La Ilustración en el siglo XVIII

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,99 KB

KANT

Contexto histórico, cultural e filosófico do autor

Factores políticos, sociais e culturais que no s.XVIII conducen á ilustración:

A Ilustración é un movemento cultural que propón unha nova maneira de enteder a natureza e o ser humano. Ocúpase da relixión, a política, a ciencia e a filosofía.

Ten lugar no s.XVIII, ao longo dun período que vai desde a Revolución Gloriosa 1688 ata a Revolución francesa 1789.

É un período de grandes transformacións; a clase que desenvolve o cambio social é a burguesía, que xoga un papel cada vez máis importante na historia. Por primeira vez aparecen na sociedade individuos que, sen pertencer ao clero ou á nobreza, están capacitados para participar en reunión, coñecer e debater ideas alleas e crear un pensamento propio. Os burgueses non teñen privilexios nin dereitos, están en contra do poder absoluto do rei e impulsan a Revolución en Francia, mentres que en toda Europa existe un desexo de pasar da monarquía ao parlamentarismo, no que existe unha división de poderes regulada pola Constitución e realízanse eleccións libres.

Esta loita para cambiar a mentalidade anterior (na que a monaquía absoluta tiña un control da sociedade) nace en Inglaterra, desenvólvese en Francia e chega finalmente a Alemaña.

En Inglaterra, a partir da Revolución Gloriosa, desenvólvese un clima de tolerancia e liberdade, que permite unha progresiva secularización da cultura. A filosofía empirista e a súa aplicación ao modo de facer ciencia, conseguen que o coñecemento avance enormemente. O resultado desa actividade por parte dos científicos será a Revolución industrial a finais do s.XVIII.

Os intelectuais franceses, que vivían nunha monarquía absoluta, envexaban a situación social inglesa e o seu clima de tolerancia relixiosa. En Francia, os intereses dos ilustrados foron a loita por un cambio de ideas que permitirá variar de réxime político.

En Alemaña, a Ilustración chega un pouco máis tarde, introducida polo rei Frederico II, que quería reformar o sistema político e educativo para que as ideas ilustradas da emancipación e autonomía chegasen ao pobo, pero sen deixalo intervir á hora de tomar decisión (xa que o modelo de Estado era o despotismo ilustrado).

A defensa dos ideas da Ilustración permitiulle a Occidente pasar da queima de bruxas e a trata de escravos á ideas de que todos os homes teñen dereitos. Cesare Beccaria difundeu este enfoque no dereito penal e Mary Wollstonecraft esixiu que a muller fose partícipe do dereito de cidadanía.

Características da razón ilustrada

Os ilustrados confiaban na razón cegamente, xa que consideraban que era o único instrumento que podería proporcionar un coñecemento seguro e válido para interpretar o mundo. O resultado de aplicar a razón á experiencia son as ciencias, que poderían explicar e controlar a natureza. Se a razón se depurase de prexuízos podería coñecer sen obstáculos e progresar

Entradas relacionadas: