Historia e Evolución do Galego: Séculos XX e XXI
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
con un tamaño de 3,16 KB
O galego a finais do século XX e comezos do XXI: Características lingüísticas fundamentais
O estudo da lingua galega no tránsito entre o século XX e o XXI require unha análise profunda do seu contexto histórico e da súa situación sociolingüística, marcados pola recuperación das institucións democráticas e o recoñecemento legal do idioma.
Contexto histórico e situación sociolingüística
Coa morte de Franco en 1975 comezou o proceso de transición democrática. En 1978 aprobouse, en referendo popular, a actual Constitución Española, que sentou as bases do novo marco de convivencia.
O desenvolvemento do Estado das Autonomías posibilitou o acceso ao réxime autonómico para Galicia. Isto materializouse a través do Estatuto de Autonomía (1981), o cal nos dota de organización política e administrativa propia.
Ao mesmo tempo, Galicia vese inmersa no proceso de creación da Unión Europea; esta busca proporcionar aos países membros unha unión económica e política sólida.
Transformacións socioeconómicas e demográficas
A economía atópase nunha época de grandes transformacións que afectan directamente á realidade social:
- A poboación deixa de ser maioritariamente agrícola para integrarse na industria e os servizos (turismo, comercio, etc.).
- As melloras das condicións sanitarias e a boa alimentación prolongan a vida dos galegos. Temos a taxa de mortalidade máis baixa do mundo, o que provoca o estancamento da poboación.
- Galicia deixa de ser un país que xera emigrantes; á nosa terra chegan persoas de diferentes países, movidas polo progreso e as novas oportunidades.
O recoñecemento legal da lingua galega
A aprobación da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía supuxo un cambio definitivo na consideración legal do galego: a nosa lingua é recoñecida por primeira vez nun marco democrático moderno.
O recoñecemento oficial produciuse no Estatuto de Autonomía (1981), que establece no seu artigo 5 o status do idioma propio. Este recoñecemento baséase no establecido na Constitución Española de 1978.
A Constitución Española establece a cooficialidade nun territorio delimitado (as comunidades autónomas con lingua propia), mentres que o castelán é oficial en todo o territorio do Estado.
A Lei de Normalización Lingüística (1983)
En 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingüística, que pretende restituír o galego á normalidade en todos os ámbitos da vida pública e privada. A versión aprobada inicialmente dicía: "todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo".
Porén, o Tribunal Constitucional anulou este artigo en 1986. Aquí foi onde se viu a asimétrica lei entre o castelán (cuxo coñecemento é obrigatorio segundo a Constitución) e o idioma do noso país, o galego.