Historia da Guerra Fría: Fases, Bloques e Conflitos Internacionais

Historia7,03 KB

A Guerra Fría (1945 - 1991)

A Guerra Fría foi un sistema de relacións internacionais desenvolvido entre 1945 e 1991, caracterizado pola división do mundo en dous bloques antagónicos liderados respectivamente polos Estados Unidos (USA) e a Unión Soviética (URSS).

Os Dous Bloques Antagónicos

  • Bloque Occidental: De carácter capitalista, defensores da democracia liberal. Incluía a Europa occidental, Xapón e os Estados Unidos.
  • Bloque Oriental: De carácter comunista, con gobernos ditatoriais. Incluía a URSS e Europa oriental.

Formas de Enfrentamento

As tensións entre ambas as superpotencias manifestáronse a través de:

  • Carrera de armamentos.
  • Propaganda ideolóxica.
  • Operacións de servizos secretos.
  • A ONU, que serviu como foro de debate internacional.

O Fin da Cooperación e a Ruptura entre Aliados

A Segunda Guerra Mundial acelerou o declive de Europa e supuxo a consolidación dos EUA e a Unión Soviética como os grandes líderes da política internacional. Coa derrota do fascismo, desapareceu tamén o obxectivo común que mantiña unidos aos aliados.

A desconfianza mutua creceu rapidamente:

  • Naceu a Douttrina Truman, baixo a cal os gobernos consideraban que tiñan dereito a recibir axuda económica para frenar o comunismo.
  • A primeira manifestación clara de ruptura entre os antigos aliados produciuse na Guerra Civil Grega, onde os EUA apoiaron aos monárquicos, rematando definitivamente coa alianza da Segunda Guerra Mundial.

O Período de Máxima Tensión

1. Rivalidade Económica e Estratéxica

As potencias estableceron sistemas de colaboración económica para consolidar as súas áreas de influencia:

  • Bloque Occidental: Creación do Plan Marshall para mellorar o nivel de vida e afastar a influencia do socialismo.
  • Bloque Oriental: Creación do Comecon como sistema de axuda mutua entre a URSS e os países de Europa oriental.

2. As Crises de Berlín

Alemaña dividiuse en catro zonas de ocupación (EUA, URSS, Reino Unido e Francia), e a cidade de Berlín, situada na zona soviética, tamén foi dividida en catro partes.

  • En 1948, as zonas occidentais unificáronse e naceu a República Federal Alemá (RFA). Como resposta, Stalin ordenou o bloqueo de Berlín occidental.
  • En 1949 finalizou o bloqueo e a URSS creou a República Democrática Alemá (RDA). Quedaron así Alemaña e Berlín divididas.

3. A Creación de Bloques Militares

En 1949 fundouse a OTAN. Ese mesmo ano, a URSS logrou a súa primeira bomba atómica e patrocinou a súa propia alianza militar.

A Coexistencia Pacífica

Caracterizada polas mellores relacións entre os bloques debido ao fin do monopolio nuclear dos EUA, a posición neutral dos países do Terceiro Mundo e a xestación de conflitos internos dentro de cada propio bloque.

Conflitos e Cambios Globais

  • Crise do Canal de Suez (1956): Os EUA e a URSS impuxeron conxuntamente a retirada das potencias coloniais tradicionais.
  • Movemento de Países Non Aliñados: Países do Terceiro Mundo, destacando potencias como a China ou a India, comezaron a gañar peso internacional.
  • Conflitos internos no bloque comunista: Disidencia dos países disconformes co dominio soviético. Destacaron a ruptura entre Iugoslavia e a URSS en 1948, a revolta polaca, a húngara e o movemento de reforma checoslovaco coñecido como a Primavera de Praga.
  • Discrepancias no bloque occidental: A saída temporais de Francia da estrutura militar da OTAN e a intervención dos EUA en diversos gobernos de Hispanoamérica.

Novos Conflitos entre os Bloques

  1. Segunda Crise de Berlín: Construción do Muro de Berlín para evitar a fuga de poboación cara ao occidente.
  2. Crise dos Misiles de Cuba: Co fracasado intento de invasión da Baía de Cochinos, foi o conflito máis perigoso da Guerra Fría. Como consecuencia, estableceuse o teléfono vermello para permitir a comunicación directa entre as superpotencias.
  3. Guerra de Vietnam.

Novos Factores de Distensión

  1. Conversas entre as superpotencias desde finais dos anos sesenta para frear a carreira de armamentos nucleares, asinándose os acordos SALT I e SALT II.
  2. Aparición de novos centros de poder, como a Comunidade Económica Europea (CEE) e unha China independente que rompeu coa URSS nos anos sesenta e obtivo armamento atómico propio.
  3. Estabilización internacional nos anos setenta: fin da Guerra de Vietnam e negociacións no conflito árabe-israelí.
  4. Achegamento entre Europa occidental e oriental a través da Ostpolitik impulsada por Willy Brand na RFA, normalizando as relacións entre bloques.
  5. Conferencias de Seguridade e Cooperación en Helsinki.

O Rebrote Final da Guerra Fría

  1. Ofensiva soviética: Aproveitando a debilidad dos EUA tras a Guerra de Vietnam e baixo a presidencia de Carter, a URSS desplegou misiles en Europa oriental.
  2. Revolución Islámica en Irán e Guerra de Afganistán: Con forte apoio e intervención militar soviética.
  3. Reacción norteamericana: Ante a nova dureza contra a URSS, Ronald Reagan propuxo a "opción cero" (retirada de misiles). En 1983 a URSS rompeu as negociacións e os EUA responderon instalando euromisiles.
  4. O Fin da Guerra Fría: Produciuse a redución gradual de arsenais, o abandono de Afganistán e a retirada de tropas soviéticas de Europa oriental. Iniciouse a apertura económica e política da URSS (Perestroika e Glasnost).
  5. A finais dos anos oitenta producíronse revolucións democráticas no bloque comunista, a caída do Muro de Berlín, a reunificación alemá e transicións democráticas en case toda Europa do Leste.
  6. En 1989, no cumio de Malta, declarouse oficialmente o fin da Guerra Fría entre os EUA e a URSS.

Apéndice: Conceptos Clave

Luftwaffe

Forza aérea alemá durante a época nazi. Creada en 1924, o seu máximo responsábel era Hermann Göring. Xunto ás forzas motorizadas e acoirazadas, alcanzou un gran protagonismo no emprego da Blitzkrieg ou guerra lóstrego.

Partisans

Combatentes civis organizados na loita clandestina contra o ocupante alemán. Os partisanos formaron parte esencial da resistencia e xogaron un papel decisivo na liberación de territorios en poder dos nazis, apoiando aos exércitos regulares aliados. Destacou o labor realizado polos partisanos gregos, soviéticos e italianos, e moi especialmente a resistencia iugoslava liderada por Tito.

Descargar

PDF Word HTML