Historia de Galicia na Coroa de Castela, Literatura Culta e Revolución Liberal
O Reino de Galicia na Coroa de Castela
En 1230, Fernando III reuniu, baixo un só cetro, Galicia, León e mais Castela. Para alén diso, a acción conquistadora permitiulle ao monarca ampliar os seus dominios logo da toma de Córdoba (1236) e Sevilla (1248). A conquista andaluza veu significar unha mudanza esencial nas coordenadas socioeconómicas e sociopolíticas dos diferentes territorios que conformaban a coroa de Fernando III e dos seus sucesores.
Afastada dos abrollantes centros do poder, Galicia, convertida cada vez máis nun territorio arredado e sen peso sociopolítico, asiste aos novos tempos dende unha posición marxinal que se vai prolongar durante os séculos seguintes. Sen atinxir un papel protagonista dentro do conglomerado hispánico e europeo, podemos dicir que todo o que acontece e que no noso país atinxe a Idade Moderna carecendo dun monarca privativo ou dunhas institucións propias.
O século XV non supuxo máis que a confirmación dun proceso que se abriu en 1230 coa unión de León e Castela e continuou coa prolongación do emerxente poder castelán nas terras de Andalucía. Galicia, que ao longo de toda a Idade Media viviu, dalgunha maneira, nunha situación de semi-independencia, deixaba de ser dona de seu.
Literatura Culta nos Séculos Escuros
Son escasas as manifestacións da literatura de carácter culto durante os Séculos Escuros. Conformouse unha pequena corte da que o resultado é unha presada de textos líricos e teatrais.
- Desa corte de Gondomar conservamos a Canción galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragues, primeiro galego en desempeñar o cargo de Capitán Xeral de Galicia.
- Xa no século XVII, teñen relevancia dous documentos recollidos no xa citado volume titulado Exequias da raiña Margarida (1612): a obra de Xoan Gómez Tonel o primeiro, e o segundo de Pedro Vázquez de Neira.
- Aínda, tamén procedentes desta mesma centuria, consérvanse as denominadas Décimas ao Apóstolo Santiago, das que é autor frei Martín Torrado e que fan referencia á controversia acerca de Santiago.
- Do século XVI posuímos o Diálogo de Alberte e Bieito, pequena peza cuxa característica é que se escribe pero non se imprime.
- Xa do século XVIII data o chamado Entremés do portugués, que dá conta da existencia dun xénero de corte popular.
- O documento teatral máis importante deste período é a peza de Gabriel Feixó de Arauxo A contenda dos labradores de Caldelas.
A Revolución Liberal (1833-1868) e o Provincialismo
O acceso ao trono de Isabel II ocasiona un conflito dinástico entre os carlistas e os isabelinos. Prodúcese neste período a desamortización dos bens, rendas e dereitos das institucións relixiosas, o que supuña unha verdadeira conmoción para o campo galego.
O resultado foi, dunha parte, a ausencia dun investimento no eido da industria e, doutra, que o campesiño continuase na mesma situación que viña padecendo por mor dos excesivos prazos para a redención dos foros e dos múltiples subarrendos.
Finalizada a primeira Guerra Carlista, coñeceuse en Galicia unha esperanza etapa de efervescencia política e ideolóxica. A alternativa política coñecida como Provincialismo tratou de aproveitar o pronunciamento de Solís en 1846, conseguindo a creación dunha Xunta Superior do Reino de Galicia.