Historia e transformación da literatura galega no século XX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,42 KB

O Exilio e a Literatura Galega

O poema “Tan doce era xuntanza miña e vosa!” pertence ao poemario Lonxe, de Lorenzo Varela, autor exiliado despois da Guerra Civil e a vitoria do bando nacional en 1939. A represión exercida durante a ditadura imposibilitou que se continuase en Galiza co labor desenvolvido no primeiro terzo do século XX (Irmandades da Fala, SEG e Xeración Nós). Por este motivo, foi no exilio en América onde se realizou unha intensa actividade política e cultural, destacando:

  • Publicación de obras literarias.
  • Creación de infraestrutura editorial.
  • Desenvolvemento de grupos teatrais.
  • Organización de actos diversos.
  • Emisións radiofónicas.

A Transformación da Poesía Galega

A publicación en 1976 de Con pólvora e magnolias, de Ferrín, e Mesteres, de Arcadio López Casanova, marcará un cambio de rumbo na poesía galega. O socialrealismo, rexeitado pola falta de rigor estético e unha mensaxe social repetitiva, deixa paso a unha nova poesía preocupada pola forma, pola linguaxe e aberta a novos temas.

Características da lírica contemporánea

O culturalismo, o experimentalismo, o esteticismo, o europeísmo e o cosmopolitismo serán as principais características da lírica que define esta etapa e que chega ata os nosos días. Nos anos 90, aínda que a liña social esgotara o seu tempo, algúns autores e autoras non rexeitan totalmente a crítica co mundo que lles tocou vivir e pronúncianse a favor de:

  • Antimilitarismo.
  • Ecoloxismo.
  • Feminismo.

Esta temática é abordada por un número moi significativo de mulleres que se incorporan neste momento ao panorama literario galego e que introducen un discurso feminino e feminista que segue vixente no século XXI.

A Prosa e a Consolidación do Sistema Literario

A chegada da democracia, coa introdución do galego no ensino, a creación de novas editoriais (Xerais, 1979; Sotelo Blanco, 1980...) e a proliferación de premios literarios (Premio Blanco Amor, Premio Xerais...) fan que a narrativa galega acade unhas dimensións —cuantitativa e cualitativamente— non experimentadas anteriormente. A nosa prosa consagrarase definitivamente nos anos 80 cunha importante diversificación de estilos, temas e rexistros lingüísticos. Nace tamén nesta década a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil).

Entradas relacionadas: