Vocabulario en Galego: Glosario de Palabras Clave con Definiciones
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 10,48 KB
Glosario de vocabulario en galego
A continuación se presenta un glosario de términos en lengua galega con sus respectivas definiciones, ordenados alfabéticamente.
Certame: concurso literario, artístico o científico.
Cíclico: relativo o perteneciente a un ciclo (que se produce con intervalos regulares).
Clandestino: que se realiza o que actúa sen autorización.
Cláusula: disposición dun contrato, testamento o documento similar.
Coherencia: relación o unión harmónica, sen contradicións, dunhas cousas con outras.
Cohesión: unión harmónica entre as partes que forman un todo.
Confeitar: cubrir froitas e froitos secos cun baño de azúcre para obter confeitos.
Confidencia: revelación que se realiza a alguén de maneira secreta ou reservada.
Confluencia: acción, efecto de confluír.
Confluír: coincidir, ir a dar a un mesmo sitio.
Connotación: aquilo que unha palabra, enunciado… representa para alguén segundo o contexto, entonación.
Consolidar: dar solidez, firmeza e seguridade a algo.
Contundente: que non admite réplica nin discusión.
Convenio: aquilo que se convén ou acorda particularmente entre institucións e de maneira formal.
Corroborar: darlle novos datos, probas… para darlle máis forza e apoio a unha teoría ou argumento.
Cronoloxía: ciencia que trata de establecer a orde temporal en que se desenvolven os acontecementos históricos.
Cultismo: palabra ou expresión grega ou latina que entrou a formar parte dun idioma en época tardía e que non sufriu as transformacións fonéticas que afectaron as voces populares ou matrimoniais.
Decaer: perder condicións, forza ou valor.
Decontado: nun breve espazo de tempo.
Decoro: sentimento da propia condición e dignidade, que se reflicte no aspecto, maneira de comportarse, na fala…
Decote: de modo continuo, todos os días.
Delirar: falar ou pensar de xeito pouco razoable.
Desidia: falta de coidado, de esforzo e de dedicación en calquera traballo ou actividade.
Desolar: causar grandes estragos en edificios, bosques, colleitas, poboación…
Destituír: privar unha autoridade a alguén do seu cargo, da súa función, emprego…
Dexenerar: transformarse en algo cualificado como peor.
Disturbio: desorde pública, xeralmente motivada por causas políticas e sociais, caracterizadas por accións e manifestacións violentas.
Ecoloxía: ciencia que estuda as relacións que manteñen os seres vivos entre si e co medio en que viven.
Encetar: empezar a cortar ou a gastar dunha cousa que está enteira.
Enfeitizar: exercer influencia sobre algo ou alguén por medios máxicos.
Enlazar: poñer en relación varias cousas entre si de maneira ordenada.
Entidade: calquera tipo de asociación, colectivo ou reunión de partes que forman un todo, que se dedica a unha determinada actividade.
Enxebre: sen nada engadido, sen mestura.
Epitafio: inscrición nunha tumba en memoria do defunto.
Escepticismo: actitude crítica e de desconfianza cara ao xeralmente aceptado.
Escolmar: coller o mellor ou o que máis interesa dun grupo de cousas.
Esmorecer: perder as forzas, o ánimo ou o sentido.
Estirpe: raíz e liña de antepasados e descendentes dunha familia.
Estricar: estender algo que está encollido.
Estupefacción: estado de alguén ante unha gran sorpresa que non permite reaccionar.
Eventual: que non é fixo, ten un carácter ocasional.
Eximir: facer ou ser a causa de que alguén non cumpra unha condena ou castigo.
Gradación: serie de cousas ordenadas dun xeito gradual.
Ideal: reúne as mellores calidades posibles, o máis apropiado para algo.
Idealista: relativo ou perteneciente ao idealismo.
Ideario: conxunto das principais ideas dun autor, dunha escola, dun partido político, dunha colectividade…
Inconexo: dúas ou máis cousas entre si, que non teñen conexión.
Incorporar: facer que algo ou alguén pase a formar parte dun todo.
Inescrutable: que non se pode chegar a descubrir, entender ou interpretar.
Inflixir: causar ou aplicar un castigo, golpe, pena… físico ou moral.
Infrutuoso: que non acadou ningún proveito ou resultado positivo.
Innovación: novidade que se introduce nun dominio determinado.
Inquirir: facer as xestións necesarias para chegar a saber algo.
Intenso: dunha gran forza, que se manifesta ou sente con intensidade.
Intriga: gran interese por coñecer algo ou o seu desenvolvemento/final.
Intuición: facultade da intelixencia que, sen apoiarse en ningún signo racional, percibe algo que existe e vai ocorrer ou está ocorrendo.
Laiar: persoas ou animais, expresar pena ou sufrimento mediante choros.
Laxe: pena de grandes dimensións e de superficie lisa, que aflora nun terreo sen sobresaír del.
Leal: persoa… que mantén unha actitude de apoio respecto a outra e que non a traizoa nin abandona.
Letargo: sono profundo e prolongado durante o que diminúen as funcións vitais do individuo ata o punto de que parecen non existir.
Loar: facer comentarios favorables sobre unha persoa ou cousa, salientando os seus méritos e calidades. (alabar)
Manipular: realizar diversas operacións nunha cousa coas mans ou por outros medios.
Marxinar: delimitar con marxes o papel no que se está a escribir.
Mente: facultade humana para imaxinar, entender, pensar, razoar…
Metamorfose: transformación dun ser noutro de natureza distinta.
Miúdo: de pequeno tamaño e pouco volume.
Mordaza: peza ou anaco dela, que se pon na boca de alguén para que non berre.
Morno: lixeiramente quente, temperado.
Murchar: facer perder a un vexetal a humidade e frescura para secalo.
Obrigar: facer que alguén faga algo contra a súa vontade.
Opresión: sensación de aperto e angustia que vén acompañada dunha dificultade respiratoria.
Padal: parte superior interna da boca.
Palatal: relativo ao padal.
Paliar: disimular algo baixo unha aparencia falsa.
Peirao: construción á marxe dun río/mar que facilita o embarque das naves.
Pernicioso: que provoca dano ou prexuízo físico ou moral.
Pescudar: facer preguntas e investigacións para chegar a averiguar algo.
Preceptivo: orde ou disposición que dá alguén con autoridade para facelo.
Promover: favorecer o desenvolvemento de algo.
Propugnar: mostrarse partidario de algo que se pode poñer en práctica e tratar de que se leve a cabo.
Pular: dar saltos.
Purista: que se axusta exactamente aos cánones dunha lingua e non admite estranxeirismos ou neoloxismos.
Rebelar: facer que alguén vaia en contra dunha institución.
Recensión: análise crítica dunha obra de recente publicación, baixo a forma de artigo.
Reduto: lugar apropiado para esconderse ou defenderse.
Rendible: que produce máis beneficios ca gastos ou perdas.
Reo: persoa culpable dun delito.
Retranca: habilidade para falar con segunda intención, sobre todo cando quere facerse unha graza.
Rexedor: que goberna, guía ou dirixe.
Rexo: que ten forza e vigor.
Rinchar: son que emite o cabalo.
Salientar: facer que algo ou alguén sexa notado especialmente no conxunto do que se di, realiza ou mostra.
Seducir: persuadir a alguén para que actúe dun certo modo concreto.
Senlleiro: sen compañía.
Simbiótico: organismo que vive en simbiose.
Subela: instrumento afiado de metal, con mango de madeira, que se usaba para furar coiro, goma…
Supeditar: facer depender unha cousa de algo.
Suplir: ocupar o posto ou función dunha persoa ou cousa que falta.
Sutil: moi fino ou delgado.
Tartamudear: falar con dificultade, cortando as palabras e repetindo sílabas moi rapidamente.
Transición: paso dun estado/situación a outro sen brusquidade.
Transitorio: que non dura moito.
Tregua: interrupción temporal dun padecemento ou traballo.
Utopía: idea ou proxecto que se considera moi bo, pero irrealizable.
Venerar: render culto a algo ou alguén.
Vexar: someter a alguén a continuos malos tratos.
Vincular: unir mediante un vínculo.
Vínculo: aquilo que une persoas ou cousas a outras.
Virilla: parte do corpo onde se une a coxa co ventre.
Vulnerar: causar algún tipo de prexuízo a algo de carácter inmaterial.