Historia, Evolución y Situación Sociolingüística de la Lengua Gallega en el Siglo XX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 11,29 KB

Galicia no Primeiro Terzo do Século XX (Contexto histórico-cultural, situación sociolingüística e características lingüísticas)

A poboación medrou nun contexto de emigración e movementos migratorios dende as aldeas cara ás cidades e dende a zona interior cara ás costeiras. Produciuse unha transición económico-social coa abolición dos foros e a desaparición da fidalguía rentista, o que permitiu aos campesiños adquirir terras, aínda que sen recursos suficientes. Isto propiciou o xurdimento de movementos agrarios, implicando o campesiñado a través de sociedades agrarias (como a Liga Agraria de Acción Gallega) e sindicatos agrícolas.

Avanzou a recuperación cultural iniciada no século XIX. O galego gañou presenza en ámbitos como o ensaio, a narrativa e o discurso político, o que levou ao nacemento do Nacionalismo Galego (Irmandades da Fala e Grupo Nós). As Irmandades defendían a nación, o territorio, a cultura e o idioma propio. O galego culto do século foise elaborando mediante dicionarios e gramáticas, expandiéndose a ámbitos como a radio e a propaganda comercial.

En 1922 produciuse a ruptura coruñesa (liderada por Villar Ponte e Peña Novo), enfocada na loita electoral e política institucional, mentres que o grupo ourensán (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas) centrouse nunha labor cultural de concienciación da xente con vocación de vitoria.

En 1920 naceu o primeiro número da Revista Nós (escrita integramente en galego), clave para a modernización da cultura galega (costumismo e folclorismo). En 1923 fundouse o Seminario de Estudos Galegos (SDG), promovendo a investigación interdisciplinar e labor nos eidos económico, xeográfico, histórico, arqueolóxico e xurídico.

Con todo, o castelán avanzou. Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) houbo represión e castigos físicos e psíquicos, e algúns mestres abandonaron a transmisión oral. Ante isto, as Irmandades da Fala publicaron a primeira revista infantil, As Roladas, e crearon as "Escolas de Insiño Galego", as primeiras revistras de carácter pedagóxico para aprender galego.

No seo dunha sociedade cunha maior xerarquía e forte presenza do clero, destacaron figuras como o arcebispo Lago González e a súa poesía.

A proclamación da Segunda República en 1931 e a fundación do Partido Galeguista (PG) trouxeron esperanza e un clima menos hostil. Os obxectivos do PG eran o galego no ensino e a cooficialidade co castelán. O partido impulsou iniciativas para elaborar o Estatuto de Autonomía de Galicia, mentres que editoriais como Lar e Nós publicaron estudos lingüísticos.

Aínda que Galicia mantiña máis dun 90% de falantes, acelerouse a castelanización e diminuíron os falantes monolingües nas zonas urbanas debido á radio e á alfabetización en castelán. Na escritura non existía un modelo único, o que xerou intentos de crear unha norma a través dun galego diferencialista, que intentaba marcar diferenzas co castelán tomando o portugués como modelo.

O Galego de 1936 a 1978: Características Fundamentais, Contexto Histórico e Situación Sociolingüística

Baixo a ditadura franquista moldeáronse as características lingüísticas do galego actual, marcadas polas interferencias do castelán, sobre todo no léxico. É a época do galego protoestándar (con plurais en -is e -ns). A normativización comeza a albiscarse con obras como a Gramática elemental del gallego común (1966) de Ricardo Carvalho Calero e o Diccionario Enciclopédico gallego-castellano (1961) de Eladio Rodríguez López.

O contexto histórico divídese en dúas grandes etapas:

1936-1950: Represión da Lingua e Silencio Literario

  • Imposición do castelán como única lingua do Estado; o galego perde prestixio social e fica prohibido. Silencio nas imprentas e homes vinculados ao galego abocados á morte ou ao exilio.
  • Os galeguistas no exilio defenden a cultura galega mediante a edición de libros en galego, publicación de revistas, teatro, cursos da lingua, etc.

1950-1975: A Lenta e Progresiva Recuperación da Lingua

  • Anos 50: Morte de Castelao (representante do exilio) e nacemento en Vigo da Editorial Galaxia, dando lugar ao culturalismo (centrado na acción cultural). Créanse a Revista de Economía de Galicia, Atlántida e Grial. Ante a represión do réxime franquista, o Centro Galego de Buenos Aires presenta unha denuncia ante a UNESCO pola "persecución do idioma galego polo Estado Español".
  • Anos 60: Aperturismo no réxime, nacemento das primeiras asociacións culturais e de Edicións do Castro. Aparecen clandestinamente os primeiros partidos galeguistas e na Universidade de Santiago de Compostela créase a Cátedra de Lingua e Literatura Galegas.
  • Anos 70: Aumentan as mostras de normalización coa recuperación da toponimia, pancartas e comunicados políticos en galego, emisións de radio e introdución do ensino do galego en todos os niveis.

Situación Sociolingüística

Forte retroceso sociolingüístico, consolidación de prexuízos e estereotipos, e perda de funcións culturais (non uso nas institucións), derivando nunha clara situación de diglosia respecto ao castelán. Os principais axentes castelanizadores foron:

  • A) Emigración e inmigración.
  • B) Institucións e ensino en castelán.
  • C) A Igrexa.
  • D) Prensa, radio e televisión (expansión do castelán).

O Galego a Fin do Século XX e Comezos do XXI: Características Lingüísticas, Contexto Histórico e Situación Sociolingüística

O contexto histórico está marcado pola fin da ditadura franquista e a chegada do réxime democrático, coa recuperación de liberdades e a descentralización do poder mediante as comunidades autónomas. Isto tivo varias consecuencias:

A oficialización do galego supuxo un incremento do seu uso na vida pública e a súa función constitucional no ensino, administración e concellos, xerando unha revalorización social na que deixa de estar reducido aos usos informais.

Neste contexto xurdiron dúas grandes novidades: a culminación do proceso de estandarización e a introdución do galego na escola (como mellor medio de difusión da lingua estándar), o cal xerou unha diglosia interna entre o galego estándar e o coloquial.

Tres textos constitúen o marco legal da nosa lingua:

  • Constitución Española: Establece que a lingua é oficial e que existe o deber de coñecela e o dereito a usala.
  • Estatuto de Autonomía: Define o galego como lingua propia de Galicia, oficial e con dereito potencial a empregala.
  • Lei de Normalización Lingüística: Regula o seu uso no ensino, administración e medios de comunicación.

A situación sociolingüística analízase a través da súa presenza en diferentes funcións sociais:

  1. Función identitaria, familiar, laboral e local: É a lingua con maior uso, aínda que varía segundo a idade, o hábitat, a clase social e o nivel de estudos. As novas xeracións preséntanse xa como non nativas.
  2. Amplo uso na función institucional (herdanza medieval): Destaca na Administración (Xunta, Parlamento de Galicia, administración local, aínda que con menor presenza na Xustiza), no sistema educativo (ensinanzas obrigatorias e universidades) e nos medios de comunicación (Radio Galega, TVG, prensa escrita e Internet entre as 50 linguas máis usadas no mundo).
  3. Función cultural: Presenta un elevado nivel de uso nos maiores logros do proceso normativo, tanto na expresión da cultura popular como na formalizada (artes plásticas, teatro, literatura e música, recoñecidas dentro e fóra das nosas fronteiras).

Como indicadores sociolingüísticos negativos atópanse:

  • 1) A iniciación lingüística ligada maioritariamente ao monolingüismo en castelán.
  • 2) Un proceso de normativización que avanza lentamente.
  • 3) Falta de concienciación en toda a sociedade, con procesos de desgaleguización nos sectores máis poderosos e visibles.

Para garantir a supervivencia do galego é decisiva a acción normalizadora individual. É o noso deber, nun mundo onde a substitución lingüística avanza, facer chegar ás xeracións futuras esta sinal de identidade e esta lingua que amosa a diversidade cultural e nos define como comunidade.

O Panorama Plurilingüe en España

Na Península Ibérica falanse 9 linguas: galego, portugués, asturleonés, mirandés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán (valenciano) e aranés.

Destas, 7 son oficiais (todas agás o asturleonés e o aragonés, que están en risco de desaparición). O resto son cooficiais nos seus territorios e 2 son oficiais a nivel estatal (o portugués na súa contorna histórica e o castelán).

España configúrase como un Estado plurilingüe, tal como recoñece a Constitución Española, obrigando a coñecer o castelán e recoñecendo o dereito ás demais linguas. Máis do 40% da poboación vive en territorios de convivencia lingüística doutras linguas co castelán, a miúdo marcadas pola falta de plena equiparación legal e pola diglosia.

CatalánEuskeraAsturleonésAragonésAranésGalego
Cataluña, Leste de Aragón, Rosellón (Francia), Sardeña, Andorra, Baleares, Comunitat Valenciana, MurciaEuskadi, Navarra, País Vasco FrancésAsturias, León, Miranda do DouroAragónLleida, sur de FranciaGaliza, Oeste de Asturias, León, Zamora, Val de Elías
España e Andorra: SÍ
Francia e Sardeña: NON
Euskadi e Navarra: SÍ
País Vasco Francés: NON
Asturias e León: NON
Miranda do Douro: SÍ
Non no ensinoSÍGalicia: SÍ
Resto: NON
España e Andorra: Oficial
Francia e Sardeña: Non
España: Oficial
Francia: Non
España: Protexida
Miranda do Douro: Oficial
ProtexidaVal de Arán, Cataluña, Andorra: Oficial
Francia: Non
Galicia: Oficial
Resto: Non
Ascenso en Cataluña, descenso no restoEuskadi: Ascenso
Francia: Descenso
Desenceso en España, ascenso en Miranda do DouroDescensoDescensoDescenso

Entradas relacionadas: