O Helenismo e o Legado de Alexandre Magno: Filosofía e Sociedade
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,42 KB
O tránsito cara ao Helenismo
O tránsito cara ao helenismo foi liderado por un macedonio, igual que Aristóteles, e, curiosamente, discípulo do mesmo, que ademais de conquistar Grecia fixo o mesmo con Exipto e o Imperio Persa. Estamos a falar de Alexandre Magno, rei de Macedonia. Alexandre helenizou os territorios que ía anexando impoñéndolles a cultura grega, dando así inicio a esta etapa que se coñece como Helenística, que durará uns 300 anos. É un período no que a filosofía perde o vigor do que gozara na época clásica, unha perda que aínda se acentuará máis nos 400 seguintes anos coa filosofía greco-romana.
Consecuencias do Imperio Alexandrino
Así, a creación do imperio Alexandrino tivo dúas consecuencias moi importantes:
- Extensión da cultura grega: A expansión supuxo que rapidamente cidades como Alexandría superaran a Atenas en todas as ramas da cultura e do saber, se exceptuamos a filosofía.
- O remate das polis: Isto supuxo poñer fin a algo esencial para os gregos como era a participación directa na toma de decisións.
Neste contexto carece de sentido a procura da "cidade xusta" ou "cidade feliz" sobre a que teorizaran Aristóteles ou Platón. Por isto, as escolas helenísticas centrábanse no ámbito moral, procurando modelos de liberdade e a felicidade individual. As dúas escolas máis importantes da época foron o Epicureísmo e o Estoicismo.
As Escolas Filosóficas
O Epicureísmo
O Epicureísmo foi fundado por Epicuro. Para el, a felicidade consiste na consecución do pracer sabiamente administrado, xustamente coa ausencia da dor. Para iso cómpre non temer aos catro medos que lle impiden ao ser humano gozar da vida, que eran: os deuses, a morte, o destino e as necesidades. Segundo Epicuro, unha vez liberados dos catro medos, acadaremos un estado de tranquilidade que se identifica co pracer.
O Estoicismo
Por outro lado, o Estoicismo sostiña unha sorte de resignación. Para eles, todo está determinado e nada pode facerse por cambiar o rumbo dos acontecementos. Por iso, é de necios rebelarse contra o destino; cómpre aceptalo serenamente e sen sublevarse. Tamén din que a liberdade só consiste en coñecer o que vai suceder e aceptalo, sen deixarse así perturbar por ningunha paixón que se rebele contra o destino.