A Idade Media Tardo-Baixa e o Esplendor da Arte Gótica: Arquitectura, Escultura e Pintura

Arte y Humanidades2,47 KB

A Plena e a Baixa Idade Media: Do Renacemento Urbano á Crise

Arte Gótica: O Esplendor Urbano

Tamén nas cidades desta etapa aparecerá un novo estilo artístico: a arte gótica. A partir do segundo cuarto do século XII xurdiu no norte de Francia o gótico, un novo estilo que se difundiu pronto polo resto de Europa, e que sobrevivirá ata o século XV. O gótico foi un estilo urbano que reflectiu o esplendor alcanzado nas cidades, nas que se financiaron custosos edificios decorados con esculturas, pinturas e vidreiras.

A Arquitectura Gótica e os seus Elementos Clave

A arquitectura gótica, realizada en pedra, caracterizouse pola conxunción de tres elementos construtivos:

  • O arco apuntado ou oxival: É moito máis dinámico que o de medio punto románico; por iso, permite alcanzar unha elevación considerable.
  • A bóveda de cruzaría: É máis lixeira que a bóveda de aresta románica. Fórmase polo cruzamento de dous arcos apuntados nun punto central, chamado clave.
  • O arcobotante: Utilízase para conducir ata os piares exteriores as presións laterais das bóvedas. Deste modo, os muros perden o seu papel sustentante, e neles poden abrirse grandes ventanais pechados con vidreiras. Estas dotan ao edificio gótico dunha gran luminosidade e colorido.
A Catedral Gótica: Centro da Vida Relixiosa

O edificio relixioso máis importante era a catedral. Adoita ter planta de cruz latina, con tres ou cinco naves, transepto e cabeceira con deambulatorio. O interior consta de tres pisos: arcadas, triforio e ventás con vidreira.

A Escultura Gótica: Humanización e Realismo

A escultura monumental sitúase sobre todo nas fachadas, en particular nas portadas e nos capiteis das catedrais. Pero agora, en comparación co románico, as figuras presentan unha maior independencia do marco e son máis realistas.

A Virxe pasa a representarse como nai de Deus, suxeita o neno nun brazo e mostra unha actitude maternal cara a el, buscando inspirar tenrura. Por iso, ambos os dous comunícanse, míranse e sorrín.

A Pintura Gótica: O Nacemento do Retablo

A pintura abandonou os muros das igrexas, ocupados polas vidreiras, e realizouse en táboas de madeira. Estas podían formar grandes conxuntos situados detrás do altar, denominados retablos. Conseguen ser máis realistas na representación da profundidade.

Descargar

PDF Word HTML