Historia da Siderurxia e a Expansión da Revolución Industrial en Europa
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,79 KB
Análise do Crecemento Industrial
O fragmento compónse de dous parágrafos de desigual extensión (9,5 vs 3,5 liñas).
Primeiro Parágrafo: Evolución e Diversificación
No primeiro destacamos a August Thyssen e Thyssen e Cía, con fitos nos anos 1871, 1878, 1881, 1882 e 1884 en Mülheim. A súa actividade incluía forxas e laminarias, tubaxes soldadas, obradoiro de galvanización de cinc, forxa e chapistería, fundición e fábrica de máquinas.
- Secuencia temporal: É progresiva, con intervalos de 7, 3 e 2 anos.
- Titularidade: A empresa suxire a transformación dunha empresa familiar a outra anónima, aínda que non conleve a perda da orixe fundacional.
- Actividade económica: Pertencente ao sector siderúrxico, constátase unha evolución da produción cara a unha progresiva diversificación e especialización, desde os bens intermedios (forxas e fundicións) ata os bens finais (máquinas).
- Localización: Mülheim, localidade alemá do Ruhr, confirma a coordenada espacial do pé do fragmento.
Segundo Parágrafo: O Imperio Mundial
Transcorreron corenta anos (1871 + 40 = 1911) na fábrica de Mülheim, que pasou de ter 70 obreiros en 1871 a contar con 7.000 obreiros e 800 empregados. Os seus produtos esténdense por todo o mundo.
A man de obra manual multiplicouse por 100 e o mercado da súa produción mundializouse. O titular proposto polo Manual queda así máis que explicado: A Thyssen e Cía tívose convertido nun imperio mundial entre a guerra franco-prusiana (fin do II Imperio francés) e a Grande Guerra (hexemonía do II Reich alemán).
Comentario Histórico
Caben dous comentarios fundamentais sobre este proceso:
A) A Expansión Territorial da Revolución Industrial no Continente Europeo
- Bélxica: Foi o primeiro país que se industrializou tras o Reino Unido, grazas aos seus recursos naturais, a súa tradición artesanal, aos investimentos franceses e ao apoio do goberno á construción ferroviaria.
- Francia: Non seguiu o mesmo ritmo pola conxunción da redución da natalidade máis temperá que noutras partes de Europa e a importancia da súa produción agraria e artesanal.
- Alemaña: Non foi un estado unificado ata 1870, o que dificultou a súa industrialización. No entanto, nos anos 30 do século XIX creou o Zollverein, unha unión aduaneira que permitiu crear un mercado interior alemán. A súa industrialización caracterizouse pola alianza entre a nobreza agraria e a burguesía industrial, o intervencionismo estatal, unha gran concentración empresarial e financeira, e un sistema educativo que favoreceu as ensinanzas técnicas.
- Resto de Europa: Só puideron continuar o rastro alemán Dinamarca (baseada na súa especialización agrícola) e Suecia (pola calidade do seu ferro). Un exemplo do contrario foi o Imperio zarista.
- Escenarios extraeuropeos: A expansión do capitalismo tivo lugar nos USA tras a Guerra de Secesión e no Xapón tras a Revolución Meiji.
B) A II R.I.: Sistemas de Produción Innovadores
A finais do século XIX aplicáronse novos sistemas para aumentar a produción:
Taylorismo e Fordismo
- Taylorismo: O enxeñeiro F.W. Taylor creou esta doutrina que explica a división do traballo en pequenas e específicas tarefas, onde o operario pasaba a percibir un salario conforme a súa produtividade.
- Fordismo: O empresario Henry Ford empregou na súa fábrica de automóbiles dous novos conceptos: o traballo en cadea de montaxe (para evitar as transicións entre tarefas e aumentar o número de bens producidos por obreiro) e a produción en serie (fabricación a partir de pezas deseñadas industrialmente iguais para unha produción en masa que abaratase os prezos).
Concentración Empresarial
A necesidade de realizar grandes investimentos e o desexo de controlar os mercados fixo que se producesen fusións ou acordos entre empresas:
- Cártels: Empresas da mesma actividade que acordan fixar prezos e compartir beneficios.
- Holdings: Conxunto de empresas controladas por unha delas, frecuentemente un banco.
- Trusts: Agrupación voluntaria de empresas que cobren todas as fases de produción co fin de eliminar a competencia nos mercados.