Historia Contemporánea de España y Europa: De la Restauración a la Crisis de 1929

Historia5,24 KB

A Restauración dos Borbóns

Os Borbóns volveron a España no ano 1875. O sistema político coñécese como a Restauración. Neste sistema había dous partidos: o conservador e o liberal. Ademais, a inxustiza social propiciou o auxe do anarquismo no campo andaluz e entre os obreiros cataláns.

O Desastre do 98

A finais do século XIX o imperialismo entrou na súa fase máis agresiva, así que as potencias grandes optaron por arrebatarlles as posesións aos débiles. España non era unha gran potencia, pero conservaba algunhas colonias: Cuba, Porto Rico e Filipinas, os últimos restos do que fora un grande imperio.

Por outra banda, os Estados Unidos estaban a desenvolver unha política expansionista, especialmente en América Latina. A guerra contra os Estados Unidos durou tres meses e acabou cunha humillante derrota: Porto Rico e Filipinas pasaron ás mans estadounidenses, mentres Cuba se converteu nunha república baixo a tutela norteamericana.

O Comezo do Reinado de Afonso XIII

Cara a 1900, España sufría profundas transformacións sociais. As cidades crecían debido ao éxodo rural. As masas que fuxían da miseria do campo buscaban traballo na industria e amoreábanse nos barrios periféricos. Este proletariado urbano reclamaba unhas condicións laborais dignas. Unha gran parte da poboación era labrega, e os seus problemas continuaban sen ser abordados.

En 1909 estalou un brote revolucionario: a Semana Tráxica. Os reservistas cataláns foron mobilizados para reforzar as tropas en Marrocos.

Os Anos de Crise

En 1917 produciuse unha crise na que coincidiron tres procesos fundamentais:

  • Crise militar: Existía unha rivalidade entre os militares que estaban destinados na península e os que facían carreira rápida no protectorado de Marrocos.
  • Crise política: Como o goberno non quería reunir as Cortes, a oposición convocou en Barcelona unha Asemblea de Parlamentarios para asumir as súas competencias.
  • Crise social: A CNT e a UGT (sindicatos anarquistas e socialistas, respectivamente) convocaron unha folga xeral revolucionaria.

Os anos seguintes foron dunha gran violencia política, sobre todo en Barcelona, con frecuentes atentados anarquistas e represalias de pistoleiros a soldo da patronal.

A Guerra de Marrocos

Algúns políticos e militares españois quixeron compensar a humillación do 98 cunha nova colonia africana. O Rif, rexión montañosa do norte de Marrocos, non fora ocupado por Francia debido ao seu escaso valor económico e a hostilidade británica.

En 1906, na Conferencia de Alxeciras, os británicos e os franceses lograron afastar a Alemaña ao ofrecerlle a España un protectorado ao norte de Marrocos. O protectorado foi acossado por mor da resistencia da poboación do Rif e pola deficiente xestión do exército español.

En 1912, unha operación imprudente, animada polo rei ás costas do goberno, desembocou na desfeita de Annual, unha emboscada que lles costou a vida a miles de quintos das clases populares. O escándalo salpicou a Coroa. No ano 1923, cando a comisión que investigaba a responsabilidade da desfeita estaba a piques de publicar as súas conclusións, o xeral Miguel Primo de Rivera deu un golpe de estado e instaurou, coa aprobación do monarca, unha ditadura militar.

De Versalles a Locarno

A intransixencia dos vencedores na cuestión do pagamento de compensacións, superiores ás posibilidades reais dos derrotados, levaría á ocupación franco-belga do Ruhr en 1923. Os esforzos por impedir unha nova guerra cristalizaron nos acordos de Locarno de 1925. O espírito de Locarno supuxo o momento de máxima distensión entre ambas as guerras mundiais, e significou o apoxeo da Sociedade de Nacións.

España Baixo a Ditadura de Primo de Rivera

De 1923 a 1930, Miguel Primo de Rivera estableceu en España unha ditadura militar, cuxa evolución se divide en varias etapas:

  • Primeiros anos: A ditadura contou cunha certa popularidade, mesmo entre unha parte do movemento obreiro. Foi cando obtivo o seu maior logro: a pacificación do protectorado de Marrocos, grazas á colaboración de Francia e ao desembarco de Alhucemas no ano 1925.
  • Perpetuación no poder: O ditador aproveitou a conxuntura económica favorable para manter o seu poder, o cal espertou unha crecente hostilidade da gran maioría das forzas políticas e sociais.
  • Crise de 1929: O espexismo da prosperidade económica quebrouse coa chegada desta crise. Ao comezo do ano 1930 o ditador presentou a súa dimisión.

A República de Weimar

En 1923 un axitador, Adolf Hitler, fracasou ao intentar dar un golpe de estado. A situación mellorou grazas ao Plan Dawes, que suavizou o pagamento de reparacións. De 1924 a 1929 Alemaña viviu os seus mellores anos, con crecemento económico e estabilidade política. Pero a crise do 29 disparou o paro e o electorado polarizouse nos extremos, o que beneficiou enormemente a comunistas e nacionalistas.

Descargar

PDF Word HTML