La Guerra Civil Española: Causas, Desarrollo y Consecuencias

Enviado por airamotcefrep y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 12,17 KB

TEMA 13 A Guerra Civil

DA SUBLEVACIÓN MILITAR Á Guerra Civil - Causas profundas da sublevación: 1. Problemas e conflitos políticos que se produciron na etapa republicana (reforma relixiosa, educativa, social, militar, agraria, territorial...). 2. A radicalización política: por un lado, sectores antirrepublicanos con tendencias ditatoriais e, por outro, as organizacións obreiras máis radicáis partidarias da revolución social.   A reacción dos sectores antirrepublicanos ante o triunfo da Fronte Popular: desenvolvemento dunha trama golpista. Incapacidade dos gobernos da Fronte Popular para poñer freo á violencia.   O xeneral Franco, tras declarar o estado de guerra en Canarias, trasladouse ao Protectorado de Marrocos. O alzamento militar estendeuse ao resto do territorio español. Nas grandes cidades e nas zonas industriáis abortouse a sublevación militar.

A DIVISIÓN DE ESPAÑA EN DÚAS ZONAS - O país quedou dividido en dúas zonas enfrontadas: 1. Os sublevados. Xustificaron a súa acción como medio para acabar coa anarquía, restablecer a orde e exterminar os inimigos da patria chamados ‘roxos'. 2. Os republicanos defendían o sistema legal e a democracia fronte ao fascismo.

A DIMENSIÓN INTERNACIONAL DA Guerra Civil - O CONTEXTO INTERNACIONAL - Desde 1936, a tensión entre as grandes democracias europeas e os réximes fascista e nazi facía temer unha nova Guerra Mundial. Para a dereita, é a loita da civilización occidental contra o comunismo ateo. Para a esquerda, é a loita pola liberdade e contra o fascismo.

O COMITÉ DE NON INTERVENCIÓN - Vinte e sete países subscribiron o Acordó de Non Intervención en España, acordó promovido por Francia e co apoio das potencias europeas. Na práctica foi unha farsa.

AXUDA E INTERVENCIÓN ESTRANXEIRA - A axuda á República - A república puido contar co apoio e a axuda militar da URSS de Stalin, de Francia e México. / A axuda aos militares sublevados - Desde os réximes fascistas de Alemaña, Italia e Portugal e empresas americanas. A axuda militar foi decisiva para a vitoria


e o bando franquista non tivo demasiadas dificultades para financiar a guerra.

AS OPERACIÓNS MILITARES - A BATALLA DE Madrid (1936-1937) - O obxectivo era a conquista de Madrid, Mola iniciou avance, que quedou detido na serrá de Guadarrama. O protagonismo recaeu no exército de África ao mando do xeneral Franco, que iniciou unha marcha sobre Madrid e tomou Badaxoz. Franco decidiu liberar o Alcázar de Toledo, o que supuxo un triunfo político e propagandístico para Franco. O gobernó republicano abandonou a capital e trasladouse a Valencia, confiando a resistencia á Xunta de Defensa de Madrid. A vitoria republicana obrigou a Franco a abandonar a batalla de Madrid.

A CAÍDA DO NORTE - Os fracasos en Madrid fixeron que Franco modificase a súa estratexia. A ofensiva dos sublevados contra Biscaia comezou co apoio dos bombardeos da Lexión Cóndor. Lanzaron bombas incendiarias sobre a poboación civil indefensa de Durango e Guernica. Para deter a ofensiva franquista preparouse unha operación militar en Brunete, que terminou nun fracaso e coa toma de Santander. O nacionais dominan todo o norte mineiro e insdustrial.

DA BATALLA DE TERUEL Á BATALLA DO EBRO - En 1938 produciuse a batalla de Teruel, unhas das máis crueis da guerra, onde o bando nacional tiña clara superioridade en cuestión de armamento. O territorio republicano quedou dividido en dúas zonas. 

En 1938, Negrín desencadeou unha ofensiva no Ebro para unir de novo as dúas zonas republicanas. Preparou unha ofensiva, que deu lugar á batalla do Ebro, que supuxo un gran desastre para a República.

A FIN DA GUERRA - En xaneiro de 1939 Barcelona foi ocupada pola ofensiva franquista e poucos días despois Xirona. Negrín regresou e defendeu unha política de resistencia para alongar o conflito ante o estalido dunha Guerra Mundial. En Madrid, o coronel Casado xunto con dirixentes socialistas subleváronse contra o gobernó de Negrín. A fináis de Marzo, os exércitos franquistas retomaron a súa ofensiva e entraron en Madrid sen resistencia. O 1 de Abril Franco asinou o Decreto da fin da guerra.


A ESPAÑA REPUBLICANA - A DESINTEGRACIÓN DO PODER REPUBLICANO - O xefe do gobernó Carlos Quiroga dimitiu e Diego Martínez Barrio asumiu a xefatura do gobernó. Azaña encargou formar gobernó a José Giral quen deu a orde de repartir armas a milicias civís. O Estado republicano derrubouse e o poder fragmentouse e caeu en mans das milicias e sindicatos obreiros.

O TERROR ‘ROXO’ - Desde ese momento desatouse un terror ‘incontrolado’ a mans dos comités.

A REVOLUCIÓN SOCIAL - Os anarquistas da CNT e UGT emprenderon unha revolución social, as colectivizacións. A colectivización agraria foi importante nas zonas latifundistas.

OS GOBERNOS DE Largo Caballero - En setembro, Largo Caballero formou un gobernó ao que se incorporaron socialistas, republicanos, comunistas e nacionalistas cataláns e vascos. Os obxectivos eran reconstruír os poderes do Estado, encarreirar e frear a revolución e transmitir unha imaxe da república aceptable. O desenlace foron os enfrontamentos iniciados en Barcelona en 1937. O gobernó logrou o control da cidade.

OS GOBERNOS DE NEGRÍN - En maio de 1937 formouse o gobernó de Juan Negrín con representantes de todos os partidos. Reforzouse o exército e unificáronse os plans militares. Negrín expuso os ‘Trece puntos’ para acabar coa guerra. A principios de 1939 produciuse o recoñecemento do gobernó de Franco por Francia e Reino Unido.

A ESPAÑA NACIONAL - OS PRIMEIROS MOMENTOS TRAS A SUBLEVACIÓN - O exército converteuse no piar básico do novo Estado. Tras a morte do xeneral Sanjurjo constituíuse unha Xunta de Defensa Nacional. Prohibíronse os partidos políticos e os sindicatos, paralizouse a reforma agraria e restableceuse a bandeira vermella e amarela.

O TERROR ‘BRANCO’ - En 1936, os militares sublevados practicaron unha brutal e selectiva represión que adoptou forma de ‘sacas’ e ‘paseos’. Na retagarda, a represión levárona a cabo as autoridades militares, milicias de requetés, etc.

O ASCENSO AO PODER DE Franco -  O 1 de outubro de 1936 a Xunta publicou o decreto que nomeaba a Franco ‘Xeneralisimo dos Exércitos’ e ‘xefe do gobernó do Estado español’. Franco constituíu a Xunta Técnica do Estado como órgano consultivo do ditador, formada por militares. Adotou o título de caudillo e iniciou o camiño cara a unha ditadura persoal. As potencias fascistas, Alemaña e Italia, recoñeceron oficialmente o gobernó de Franco.

A UNIFICACIÓN POLÍTICA - Foi esencial o labor de Ramón Serrano Suñer. Convenceu a Franco para crear un réxime de partido único similar aos dos Estados fascistas mediante a fusión de Falange Española.O 19 de Abril de 1937 deuse a coñecer o Decreto de Unificación polo que se creaba Falange Española Tradicionalista y de las JONS, que fusionaba a falanxistas e carlista baixo a xefatura de Franco.

O PAPEL DA IGREXA CATÓLICA - A Igrexa manifestou o seu apoio á rebelión militar. En 1936 tres bispos españoís cualificaron á Guerra Civil de ‘cruzada relixiosa’. A alianza definitiva entre a xerarquía eclesiástica española e Franco chegou coa ‘Carta colectiva do Espiscopado español aos bispos do mundo’ en xullo de 1937. Apoiouse ao bando rebelde e manifestouse que a Igrexa foi ‘vítima inocente e indenfensa’ e que o alzamento militar evitara unha revolución comunista.

A CREACIÓN DO NOVO ESTADO FRANQUISTA - En xaneiro de 1938 formouse o primeiro gobernó de Franco co que Franco reuniu na súa persona os poderes executivo, lexislativo e xudicial. Franco derrogou toda a obra reformista da república. A política social plasmouse no Fuero del Trabajo. Sentou as bases do Estado nacionalsindicalista.

AS CONSECUENCIAS DA Guerra Civil - CONSECUENCIAS HUMANAS - Houbo entre 500.000 e 600.000 mortos na guerra. Outra consecuencia foi o exilio republicano. Houbo unha primeira onda onde fuxiron das represalias dos militares sublevados os ‘nenos da guerra’. A grande onda produciuse en 1939 coa caída de Cataluña.

CONSECUENCIAS ECONÓMICAS - Tivo un efectos económicos desastrosos. A destrución foi moi intensa. As comunicacións por estrada foron difíciles e a mariña mercante reduciu a súa tonelaxe nun terzo. Polo contrario, unhas 500.000 vivendas foron total ou parcialmente destruídas.A producíón industrial descendeu pola falta de material e fontes de enerxía, e a agrícola reduciuse nunha cuarta parte. Perdéronse máis dun millón de cabalos e mulas no país. O gando reduciuse na metade.Tamén caeron o investimento, comercio exterior e consumo privado, e a construción de vivendas privadas e obras públicas paralizouse.


milicias de requetés, etc.

O ASCENSO AO PODER DE Franco -  En 1936 a Xunta publicou o decreto que nomeaba a Franco ‘Xeneralisimo dos Exércitos’ e ‘Xefe do gobernó do Estado’. Adotou o título de 'caudillo' e iniciou o camiño cara a unha ditadura persoal.

A UNIFICACIÓN POLÍTICA - Franco creou un réxime de partido único, de corte fascista. Creou a Falange Española Tradicionalista y de las JONS, que fusionaba a falanxistas e carlistas.

O PAPEL DA IGREXA CATÓLICA - A Igrexa manifestou o seu apoio á rebelión militar. En 1936 tres bispos españoís cualificaron á Guerra Civil de ‘cruzada relixiosa’. Apoiouse ao bando rebelde e manifestouse que a Igrexa foi ‘vítima inocente e indenfensa’ e que o alzamento militar evitara unha revolución comunista.

A CREACIÓN DO NOVO ESTADO FRANQUISTA - En xaneiro de 1938 formouse o primeiro gobernó de Franco co que Franco reuniu na súa persona todo o poder. Derrogou toda a obra reformista da República. A política social plasmouse no Fuero del Trabajo, que sentou as bases do Estado nacionalsindicalista.

AS CONSECUENCIAS DA Guerra Civil - CONSECUENCIAS HUMANAS - Houbo entre 500.000 e 600.000 mortos na guerra. Outra consecuencia foi o exilio republicano. Houbo unha primeira onda onde fuxiron das represalias dos militares sublevados os ‘nenos da guerra’. A grande onda produciuse en 1939 coa caída de Cataluña.

CONSECUENCIAS ECONÓMICAS - Tivo efectos económicos desastrosos. Gran destrución nas comunicacións. Unhas 500.000 vivendas foron total ou parcialmente destruídas. A producíón industrial descendeu pola falta de material e fontes de enerxía, e a agrícola reduciuse nunha cuarta parte. Perdéronse máis dun millón de cabalos e mulas no país. O gando reduciuse na metade. Tamén caeron o investimento, comercio exterior e consumo privado, e a construción de vivendas privadas e obras públicas paralizouse.

Entradas relacionadas: