Grandes pintores españoles del siglo XX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,32 KB

Pablo Diego José Ruiz Picasso

Pablo Diego José Ruiz Picasso, naceu en 1881, en Málaga. Morreu en Francia, onde pasou case toda a súa vida, en 1973, aos 92 anos. Primoxénito do matrimonio formado polo pintor vasco José Ruiz Blasco e a andaluza María Picasso López. Seu pai era profesor de debuxo na Escola de Artes. Aos 10 anos a familia trasládase a Coruña, onde o pai dará clases no Instituto Eusebio da Guarda . Pablo iníciase pronto na pintura, por influencia do pai, quen admirado ante o talento do fillo lle cederá os seus propios pinceis. Despois, marchará a estudiar e vivir a Barcelona, onde instala o seu primeiro taller, e máis tarde a Madrid e a París, centro do arte neses anos.

Salvador Dali

Salvador Dali nace en Figueres (Girona ) o 11 de mayo de 1904.Na xuventude trasládase a Madrid para ingresar na Academia de Belas Artes de San Fernando, onde se relaciona con Lorca, Alberti, Maruja Mallo e Luis Buñuel entre outros artistas. Máis adiante establécese na capital francesa, París, e se relaciona co seu admirado  Pablo Picasso e Joan Miró. Coa axuda deste último, únese ao grupo surrealista. Enamórase de Gala, que será a súa amante, musa e compañeira durante o resto da súa vida. Tamén pasará épocas en EEUU e mesmo colabora con Disney no corto animado Destino.

Joan Miró

Joan Miró, pintor, escultor, grabador e ceramista español.

Nace en 1893 en Barcelona e morre en 1983 en Palma de Maiorca. As súas obras reflicten o interese no subconsciente, no infantil e na cultura e tradición de Cataluña. Aínda que se lle asocia aarte abstracta polo seu estilo de formas estilizadas e imaxinarias, na súa xuventude inicióuse nafiguración con influenciasfauvistas,cubistas eexpresionistas, pasando logo a unha pintura plana con certo airenaif, como vemos no cadroA Masía de1920.A partires da súa estancia enParís, a súa obra vólvese máis fantasiosa e onírica, coincidindo coas ideas do surrealismo e incorporándose a este movemento.En numerosas ocasións, xa nos anos 30, Miró manifestou o seu desexo de abandoar os métodos convencionais de pintura para favorecer unha forma de expresión orixinal e contemporánea, prescindindo das normas e exigencias dos surrealistas.


Lugrís

Lugrís nace en A Coruña en 1908 e falece en Vigo no 1973. Fillo do político e escritor Manuel Lugrís Freire, un dos fundadores da Real Academia Galega e da pianista Purificación González, tivo unha boa formación cultural e artística. O seu profesor Nacho Viéitez, fomentou nel a dedicación á pintura e sería parte importante da súa vida. En 1930, abandona os estudios de Perito Mercantil en A Coruña para trasladarse a Madrid, onde enriquécese culturalmente coñecendo a Lorca, Alberti, Cunqueiro…  Alí se integra nas Misións Pedagóxicas e percorre diversas cidades diseñando figuríns e decorados para o teatro (A Barraca).Casa con Paula Vadillo, con quen ten dous fillos: Urbano Lugrís Vadillo, que tamén será pintor, e Paula.

Entradas relacionadas: