Humanismo, Renacemento e Monarquía Autoritaria

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,31 KB

Humanismo

Corrente cultural que considera o home como a medida de referencia de todas as cousas. Humanistas coas súas obras, revalorizaron as capacidades do ser humano, a Deus e outras reflexións.

Características:

  • Exaltación dos valores e dos escritores da antigüidade clásica (Platón).
  • Valoración literaria e científica dos idiomas particulares (divulgacións das obras favorecidas pola invención da escritura).
  • O desenvolvemento do sentido crítico e da argumentación razoada.
  • Interese pola comprensión da natureza e os seus fenómenos (ciencia moderna).
  • Humanistas: Lorenzo Valla, Xoán Luís Vives, Tomás Moro,...

Renacemento

Movimento cultural e artístico iniciado en Italia no século XV coetáneo ao humanismo.

Características:

  • Trazados básicos: o home como medida de todas as cousas e admiración pola cultura clásica.
  • Favorecidos polo apoio dos reis, príncipes...
  • Descubrimento: Mercator: elaboración do mapa mundial. Vesalio: estudos anatomía. Paracelso: preparados químicos e fármacos. Maquiavelo: pensamento político. Leonardo da Vinci: home xenial que reflicte o ideal de aspirar ao coñecemento universal.

Monarquía autoritaria en defensa do catolicismo

Estado moderno con reformas:

Control social

Someter aos nobres e eclesiásticos controlando as revoltas nobiliarias e ordenando severas medidas contra os que se opuxesen.

Administración

Reforzaron a actuación real.

Exército

Permanente, formado por mercenarios que lles permitiu controlar o territorio e realizar campañas de conquista no exterior.

Cristovo Colón e o descubrimento de América

Propuxo viaxar a China e a India atravesando o Océano Atlántico. Cálculos erróneos, cría que as terra era máis pequena, chegou a América en 1492 e descubriu novas terras:

  • Presenta o proxecto ao rei de Portugal (rexeitado) e dospois a Castela (varias negativas pero ao final aceptada polo apoio dos frades do mosteiro de Rábida) financian a expedición.
  • Polas capitulacións de Santa Fe acordaron que as novas terras pasarían á Coroa de Castela e Colón recibiría títulos nobiliarios e 1/10 das riquezas obtidas.
  • Expedición partiu do Porto de Palos de Moguer (Huelva) o 3 de agosto de 1492, formada por 3 naves.
  • Fixeron escala nas Canarias e o 12 de outubro de 1492 tocaron San Salvador e máis tarde descubrir máis terras.
  • A nave de Pinzón non chegou a Lisboa senón que a Baiona a causa dunha tormenta e a de Colón chegou a Lisboa.
  • Sucesivas viaxes foron poñendo en evidencia que as terras descubertas non eran a India e bautizárona como América por Américo Vespucio.
  • Para evitar conflictos fíxose o tratado de Tordesillas que establecía un meridiano como límite do dominio portugués e castelán.

Causas da rápida conquista:

Superioridade técnica e militar (armas, canóns...). Problemas dos imperios aztecas e incas (enfrontamentos). O sistema centralizado, obediencia ao monarca que facilitaba a conquista.

Entradas relacionadas: