Historia da Prehistoria e das Primeiras Civilizacións Antigas

Otras lenguas extranjeras8,2 KB

Introdución ás Etapas Históricas

A historia da humanidade divídese en varias grandes etapas que marcan o desenvolvemento das nosas sociedades:

  • Prehistoria: Vai dende a aparición do xénero Homo ata a invención da escritura.
  • Idade Antiga: Comeza coa invención da escritura e remata coa caída do Imperio Romano. Inclúe importantes civilizacións mesopotámicas e exipcias.
  • Idade Media: Vai dende a caída do Imperio Romano ata o século XV, coincidindo coa caída de Constantinopla en 1453.
  • Idade Moderna: Exténdese dende 1453 ata a Revolución Francesa.
  • Idade Contemporánea: Vai dende o estoupido da Revolución Francesa ata hoxe en día.

Etapas Prehistóricas

A prehistoria divídese en diferentes períodos segundo o grao de evolución tecnolóxica e social.

O Paleolítico

O Paleolítico significa "pedra vella" e orixinouse na etapa das glaciacións. As características principais desta época son:

  • Modo de vida: Vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos. Eran nómades, é dicir, tiñan que desprazarse constantemente en busca de caza.
  • Vivienda e abrigo: Vivían en covas e usaban peles de animais para taparse do frío.
  • Tecnoloxía: Inventaron ferramentas con osos, madeira e pedra, creando lanzas, frechas e machadas.
  • O lume: O descubrimento e dominio do lume foi fundamental para combater o frío, cociñar e protexerse.
  • Cultura: Creían en ritos máxicos e enterraban aos mortos. Atopáronse pinturas rupestres e pequenas esculturas femininas coñecidas como venus.

O Neolítico

Esta etapa chámase "pedra nova" e orixinouse a partir do 10000 a. C. Destaca polos seguintes cambios:

  • Economía e sociedade: Pasaron a vivir da agricultura e da gandería. Isto provocou que se tomasen sedentarios e vivisen en poboados estables.
  • Tecnoloxía e artesanía: Usaban teas para abrigarse e inventaron utensilios de pedra pulimentada, como sachos, fouces e muíños de man.
  • Relixión e arte: Creían en deuses relacionados coa agricultura e na vida despois da morte. Destacan as primeiras mostras de arquitectura megalítica (dólmens, menhires...).

A Idade dos Metais

Nesta etapa, a poboación vivía en vivencias máis complexas. Os seres humanos inventaron a metalurxia, aprendendo a fundir diferentes minerais para darlles forma. Divídese en tres fases experimentais:

  • Calcolítico: Aprenden a traballar o cobre.
  • Bronce: Descubren que mesturando cobre e estaño se atópase o bronce, un material máis resistente.
  • Ferro: Descubren que co ferro poden fabricar ferramentas e armas moito máis resistentes.

Consecuencias do uso dos metais: Produciuse un aumento da produción que deu lugar á división do traballo, diferenciándose entre artesáns e campesiños. Ademais, a fabricación de armas propiciou a formación de exércitos e o xurdimento de guerras.

Evolución Humana

O proceso de hominización tivo varios protagonistas fundamentais:

  • 1. Australopithecus: Aparecen en África e comezaron a camiñar ergueitos.
  • 2. Homo habilis: Vive en África, posúe capacidade de comunicación oral rudimentaria e é o primeiro homínido que fabrica instrumentos.
  • 3. Homo erectus: Vive en África e Asia, e foron os primeiros en controlar o lume.
  • 4. Homo neanderthalensis: Vive en África, Asia e Europa. Ten unha gran capacidade cranial e xa enterraban aos mortos.
  • 5. Homo sapiens: É a especie humana actual. Usa utensilios avanzados que lle permiten cazar con maior eficacia.

Nesta evolución, a posición ergueita permitiu aos homínidos manipular mellor os obxectos, fabricar ferramentas máis complexas e desenvolver unha maior intelixencia.

A Cultura Castrexa

A cultura dos castros desenvólvese entre o século IX a. C. e o século I d. C. Trátase de poboados fortificados construídos na Idade de Ferro.

  • Localización: Podense atopar principalmente en Galicia e no norte de Portugal, superando os 3000 castros catalogados.
  • Arquitectura: Teñen forma circular e son de pedra, barro ou madeira (os castros máis modernos tendían a formas cuadradas).
  • Sociedade: Estaba moi xerarquizada. Varios castros formaban un populus. Eran pobos guerreiros que vivían da agricultura, a pesca e a minería.
  • Relixión e cultura: Os castrexos eran politeístas, crendo en varios deuses relacionados coa guerra, a auga e a natureza. A súa cultura recibiu importantes influencias centroeuropeas.

As Primeiras Civilizacións de Mesopotamia e Exipto

Estas grandes civilizacións fluviais caracterízanse polos seguintes trazos comúns:

  • Un poder político forte: Os reis amplían as súas posesións coa unión de territorios, formando grandes imperios.
  • Unha sociedade xerarquizada: A poboación divídese rígidamente entre os propietarios das terras e os sometidos aos poderosos.
  • Desenvolvemento artístico: Os reis potenciaron a arte e a monumentalidade para lexitimar e fortalecer o seu poder político e relixioso.

Mesopotamia

Mesopotamia significa "entre ríos" e desenvolveuse na rexión comprendida entre os ríos Tigris e Eufrates.

  • O poder: En Mesopotamia habitaron pobos como os sumerios e os persas, que máis tarde formaron grandes imperios cunha forte estrutura estatal que aseguraba a autoridade do rei.
  • As cidades: Medraron notablemente xunto coa poboación, destacando edificios monumentais como os templos (zigurats) e os palacios.
  • A poboación e o traballo: Os poderosos gozaban de dereitos e posuían riquezas (sacerdotes, funcionarios), mentres que a maioría da poboación eran campesiños ou artesáns (tecedores, carpinteiros).
  • A relixión: Os mesopotamicos eran politeístas. Os templos funcionaban como residencias destas divindades, e non tiñan unha crenza centralizada na vida despois da morte.
  • A educación: Xurdiron as primeiras escolas especializadas en ensinar a ler e escribir o sistema cuneiforme, transmitindo o saber acumulado. Só acudían a elas os fillos das familias máis ricas.
  • Arte mesopotámica: Destaca a arquitectura, onde usaban materiais como o ladrillo e o adobe para construír palacios e portas monumentais. Na escultura utilizaban a pedra para elaborar estatuas dos seus deuses e gobernantes.

Exipto

A civilización exipcia xurdiu en torno ao 3000 a. C. ao longo do val do río Nilo.

  • O medio xeográfico e tempo: As crecidas periódicas do río Nilo facían as terras moi fértiles, permitindo aos campesiños sementar e obter abundantes colleitas. Esta civilización xurdiu arredor da figura dos faraóns.
  • O faraón: Era o máximo gobernante do país, considerado propietario de todas as terras e comandante supremo do exército.
  • A sociedade exipcia: Estaba claramente estratificada:
    • Faraón: Máxima autoridade política e relixiosa.
    • Nobres e sacerdotes: Axudaban no goberno e na administración do país.
    • Campesiños: Traballaban e cultivaban as terras propiedade do faraón e dos templos.
    • Esclavos: Realizaban os traballos máis duros e carecían de dereitos.

Descargar

PDF Word HTML