Impacto de la expansión europea y reformas religiosas

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,24 KB

Consecuencias

Culturais

Ampliación do mundo coñecido. Confirmación da esfericidade da Terra.

Económicas

Aumento da produción artesanal europea. Auxe das cidades e portos atlánticos.

Sociais e demográficas

Disminución da poboación indíxena americana polas guerras e enfermidades. Desaparición das sociedade e cultura tradicionais das civilizacións precolombinas.

Políticas

Formación dos imperios coloniais de España e Portugal. Rivalidade entre os reinos europeos polo control de terras e rutas marítimas.

Reforma protestante

Únicamente a fe pode salvar; sen fe non valen de nada as boas obras. As sagradas Escrituras son a única fonte de fe e cada cristián pode interpretalas libremente. Os únicos sacramentos válidos son o bautismo e a eucaristía. Debe suprimirse o culto á Virxe e aos Santos. O Papa non ten o poder absoluto sobre a Igrexa. As ordes monáticas deben suprimirse. Os sacerdotes poden contraer matrimonio. As indulxencias non serven para reducir as penas debidas polos pecados cometidos. O xusto sálvase no ceo, e o pecador condénase no inferno; non existe o purgatorio.

Contrarreforma católica

Para alcanzar a salvación non basta a fe, é preciso facer boas obras. As fontes de fe son a Biblia (que so pode ser interpretada polo clero) e as resolucións dos concilios (reunións do Papa cos obispos para establecer a doutrina oficial da Igrexa. Os sacramentos son sete: bautismo, confirmación, eucaristía, penitencia, unción de enfermos, orde sacerdotal e matrimonio. A Virxe e os Santos poden recibir culto. O Papa é o xefe da Igrexa, infalible (que non se equivoca) cando establece dogmas ou verdades de fe.

A monarquía hispánica: trazos

Unión de reinos que establecían a un mesmo rei pero cada reino tiña as súas propias institucións e leis. Pola súa riqueza e extensión exerceu a hexemonía política en Europa que provocou enemigos. Non tiña continuidade territorial (territorios espallados). Dificultaba a cohesión e as comunicacións e multiplica problemas e enemigos. Castela é o cento da monarquía. Capital en Madrid e órganos de goberno. Sometemento do exército. Numerosas guerras para manter a hexemonía política. Deficiente aproveitamento do comercio americano.

O imperio cristián de Carlos I de Habsburgo

Principal obxectivo foi dirixir a Universitas christiana ou imperio cristián universal. Acontecementos: Revoltas sociais en Castela e Aragón: Carlos I forzou a Castela para que financiara a súa viaxe a Alemaña para se emperador o que provocou as comunidades. En Valencia e Mallorca prodúcese o movemento das xermanías: irmandades artesanais en contra da opresión señorial. As frecuentes guerras co Francia. As revelións protestantes no Imperio Alemán. A loita contra os turcos: ameaza aos reinos cristiáns.

O mantemento da hexemonia en Europa. Obxectivos

Frear o expansionismo turco (conseguido grazas á victoria de Lepanto da armada aliada). Contrarrestar o poder de Francia (logrado grazas a vitorias militares e tratados de paz). Dominar Inglaterra: acabar co sistema anglicano e cortar o apoio aos protestantes do Países baixos e impedir os ataques dos barcos corsarios. (fracaso)

Entradas relacionadas: