Hidrosfera, Litosfera y Erosión: Conceptos Geográficos

Clasificado en Geología

Escrito el en español con un tamaño de 2,36 KB

Hidrosfera

Parte da terra cuberta de auga ou xeo. Entre a hidrosfera e a atmósfera establécese o ciclo biolóxico.

Litosfera

Capa ríxida constituínte do globo terráqueo, sitúada por riba da astenosfera, viscosa, que abrangue algunhas decenas de quilómetros de espesor ata a superficie (nela inclúese a codia terrestre e a parte máis externa do manto).

Albufeira

Lagoa de auga salgada situada xunto á costa e separada do mar por unha barra de area.

Aluvión

Particula sedimentaria transportada por un curso fluvial ata formar un deposito sedimentario. Os cantos rodados son un exemplo de materiais de aluvión.

Anticlinal

Pliegue con concavidade orientada cara o interior do globo, e orixinado pola actuación de forzas tectónicas compresivas.

Bad land

Paisaxe en zonas áridas, formado or numerosos barrancos de paredes verticais.

Delta

Formación aluvial de forma triangular na desembocadura dun río. Orixínase pola acumulación dos materiais que transporta un río.

Transporte e Sedimentación

Á erosión de vertentes se lle denomina erosión areolar, á erosión dos ríos se lle denomina: erosión lineal.

Erosión Diferencial

Erosión producida en áreas onde a topografía é inicialmente similar (unha chaira) pero os materiais da base (que están distribuídos estratigraficamente) son diferentes (por exemplo cuarciña e pizarra). A erosión fará surcos nos estratos pizarrosos, mentres nos estratos onde hai cuarzo, formaranse crestóns. Este tipo de relevo xenerado tamén se denomina relevo Apalachense.

Foz

Cavidade vertical, paso estreito entre montañas escavado por un río.

Oroxénese

Proceso de dobramento e formación de oróxenos ou cordilleiras.

Oroxenia

Período xeolóxico durante o cal se forman as cordilleiras.

Placa Tectónica

Dícese dos casquetes esféricos, ríxidos, nos que se subdivide a codia terrestre* e parte do manto*. As placas mobilízanse unhas respecto ás outras. O conxunto de materiais que forman as placas denomínase litosfera*.

Zócolo

Masa de materiais antigos consolidados, que sirven de superficie de soporte dos materiais sedimentarios e cando afloran dícese del que é unha superficie de erosión.

Entradas relacionadas: