La Gran Sociedad y la Guerra de Vietnam en los años 60

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,54 KB

Todas estas leis reforzaron a orientación social que constituía a Great Society, proposta por Johnson á nación tras a súa clamorosa reelección de 1964, onde o republicano Goldwater non foi rival. A Great Society tivo resultados desiguais. A inexperiencia foi causa de dispersións e despilfarros. Pero o gran problema de Johnson foi principalmente crer que era posible financiar a guerra de Vietnam á vez que as reformas. Os enormes costos asumidos pola súa administración dispararon a inflación, que só puido ser contida con subidas de impostos e con un drástico recorte dos programas sociais, o que impediu culminar a construción do Estado do benestar. Nos anos 60 tamén tivo lugar a gran crisis de valores de Occidente, encontrámonos coa insatisfacción da minoría negra na loita polos dereitos civís. Perden poder as posturas moderadas de King, e gañan peso as radicais do Black Power, cuxos representantes son Malcom X, os Panteras Negras, etc. Nos 60 hai una radicalización das protestas, dando lugar a unha serie de revoltas sociais e económicas e a episodios de vandalismo, saqueo, etc.: Watts (1965), un barrio dos Ánxeles onde se queiman edificios, saquean, etc., e hai 34 mortos, tendo que enviar á garda nacional e ao exército. Máis tarde a morte de M. L. King en 1968 orixina unha oleada de protestas violentas por todo o país. Johnson reacciona ante a axitación racial creando unha comisión, para estudar os problemas da poboación urbana negra. Chégase á conclusión de que a raíz de todo é a pobreza da poboación negra (1/3 na pobreza). A solución é gastar máis investimento público en educación, vivenda, e humanizar os barrios máis pobres das cidades. Se aproba a Lei sobre educación primaria e secundaria (1965) e unha Lei sobre vivenda (1968).Johnson tamén propón a Thurgood Marshall (negro) como xuíz do Tribunal S. E nomea secretario de Vivenda a outro negro, Robert Warren. Tamén comeza agora un fenómeno que se prolongará ata a actualidade: a fuxida dos brancos dos centros das cidades cara os suburbios, denominado “white flight”. A partir dos 60 a clase media, maioritariamente branca, deixa o centro das cidades e desprázase aos suburbios. O centro comeza a quedar para as minorías e como lugar de traballo para brancos. Isto perpetúa as diferenzas, e fixo inútil o esforzo da admin. Johnson por corrixir as causas do malestar. Política exterior: a guerra de Vietnam con Johnson escala definitivamente. Este vai empantanándose cada vez con máis recursos económicos e militares. E os cartos non dan para todo: ou guerra ou gasto social, e o que sae perdendo é o gasto social. A guerra de Vietnam divide á sociedade norteamericana, orixina revoltas sociais, manifestacións contra a guerra, etc. É todo unha situación moi confusa e revolta, e todo por unha guerra que pouca xente podía explicar racionalmente o motivo polo cal estaban alí.

Entradas relacionadas: