Historia da Primeira e Segunda Internacional e o Anarquismo no Movemento Obreiro

Otras lenguas extranjeras3,13 KB

A Primeira Internacional e o Movemento Obreiro

Desde 1848, prodúcese un estancamento no movemento obreiro debido a unha mellora económica nos anos 50. Nesta etapa expandíronse as ideas de Marx e Bakunin.

  • Os socialistas crean un movemento a favor dunha asociación entre obreiros de diferentes países.
  • Marx expresarao xa no Manifesto Comunista onde dicía: "Proletarios de tódolos países, unídesvos".
  • En 1864 prodúcese en Londres unha reunión de sindicatos anglofranceses; á ela asisten tamén representantes de Bélxica e Alemaña.
  • Nesta reunión fundase a Asociación Internacional de Traballadores (AIT).

O Debilitamento e a Ruptura da AIT

A partir de 1868 iníciase unha fase de debilitamento da asociación debido á rivalidade entre Marx e Bakunin. Ideoloxicamente existen tres diferencias:

  • Marx: O motor da historia son as clases sociais, a revolución é cousa do proletariado e os partidos políticos deben intervir na sociedade.
  • Bakunin: O motor da historia son os individuos, a revolución é cousa do campesiñado e os sindicatos deben intervir na sociedade.

Esta polémica solucionarase no Congreso da Haya (1872) no que son expulsados os bakunistas, que crearán unha asociación á parte chamada Aliança Internacional de Traballadores, que se extingue nos anos 80.

Faitos que aceleraron a decadencia da AIT

  • Non conseguen evitar a guerra franco-prusiana.
  • En Francia fracasaron as comunas de traballadores.

Tódolos estes feitos provocaron que a AIT se disolvese totalmente no ano 1876.

A Segunda Internacional

A idea dun novo organismo internacional existe na maioría dos obreiros dende a caída da I Internacional; non obstante, a oposición de Marx e algúns partidos políticos retrasaron a súa posta en práctica.

No ano 1889 celébrase un congreso en París con motivo do primeiro centenario da Revolución Francesa e alí nace a II Internacional.

Principais Acorvos e Problemas

Un dos primeiros acordos tomados foi proclamar o 1 de maio como Día Internacional da Loita Obreira pola xornada laboral de 8 horas.

Varios problemas xurdiron ata chegar á ruptura da II Internacional, dos cales destacamos tres:

  • Mala relación entre os partidos políticos e os sindicatos.
  • Condena do imperialismo.
  • A Primeira Guerra Mundial, que supuxo o triunfo do nacionalismo sobre o internacionalismo.

O Anarquismo

É unha corrente filosófica antiga que colle forza no século XIX, reivindicando o máximo de liberdade. Etimoloxicamente significa "sen poder, sen autoridade", e o seu máximo representante é Bakunin.

Os pensadores anarquistas parten da idea de que son o Estado e as súas institucións o que destrúe a felicidade do home.

Principales Ideas do Anarquismo

  • Defensa da liberdade do home.
  • Están en contra de todo sistema de poder establecido, xa que o poder corrompe sempre.
  • Están tamén en contra da propiedade privada dos medios de produción.

Descargar

PDF Word HTML