foron aprobados por unanimidade no Parlamento galego.
Realidade Actual e Conclusión
Se non existisen estes prexuízos poderiamos falar dun bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica na que cada quen fale o que lle apeteza e domine ben os dous idiomas. Esta solución pode hoxe darse en determinados falantes, mais aínda semella utópica no conxunto da sociedade, na que seguen vixentes os citados prexuízos lingüísticos.
Para entendermos que se trata dunha cuestión de prestixio, a situación do castelán en EE.UU. é de lingua minorizada fronte ao inglés. Os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos ao 2023 sinalan que o 46,23% falan maioritariamente galego fronte ao 53,77% que falan maioritariamente castelán; por primeira vez na historia os falantes de castelán superan os de galego.
Cualitativamente, o galego está hoxe presente en ámbitos anteriormente impensables: é moi utilizado nas actividades políticas, institucionais, universitarias e culturais. Mesmo parece que o seu uso comercial comeza a ser economicamente rendible e prestixia certos produtos. Cada vez un maior número de profesionais liberais o utiliza normalmente. Neste século XXI temos que ter en conta o seu uso en internet, pois a lingua que quede fóra dela non ten futuro. Hai moitas webs, foros, chats e blogs nos que é frecuente o galego. Temos tradutores, correctores ortográficos en galego, ademais de Android, Windows, Facebook, Twitter... As compañías de telefonía móbil ofertan algúns terminais en galego. En 2022 o galego ocupaba por número de falantes o posto 160 entre as linguas do mundo, o 59 por uso en Internet, o 53 por páxinas na Wikipedia e o 37 por peso a nivel mundial! Está claro que se queremos, podemos, malia as dificultades.
En conclusión, debemos defender o galego como idioma propio, libre de prexuízos e estereotipos lingüísticos.
O Portugués e a Comunidade Lusófona
O portugués é o idioma oficial de Portugal e a sexta lingua máis falada do mundo por número de falantes nativos. Fálase non só en Portugal, senón tamén en Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau, São Tomé e Príncipe, Timor-Leste e na cidade chinesa de Macau.
O galego mantén unha relación moi estreita co portugués: para algúns lingüistas é a mesma lingua e para outros unha lingua irmá, pero en calquera caso forma parte da comunidade lusófona. Esta pertenza á lusofonía ofrece vantaxes importantes. No ámbito económico, facilita a mobilidade e as oportunidades laborais nos países de fala portuguesa. No plano sociocultural, destacan iniciativas como a asociación Ponte nas Ondas, que promove o patrimonio inmaterial galego-portugués, e o Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, que reúne artistas de todos os territorios lusófonos. Ademais, desde 1999 o mirandés tamén é recoñecido como lingua oficial en Portugal, aínda que conta cun número reducido de falantes.