Historia da Lingua Galega: Orixe, Substrato Prerromano e Romanización

Otras lenguas extranjeras3,53 KB

Periodo Prerromano

O periodo prerromano englóbase nos séculos previos á chegada da cultura e da lingua latina.

As linguas prerromanas eran as linguas faladas polos pobos que habitaban Galicia antes da chegada dos romanos. O substrato romano é o conxunto de trazos que deixaron as linguas autóctonas prerromanas. As linguas prerromanas deixaron vestixios fundamentalmente na toponimia e no léxico.

Vestixios Prerromanos

  • O mantemento da raíz carr: carrapucho, carrasca.
  • O mantemento da raíz mor: amorodo, morote.
  • O sufixo -asc, -usc: tarascada, viscón, ledusco.
  • O sufixo derivativo nominal -ego: galego, labrego.
  • Topónimos rematados en -obre, -abre, -ebre: baiobre, laxobre, alcabre, cecebre.
  • Algunhas voces como: balsa, barro, cigarra, laxe, parra, baraza, beizo, berce, bidueiro, billa, boroa, braña, bugallo, burato, callao, centola, colmo, croio, escombro, gancho, rodaballo, tona, tranca.

Romanización ou Latinización

A romanización é o proceso de asimilación e incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano, dende o século III a. C. ata o século V.

Etapas da Romanización

  • Ata fins do século I a. C.: Enfrontamento contra o pobo invasor por parte das tribos autóctonas.
  • Dende o 29 a. C. ata o século III da nosa era: O latín é a lingua de prestixio.
  • A partir do século III: Impónse o latín vulgar como lingua oficial en todo o territorio.

Do Latín Vulgar ao Galego-Portugués

Superstrato Xermánico

Houbo unha relativa influencia das linguas xermánicas. Os elementos principais son:

  • Antropónimos: Afonso.
  • Topónimos:
    • Rematados en -ar: Gondomar.
    • En -mil: Samil.
    • En -ende: Marcosende.
    • En -monde = mundi: Baamonde.
    • En -riz: Guitiriz.
    • En -ufe = -ulfe: Gondufe.
    • En -xil: Faxilde.
  • Léxico común (de guerra e costumes): agasallar, elmo, espía, roupa, sopa, banco, marca, escuma, xabón, roubar, gañar.
  • De orixe sueva: laverca, loibo.

Superstrato Árabe

A invasión árabe e a reconquista foron feitos clave na evolución do latín vulgar. A cultura árabe era moi avanzada en relación cos demais pobos, polo que se incorporou ao galego léxico agrícola, técnico e da ciencia. Moitas palabras árabes entraron a través do castelán ou do portugués.

  • Agricultura e gandería: cenoria, albéitar, maquia, arroz.
  • Construción: alicerce, albanel.
  • Administración: alcalde.
  • Ciencia: cifra, algoritmo, cénit.
  • Outros: xinete, alfombra.
  • Topónimos: A Mezquita.
  • Expresións e interxeccións: a, ah, ei, axe, uxe, se, ite, ade, z, ción, o, e, a, u, ote, me, ao, au, oi, l, n, s, r.

Conceptos Lingüísticos Clave

Substrato

Influencia da lingua nativa sobre a lingua implantada no mesmo territorio.

Adstrato

Recíproca influencia entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio.

Superstrato

Influencia exercida sobre unha lingua autóctona pola lingua invasora.

Descargar

PDF Word HTML